O Concello de Negreira, pon en coñecemento de toda a veciñanza afectada polos cortes na subministración eléctrica ocasionados por mor dos temporais sufridos os pasados días 2, 3, 4 e 5 de febreiro deste ano, que poden recibir información, asesoramento e tramitación dos expedientes de reclamación, a través da Oficina Municipal de Información ó Consumidor de Negreira, na 1ª planta da Casa do Concello, en relación coas reclamacións que desexen presentar polos cortes de luz sufridos.

 

 A reclamación debe realizarse por escrito dirixida á compañía subministradora indicando o número de contrato, as horas e días de falta de subministración eléctrica, os danos ocasionados e a contía económica (acompañado de facturas de gastos e reparacións sempre que sexa posible) e fotos dos danos.

 

Aqueles veciños e veciñas que dispoñan de seguro de continente e contido deben avisar á compañía nos 7 primeiro días dende o corte de suministración eléctrica, para que lles envíen un perito, e se taxen os danos.

powered by social2s