Aprobada definitivamente a nova Ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais en relación coas operacións de saca de madeira, compre informar á veciñanza e empresas madeireiras.

 

Ten por obxecto a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais, fronte os danos que se poidan producir como consecuencia da saca de madeira. Así, é obrigatoria a comunicación previa no Rexistro Xeral do Concello, cunha serie de requisitos que poden consultarse na propia ordenanza ou na web do Concello de Negreira, tales como: datos da empresa; datos da finca; SRC, ou mesmo a data de inicio e fin da operación.

 

Dita comunicación farase como mínimo 15 días hábiles antes do día que os madeireiros teñan pensado comezar coa corta e extracción da madeira. Ademais, farase a comprobación da documentación, e unha vez que esté todo correcto, as empresas terán que depositar un aval ou garantía.

 

De non cumprir estes requisitos, poderán ser sancionados con multas dun importe de ata 3.000 euros, así como a obrigación de reparar os danos causados, unha vez emitidos os informes pertinentes

powered by social2s

Lémbrase á cidadanía en xeral, que o Concello de Negreira ten un regulamento que sanciona como infracción grave, os verquidos de material de refugallos de obras e pneumáticos, en espazos naturais: Regulamento de Protección Medio Ambiental, Limpeza pública e de recollida do lixo (ano 2008). As sancións van desde os 750 ata os 1.500 euros, aos propietarios das mesmas.

 

Nas últimas semanas vén comunicándose ao Concello a existencia de numerosos puntos de verteduras incontroladas, sendo localizadas polos axentes da Policía Local quenes abriron os correspondentes expedientes e procederán a remitir as multas aos propietarios, se unha vez finalizado o expediente non procederan a retirar ditos refugallos.

 

Igualmente, queremos lembrarlle á cidadanía que o Punto Limpo atópase a súa disposición no seguinte horario: de luns a sábados, de 10:00 a 14:00 horas, e os venres con apertura de tarde, de 16:00 a 20:30 horas. No Punto Limpo non se recollen refugallos de obra a profesionais, e a particulares, faise nunha cantidade pequena.

 

Ademais, o Concello de Negreira dispón dun servizo de recollida a domicilio de voluminosos e outros enseres, unha vez por mes. É necesario chamar ao Concello, a través do número de teléfono: 981 885 250.

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira celebra un Pleno, con carácter ordinario, o día 14 de marzo (luns) de 2022 ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme á seguinte Orde do Día que se relaciona a continuación:

 

1º.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:
- Acta da sesión ordinaria de data 10 de xaneiro de 2022.
- Acta da sesión extraordinaria de data 9 de febreiro de 2022.

 

2º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 1/2022 ó nº 95/2022, ambos inclusive.

 

3º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2022 Gasto social extraordinario”. Emenda

 

4º.- Convalidación, se procede, do Convenio de colaboración entre os Concellos da Baña, Negreira e Val do Dubra para a financiación dos gastos de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2022.

 

5º.- Convalidación, se procede, do Convenio de colaboración entre os concellos de Outes e Negreira para a solicitude conxunta dunha subvención á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo ao abeiro da Orde de 29 de decembro de 2021 (código de procedemento PR486A).

 

6º- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. en relación á renovación do mobiliario nos locais sociais das parroquias.

 

7º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. en relación coa construcción dun Centro de Día.

 

8º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. para a elaboración dunha ordenanza de apoio á natalidade.

 

9º.- Rogos e Preguntas.

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

Esta primeira Semana musical ofrecerá audicións do seu alumnado para o público en xeral, dende o luns 4 ata o venres 8 de abril, previa á Semana Santa 2022. Serán audicións de todas as súas especialidades por parte do seu alumnado, que comezarán o luns 4 de abril polas de: Canto; clarinete e saxofón, ás 18:00 horas no Auditorio Centro Sociocultural.

 

O mércores 6 de abril, ás 18:30 horas será a quenda para: Metais e gaita, no Auditorio da Casa da Cultura, e o xoves 7 a partir das 18:00 horas para as especialidades de violín, guitarra, piano e iniciación, no Auditorio Centro Sociocultural.

 

Para rematar, o venres 8 de abril e ás seis da tarde, na Aula 3 da Escola de Música haberá unha audición de frauta e percusión.

 

A entrada é de balde para asistir a estas audicións.

 

powered by social2s

En recoñecemento ao seu traballo no ámbito científico e o seu labor de divulgación, o Concello de Negreira entregou este martes 8M o distintivo á investigadora nun acto celebrado no Auditorio Centro Sociocultural diante da veciñanza negreiresa.

 

Minia Manteiga Outeiro é a primeira muller catedrática de Astrofísica en Galicia e cuarta académica numeraria da Real Academia Galega dás Ciencias. É pioneira e referente feminino no ámbito científico.

 

Ao evento asistiron o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, a concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, o portavoz do Partido Popular, Rubén Suárez Carballo; a directora e avogada do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro, a psicóloga do CIM, María Eyo. No evento destacouse o traballo pioneiro que levou a cabo Minia Manteiga no ámbito científico, así como o seu labor de divulgación a todos os niveis, que é fonte de inspiración para as investigadoras do futuro.

Nada en Negreira, Minia Manteiga pasou os seus primeiros anos de vida entre Caracas, en Venezuela, e A Coruña. Ela mesma sinala que se interesou pola ciencia desde que era unha nena, sentindo curiosidade pola botánica, a bioquímica e todo o relacionado coa investigación espacial. Licenciouse en Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) nunha etapa na que a presenza feminina nun campo como este era escasa.

 

Co Premio 8 de Marzo, o Concello de Negreira recoñece o traballo e o papel das mulleres negreiresas ao longo da historia. Un galardón que neste 2022 celebra xa a súa sexta edición e consolídase como un dos actos centrais nas reivindicacións polo Día da Muller.

 

O acto rematou cunhas palabras da homenaxeada, e maila actuación das alumnas da Escola Municipal de Pandeireta.

powered by social2s