O Concello de Negreira fomenta as actividades de conciliación da vida familiar e laboral durante o verán 2016 cunha nova edición dos Obradoiros de manualidades e xogos Diververán.
Durante os meses de xullo e de agosto (de luns a venres), de 10.30 a 13:30 horas na pranta baixa do Centro Sociocultural, os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, en dúas quendas, poderán participar nestas sesións de manualidades e xogos onde van a aprender técnicas de pintura, traballos en coiro e moitas cousas máis.
Horarios
Primeira quenda: de 10.30 a 12:00 horas, os nados de 2011 a 2013.
Segunda quenda: de 12:00 a 13:30 horas, os nados de 2007 a 2010.
Prezo de inscrición 15 euros. Prazas limitadas por orde de anotación na Delegación de Cultura e Deportes, antes do día 28 de xuño. Máis información no teléfono: 981 885 886.