O Concello de Negreira pon en marcha a súa segunda campaña de prevención co reparto de trampas para as vespas velutinas, orientadas a toda a veciñanza interesada. Poderán facerse con elas chamando ao número de teléfono 664 074 674, ou ben pasándose pola oficina do Voluntariado, na Casa do Concello, en horario de mañá.

 

En todo caso, inciden en que as trampas entregadas o pasado ano deberán reutilizalas, engadindo líquido atraínte que tamén será dispensado, ou mesmo caseiro, isto é, mesturando un refresco ou cervexa con azucre.

 

A campaña de prevención da vespa velutina está realizada a través do Servizo de Voluntariado e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

powered by social2s