Foto teatro.jpg

 

Entre os meses de maio e xuño, o Auditorio Centro Sociocultural acolle un total de cinco representacións polo Ciclo de Teatro deseñado dende a Delegación de Cultura.


A primeira representación corre a cargo do grupo Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, o sábado 14 de maio. Trátase dun especial Tennessee Williams, de pezas curtas: Fálame como a chuvia, e A habitación escura; a partir das 20:30 horas. E o sábado 21 será a compañía Atequerreté, coa obra: O enredo; ás 20:30 horas.
As tres últimas representacións serán protagonizadas polo alumnado da Escola Municipal de Teatro. A primeira delas con: Crónicas de alí e acolá; o venres 27 de maio, ás 21:00 horas. E o venres 3 de xuño será coa obra: Jo, qué historia, a cargo do grupo universitario, ás 19:00 horas. E xa o domingo 19 co Festival de Teatro Infantil e de Primaria, dende as seis da tarde.


Máis información: www.concellodenegreira.gal

powered by social2s

Diseño sin título (6).png

 

A Corporación Municipal de Negreira celebra un Pleno, con carácter ordinario, o luns día 9 de maio de 2022 ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme á seguinte Orde do Día que se relaciona a continuación:

1º Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 96/2022 ó nº 132/2022, ambos inclusive.

2º POS +2022. Ratificación, se procede, dos Decretos de Alcaldía número 116/2022, de data 13 de abril de 2022 e número 132/2022, de data 27 de abril de 2022 relativos ao proxecto “Aglomerado de vía pública municipal: DP-5603 (Vilaserío) a DP 5604 (Pesadoira)”.

3º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 117/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto: “Humanización del entorno de la iglesia de San Martiño en Liñaio (Negreira). Situación: Lugar de Liñaio. Concello de Negreira. A Coruña”

4º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 118/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto “Pavimentación y recogida de pluviales en las calles Campos/Rúa Xulián Magariños. Situación:C/Campos y R/Xulián Magariños. Negreira. A Coruña”

5º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 119/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto “Aglomerado de vía pública municipal; Chancela - A Barquiña (AC447)”

6º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 120/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto “Reurbanización del camino de Cancelo a Cobas”.

7º Segregación parcela Centro de Saúde.

8º Cesión da concesión de caudal procedente de dous mananciais en Fonte Silvar- Covas.

9º Solicitude de financiación á Deputación Provincial da Coruña para a execución da obra “Saneamiento y humanización de la R/Rosalía de Castro”.

10º Orzamento municipal exercicio 2022.

11º Rogos e preguntas.

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf

 

powered by social2s

negreira-sicted.PNG

Lugar: Casa da Cultura de Negreira (Carreira San Mauro Nº 11, auditorio vello de Negreira).

Data: Mércores 27 de Abril de 2022 as 17:00.

powered by social2s

NEGREIRA 1.jpg

 

A pasada Semana Santa recibimos en Negreira unha visita moi especial, a da Asociación DisCamino, unha organización que leva moitos anos traballando pola integración e a felicidade das persoas con diversidade funcional a través do deporte, especialmente o ciclismo adaptado, o sendeirismo e o Camiño de Santiago.

 

Así, un total de 20 persoas con 6 pelegríns en bicicleta adaptada, pernoctaron no Pavillón dos Deportes de Pedra Mámoa na primeira etapa do Camiño de Fisterra-Muxía, entre Santiago e Negreira.

 

Agradecer o importante labor que realizan e desexarlle moita sorte nos futuros proxectos.


Deixámosvos unha mostra do agradecemento remitido por DisCamino, dada a acollida dispensada en Negreira.


“El pasado día 14 de abril, DisCamino fue acogido por el Concello de Negreira en su paso hacia Muxía, meta de este primer DisCamino de Santiago en el que participaron personas con diversidad funcional. Desde nuestra humilde entidad, queremos agradeceros la atención recibida, en especial tu colaboración, la del técnico Álvaro Lira y el responsable del pabellón, José. Sin este apoyo institucional, nuestro proyecto de facilitar el Camino de Santiago a todo aquel que a pesar de sus dificultades lo quiere realizar, no sería posible. Recibid nuestro cariño y agradecimiento”.

 

NEGREIRA 1-1.jpg

 

powered by social2s

eolicos-negreira.png

Dende o martes, día 26 de abril de 2022, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación, do proxecto do parque eólico de Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos; para que as persoas e institucións titulares dos dereitos reais sobre bens afectados, poidan examinar a documentación técnica e de selo caso, presentar as alegacións ou observacións que estimen oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.


Este proxecto de explotación eólica dos recursos naturais está promovido pola empresa madrileña: Green Capital Power, SL, que conta instalar unha potencia total de: 31,185 MW; a través de 9 aeroxeradores de 3,465 MW de potencia nominal unitaria, e cun orzamento total de execución material de: 39.656.948,88 €; segundo o acordo da Xefatura Territorial da Vicepresencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña.


Lembramos que o 13 de novembro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 230, o acordo do 5 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se someten a información pública, a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PS) do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos, na provincia de A Coruña.


A declaración de utilidade pública, de acordó co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e impricará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.


Documentación

 

A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto, pódese consultar a través do anuncio publicado este luns, día 25 de abril de 2022 no Diario Oficial de Galicia (DOG), a través da seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220425/AnuncioG0596-290322-0005_gl.html

Tamén pode consultarse a documentación nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, na rúa Vicente Ferrer, nº 2-2º andar, 15071 A Coruña, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, así como nas sedes dos concellos de Negreira, Outes e Mazaricos.


Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/dup-pe/parque-eolico-banzas

powered by social2s