David Perdomo actúa esta noite ás 21.30 horas co seu monólogo En crudo, no cuarto Ciclo de monólogos que dende o pasado 7 de outubro vén celebrándose cada venres no Auditorio de Negreira. As entradas pódense media hora antes da función.

David Perdomo conta cunha gran experiencia e bagaxe a pesar da sua xuventude. Formado nos inicios en Casa Hamlet e na Compañía Estragón, coa que estivo xirando durante dous anos por teatros de toda España, especializouse no humor e a comedia da man de Manicómicos. Durante dous anos consecutivos viaxa a Avignon (Francia) o Festival Internacional de Teatro, un dos máis importantes do mundo, a presentar os seus traballos.

Nos últimos anos labrouse un nome na televisión autonómica e nacional, onde traballou en “Arre Demo” (TVG), “O país dos pequenos” (TVG), “Land Rober” (TVG), “No le digas a mamá que trabajo en la tele” (Cuatro), “Ecce Perdomo” (V Televisión)… Actuou en teatros e salas de toda Galicia, Madrid, Valencia, ou Murcia Conta con un club de fans nacional tralo seu paso por “No le digas a mamá que trabajo en la tele”. Actualmente está preparando unha nova serie para YouTube, Moncho”, que se poderá ver próximamente na súa web www.perdomo.tv.

En crudo

O monólogo que poderemos ver en Negreira supon unha volta aos seus inicios co obxectivo de entregarse o público en teatros e salas a través das suas sátiras e grandes descargas de humor. David Perdomo logrou centos de miles de visitas na Rede coa sua interpretación de personaxes característicos da sociedade galega como o lusista, o koruño ou o pijo…

powered by social2s