SMART. Como un teléfono intelixente pode convertirte nun idiota, é un espectáculo de Antón Coucheiro que está actualmente en fase de creación, polo que en agradecemento ó Concello de Negreira pola cesión do espazo do Auditorio municipal para unha residencia técnica de tres semanas, o venres día 18 de marzo realizarase eiquí, unha mostra aberta ó público no que o director amosará o proceso de creación do espectáculo no que se atopa a producción. Será a partir das 21:00 horas e con entrada de balde até compretar o aforo dispoñible.
SINOPSE
Trátase dunha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móviles. Onde a óptica absurda do clown entra de cheo na era dixital. Unha sátira social sobre o noso comportamento fronte a tecnoloxía.
Tres pallasas adictas ao seu smartphone acuden a unha convocatoria para probar unha nova e misteriosa aplicación. Apegadas aos seus teléfonos, entran en pánico cando quedan sen eles, pero depois terán que aprender a relacionarse de novo analóxicamente. Unha historia de descubrimento e de amizade, nunha época de máxima conectividade coa rede e absoluta desconexión no persoal.
Redes sociais, paos de selfie, soños de apps, zonas sen WiFi, coros de ringtones, cubos táctiles, habitacións feitas con videomaping, diálogos de emoticonos e pallasas. Benvidas a SMART, un universo delirante onde os teléfonos son máis intelixentes que as persoas.
Dramaturxia e dirección: Antón Coucheiro
Pallasas: Natalia Outeiro, Marta Iglesias, Akira Valero
Luz e videomapping: Dani Pais
Son: Túlio Rosendo
Vestiario: Olalla Tesouro
Auxiliar de producción e fotos: Eva Trinhanes
Auxiliar de produción: Alfonso Medina
Xénero: Comedia xestual, clown
Público: Todos
Duración: 65 minutos
Espectáculo financiado coa axuda á producción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e co apoio de Culturactiva. Coa colaboración co Centro Sociocultural de Fontiñas e mailo Concello de Negreira.