Con prioridade para as persoas que teñan participado ou estean a facelo, nas acción específicas impartidas no marco do proxecto RedeXiana2, promovida pola Deputación da Coruña, os mozos e mozas maiores de 18 anos, inscritos como demandantes de emprego e con certificado de escolaridade ou nivel básico e comprensión lectora, poden beneficiarse da acción formativa, de balde, de cara á preparación para a obtención dos permisos de conducir tipo B e do CAP, este último que habilita para a conducción de vehículos de mercancías.

 

Dita preparación vai ter lugar en Santiago de Compostela, e os interesados de Negreira débense anotar antes do 22 de xuño, no Servizo Local de Emprego, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3.

Asemesmo, está previsto o inicio para o luns 27 de xuño do curso sobre Montaxe e mantemento de instalacións solares e fotovoltaicas que se vai a realizar no municipio de Ames.

Ábrese a convocatoria a todas as zonas, posto que hai prazas vacantes neste curso cunha duración de 900 horas. O prazo péchase este xoves de xuño. O curso non é acreditado polo que non leva aparellada a obtención do certificado de profesionalidade.

powered by social2s