Imaxe.jpg

O Concello de Negreira promove na súa décimo quinta edición, o seu Certame de pintura infantil “Negreira en cor”, no que poderán concorrer mozos e mozas de entre 5 e 18 anos de idade, en tres categorías: de 5 a 7 anos; de 8 a 13 e de 14 a 18 anos.

 

A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos. Para a súa presentación haberá liberdade de soportes e tamaños.

 

O prazo de presentación de traballos abre o 22 de marzo até o día 6 de maio, na Delegación de Cultura (Casa da Cultura – 1ª planta 15830 Negreira). Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.

 

Attachments:
Download this file (Bases.pdf)Bases.pdf
powered by social2s

DSC_0664.JPG

A Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, mediante un acordo do 23 de febreiro de 2024, somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de infraestruturas de evacuación do parque eólico Alvite II (antes: solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Alvite e Alvite II) nos concellos de Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2020/161).

 

O solicitante e promotor é Green Capital Power S.L., e o orzamento previsto é de 2.141.466 euros, cun prazo de execución de sete meses.

 

O prazo de exposición pública é de trinta (30) días contados a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), de hoxe venres, día 22 de marzo de 2024.

 

A documentación estará a diposición das persoas interesadas na Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas, así como nas sedes dos concellos de Negreira e Mazaricos.

 

Ademais, tamén se poderá consultar na web a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

 

powered by social2s

foto1.jpg

Chega o programa Concilia Semana Santa do Concello de Negreira, que facilitará a conciliación laboral ás familias ofrecendo atención á rapazada entre 3 e 12 anos.

A iniciativa desenvolverase en horario de 8:30 a 14:30 horas os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril e vaise desenvolver na planta baixa do Centro Sociocultural.

Prazas limitadas por orde de inscrición nos números de teléfono: 881 035 154 e 881 035 155. O período de inscrición estará aberto desde o luns, 11 ata o luns 18 de marzo.

Prioridade para as familias empadroadas no concello de Negreira.

 

Attachments:
Download this file (Ficha inscrición.pdf)Ficha inscrición.pdf
powered by social2s

sarabela.jpg

A compañía Sarabela Teatro, con máis de corenta anos de traxectoria teatral en Galicia, aterra este venres 22 de marzo ás 21 horas por vez primeira no auditorio Afonso Eanes do Cotón coa representación da obra: “O dragón de ouro”, baixo a dirección de Ánxeles Cuña e con tradución de Catuxa López. Cun texto orixinal do prestixioso autor alemán, Roland Schimmeplfenning, vén sendo a primeira vez que a obra represéntase en galego.

 

Elenco: Fernando Dacosta; Fina Calleja; Fran Lareu; Sabela Gago e Fernando González. Cinco actrices e actores para dar vida a 17 personaxes.

 

Sinopse

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un Mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés- Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O Mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

 

Aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal e a prostitución forzada. Con humor fino e unindo fantasía e realidade.

Posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único…

 

powered by social2s

 buscapistas_foto.jpg

Trátase dunha actividade promovida polo Centro de Información á Muller (CIM) en colaboración co Programa de Emprego Xuventude 2023 e enmarcada no Día Internacional da Muller, do Concello de Negreira.

Consiste en atopar os oito códigos distribuídos en espazos públicos do núcleo de Negreira, e logo escanear os códigos cun dispositivo móbil para obter a información sobre 8 mulleres ou colectivos vinculados a este concello.

Para optar ao concurso, en cada parada será preciso facer unha foto “selfie” onde se vexa o código QR de fondo xunto coa persoa que o atopou, e logo envialo por correo electrónico a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Para máis información poden consultarse as bases na seguinte ligazón: 

https://acortar.link/lhZY8W

 

powered by social2s