maiores3.jpg

O sábado, día 4 de maio, celebramos no Campo da Feira, o 27º Encontro dos Maiores de Negreira; unha das citas máis agardadas pola nosa veciñanza, ao cal están convidados todos os veciños e as veciñas maiores de 60 anos, así como as súas parellas, no caso de que teñan menos de dita idade.

 

Para asistir é necesario retirar os convites no departamento de Servizos Sociais, antes do día 30 de abril e que deberá presentarse o día do xantar.

 

O programa de actividades inclúe unha misa na capela do Cotón, ás 13:00 horas, seguida da actuación do grupo Os Garuleiros e mailo xantar popular a partir das 14:30 horas. Durante a sobremesa, haberá baile amenizado polo dúo Meritxell.

 

powered by social2s

IMG_1828.JPG

A compañía Enel Green Power España SL, fai saber que en cumprimento ao artigo 20 bis da Lei 3/2007 de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procede levar a cabo os traballos de xestión de biomasa no parque eólico de Corzán, no municipio de Negreira.

 

Dacordo co Plan Sectorial eólico de Galicia, arredor de cada aeroxerador de produción enerxética instalado, a distancia será de 25 metros para a zona de pleno dominio e voo. Nos camiños interiores de ditas instalacións a xestión da biomasa vexetal farase nos 5 metros desde a arista exterior do camiño.

 

A través desta comunicación ponse en coñecemento aos propietarios particulares para que poidan executar previamente os labores de xestión de biomasa e adecuar as distancias das plantacións á lexislación vixente, respetando as distancias de 25 metros en cada aeroxerador e, de 6 metros entorno ás pistas forestais principais.

 

powered by social2s

Imaxe.jpg

O Concello de Negreira promove na súa décimo quinta edición, o seu Certame de pintura infantil “Negreira en cor”, no que poderán concorrer mozos e mozas de entre 5 e 18 anos de idade, en tres categorías: de 5 a 7 anos; de 8 a 13 e de 14 a 18 anos.

 

A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos. Para a súa presentación haberá liberdade de soportes e tamaños.

 

O prazo de presentación de traballos abre o 22 de marzo até o día 6 de maio, na Delegación de Cultura (Casa da Cultura – 1ª planta 15830 Negreira). Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.

 

Attachments:
Download this file (Bases.pdf)Bases.pdf
powered by social2s

feira.jpg

A asociación Negreira Viva coa colaboración do Concello promove por segundo ano consecutivo, a súa Feira de Abril, o sábado día 20 na carpa municipal da praza do Concello, a partir das seis da tarde.

 

Haberá actuacións musicais, rebuxito, picoteo, baile e diversión garantida. Trala apertura da caseta, ás 19.00 horas terá lugar a actuación de Elisabeth Peñalver, con voz e baile. O programa segue ás 20.00 horas con concurso de playbacks para o que as persoas interesadas poden anotarse a través das redes sociais de Negreira Viva e inclúe premios para todos os participantes.

 

Metidas xa de cheo na noite da Feira de Abril, a partir das nove chegará un dos momentos máis agardados: o concerto con Sabor flamenco, con voz, guitarra e caixón. E para rematar a festa non faltará a animación musical a cargo de DJ Baby.

 

A organización convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse caracterizados para tan importante ocasión festiva en Negreira.

 

 

powered by social2s

DSC_0664.JPG

A Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, mediante un acordo do 23 de febreiro de 2024, somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de infraestruturas de evacuación do parque eólico Alvite II (antes: solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Alvite e Alvite II) nos concellos de Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2020/161).

 

O solicitante e promotor é Green Capital Power S.L., e o orzamento previsto é de 2.141.466 euros, cun prazo de execución de sete meses.

 

O prazo de exposición pública é de trinta (30) días contados a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), de hoxe venres, día 22 de marzo de 2024.

 

A documentación estará a diposición das persoas interesadas na Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas, así como nas sedes dos concellos de Negreira e Mazaricos.

 

Ademais, tamén se poderá consultar na web a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

 

powered by social2s