O Centro de Información á Muller informa que ten aberto desde hoxe, o prazo de inscrición ata o día 25 de xuño, para o Campamento urbano "Respira", durante os meses de xullo e agosto, de 8:45 a 14:15 horas, na franxa de idade entre os 3 e os 12 anos.

 

Son prazas limitadas á rapazada cuxos/as titores/as estean traballando, con prioridade ás persoas empadroadas en Negreira. Para maior información poden poñerse en contacto cos números de teléfono: 981 88 63 20 e 662 37 04 48.

 

Para as inscricións debe remitirse a ficha e a documentación xustificante ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

powered by social2s

Debido á gran propagación da pandemia da Covid-19, este ano non están permitidas as cacharelas de San Xoán en terreos públicos. Únicamente serán autorizadas en terreos privados, polo que as persoas interesadas en realizar unha fogueira en terreo privado, deberán presentar a solicitude con data limíte do día 22 de xuño, ás 13 horas, por algunha das seguintes vías:

 

- Rexistro telemático, a través da Sede Electrónica do Concello

 

https://sede.concellodenegreira.es/opencms/gl/

 

- No Rexistro Xeral do Concello, con cita previa nos números de teléfono: 881 035 143 ou 981 885 250

 

O número máximo de persoas que se poidan reunir en grupo axustarase ao disposto na normativa vixente o día 23 de xuño de 2020 reguladora da situación de emerxencia sanitaria, así como das demais recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias.

 

A separación entre as cacharelas e os edificios, terreos forestais, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados será coma mínimo de 20 metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables nin vehículos.

 

Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites e en xeral calquera substancia que ao areder desprenda fume tóxico.

 

En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros.

 

Sobre terreos con vexetación herbacea, previo ó inicio do lume, farase unha devesa do material combustible nunha franxa de polo menos 9 metros de ancho, rodeando o perímetro.

 

A fogueira permanecerá viciada polas persoas responsables ata a súa extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante o vento, e poida dificultarse a vixilancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse.

 

powered by social2s

Infórmase que a partir do luns día 22 de xuño, a Piscina Climatizada de Pedra Mámoa reabrirá as súas portas ao público para recuperar a actividade nas súas instalacións coas medidas preventivas derivadas da pandemia da Covid-19.

 

Dende este luns 15 de xuño vai estar operativo o número de teléfono 981 885 675 para atender calquera consulta relacionada co uso da instalación e mailas actividades programadas, en horario de 10 a 13 horas.

powered by social2s

En virtude do convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais asinado entre o Concello de Negreira e maila Consellería de Medio Rural, con efectos ata o 31 de decembro de 2020, o Concello convoca o proceso de selección para a provisión en réxime de persoal laboral temporal das seguintes prazas para a creación dunha brigada de prevención e defensa:

 

- Un capataz de brigada

- Un peón condutor

- Tres peóns forestais

 

Os contratos terán unha duración de tres meses e a xornada compreta (40 horas semanais).

 

O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais, a contar dende o sábado 13 ao venres 19 de xuño ata as dúas da tarde, no Rexistro Xeral do Concello, ou a través da sede electrónica do Concello.

 

As bases deste proceso pódense consultar aquí.

 

Attachments:
Download this file (Bases-incendios.pdf)Bases incendios.pdf
powered by social2s

O Concello de Negreira súmase á campaña de sensibilización Liberdade de Ser e Sentir!, impulsada desde Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do día da diversidade sexual que se celebra cada 28 de xuño. Nesa semana colocarase a bandeira coas cores do arco da vella nos edificios oficiais.

 

Esta campaña está formada por mais de 50 concellos e entidades da nosa provincia e ofrece contidos de sensibilización sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero. Contaremos con palestras, recomendacións literarias, accións participadas online, web serie, etc.

 

Podedes seguila e desfrutala ata o propio día 28 de xuño na web seresentir.gal  

 

Durante este período irase subindo paulatinamente contido á web, onde xa están dispoñibles varios capítulos da serie web S.E.X., que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas..., e tamén a primeira das palestras, onde a xornalista Bárbara G. Vilariño entrevista á karateka Cristy Tojo:

 

https://youtu.be/Lr-AmAoPLtc

 

#seresentir

powered by social2s