Dous anos despois, volve o Encontro dos maiores de Negreira, o sábado, día 7 de maio, cun completo programa de actividades para os nosos maiores que se van celebrar como é habitual, baixo unha gran carpa no recinto do Campo da Feira, na zona do Cotón.

 

Trátase da 25ª edición deste encontro que reúne aos maiores de Negreira nun xantar popular, e para o cal xa se poden retirar os convites ata o martes 3 de maio, no departamento municipal de Servizos Sociais.

 

Tamén haberá un servizo gratuito de autobuses que percorrerán as distintas parroquias, a partir das 12:00 horas e con regreso a partir das 19:30 horas.

 

Programa

 

• Misa ás 13:30h na Capela do Cotón
• Actuación da charanga Tíralle do aire
Xantar popular a partir das 14:30 horas
• Sobremesa amenizada polo Dúo Entrevoces

powered by social2s