A forza do vento provocou esta pasada madrugada numerosas incidencias no noso concello que están sendo solventadas pola brigada municipal. Xa dende as catro da madrugada, un dispositivo de voluntarios de Protección Civil estivo a traballar arreo en numerosos puntos do concello para a retirada de árbores que obstaculizaban a circulación na rede viaria provincial e municipal.

 

 

Dende as oito da mañá, a testemuña collérona os membros da brigada municipal, que coa axuda da empresa encargada do mantemento da rede provincial, retiraron as enormes árbores caídas na estrada provincial DP 5602 de Negreira a Pontenafonso, á altura do lugar de Reibó, na parroquia de Liñaio, unha das máis afectadas pola caída de árbores, incluso sobre o tendido eléctrico.

 

 

Nas parroquias de Portor e A Pena, rexistráronse incidencias por mor da caída do fornezo eléctrico desde as catro da madrugada.

 

Operarios do Concello tamén estiveron a retirar os troncos arrastrados pola crecida do río Barcala, provocando un efecto tapón nas pontes de Cobas e Os Castros.

 

Asemesmo, houbo de ser retirada unha lona arrincada polo forte vento no campo de fútbol de Cepelo.

powered by social2s

A empresa pública Xestur, vén de publicar un novo concurso de solo empresarial a prezo bonificado que ofertará unha superficie total de 1,4 millóns de metros cadrados. Neste proceso de venda que a Consellería de Infraestructuras e Vivenda propón a comezos de cada ano, no Parque Empresarial de Negreira ofértanse un total de 15.585 metros cadrados, en 8 parcelas e cun prezo por metro cadrado dende 34,50 euros.

 

Os interesados poderán presentar ofertas de adquisición deste solo ata o día 18 de marzo. Unha vez rematado o concurso de compravenda, as parcelas non adxudicadas poderanse vender directamente, nas mesmas condicións, prezo e bonificación que as fixadas para o concurso.

 

Aqueles que adquiran parcelas mediante este sistema bonificado, quedan obrigados a construir as súas instalacións e obter licenza de actividade no prazo máximo de tres anos dende a sinatura da escritura de compravenda.

 

Ademais da adxudicación en compravenda, a empresa Xestur tamén adxudica solo empresarial en dereito de superficie, polo que as empresas adxudicatarias pagan un canon anual moi reducido: 1,5% do prezo da parcela os dous primeiros anos; 2,5% o terceiro e cuarto ano, e o 3,5% a partir do quinto ano. Isto significa que en Galicia haxa solo empresarial dispoñíbel dende 0,38 euros por metro cadrado e ano.

powered by social2s

O Concello de Negreira, a través da Axente de Desenvolvemento Local, Sonia Ponte, informa da convocatoria da liña de subvencións do Plan Específico de Acción Comunitaria 2017 que convocou a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia e, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia do venres 20 de xaneiro (nº 14).

 

Este Plan Específico de Acción Comunitaria está destinado a asociacións de veciños, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e, mailas asociacións de mulleres rurais.

 

O plan vai dirixido ás seguintes actuacións: obras; investimentos e equipamentos de titularidade veciñal ou de dereito de uso, así como camiños veciñais e traídas de auga veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal.

 

O prazo para solicitar estas axudas da Vicepresidencia remata o día 20 de febreiro e pódese solicitar información e asesoramento na propia Axente de Desenvolvemento Local, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3. As solicitudes deben presentarse por vía telemática, na plataforma de Vicepresidencia.

 

O importe máximo da axuda concedida é de 12.000 euros, e o prazo para ter rematadas as obras, investimentos ou equipamentos é o do 15 de outubro de 2017.

powered by social2s

O ex porteiro camerunés Jaques Songo´o, vai selo padriño de honra da sexta Gala do Deporte do Concello de Negreira, este venres 3 de febreiro, a partir das 21 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, na cal vánse entregar os recoñecementos aos mellores deportistas de Negreira no pasado 2016 e mailos galardóns á traxectorias e colaboración co deporte local.

 

Jacques comezou a súa carreira futbolística profesional no Canon Yaoundé, clube do seu país de orixe, Camerún, de onde sairon outros ilustres xogadores como o tamén porteiro, Thomas N'Kono e, Pierre Wome. No ano 1989 asinou polo Toulouse francés, onde estivo tres anos. En 1992 foise ó Le Mans, onde só permaneceu unha campaña. Ao ano seguinte foi fichado polo FC Metz. Estivo neste equipo ata 1996 cando as súas boas actuacións levárono hacia a Liga Española, ao Real Club Deportivo da Coruña.

 

Songo´o, mítico cancerbeiro do Dépor que gañou a Liga 1999/2000 estivo cinco anos no Real Club Deportivo da Coruña, onde aparte do referido título de Liga, tamén gañou unha Supercopa de España e mailo trofeo Zamora que distingue ao porteiro menos goleado, concretamente na tempada 1996/1997 cando chegou a Galicia, despois de encaixar 32 goles en 42 partidos xogados. En 2001, Jacques abandonou o Deportivo para regresar ao FC Metz, regresando ao equipo galego na tempada 2003/2004 para retirarse do fútbol profesional. Tamén foi integrante do Dépor de fútbol indoor co que gañou a Liga e maila Copa Indoor 2008.

 

Como curiosidade, na tempada 1999/2000, anotou un gol ante o Numancia de Soria, o cal suponía o empate do Deportivo, pero que lle foi anulado de forma inxusta por unha falta sobre o porteiro rival, pero que non cometeu e, que houbese supuesto o empate a un gol.

 

Coa Selección Nacional de Camerún participou en catro Mundiais e gañou a Copa de África en dúas ocasións, aínda sendo suplente de Alioum Boukar. Nos últimos tempos, tamén exerceu de segundo adestrador da selección de Camerún.

 

Actuacións

A sexta edición da Gala do Deporte conxugará a entrega de recoñecementos con actuacións artísticas como o dúo Duelirium, de acrobacias aéreas, ou do músico local Richo, xunto a exhibicións como a da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica baixo a dirección de María Fernández, e que deparará sorpresas que agardan aos asistentes este venres nun evento con entrada de balde ata compretar o aforo dispoñíbel. 

 

powered by social2s

Catro xóvenes deportistas de Negreira clasificáronse para participar na Fase Provincial de Campo a través escolar, do programa Xogade da Xunta de Galicia que terá lugar, o sábado día 18 de febreiro, na localidade de A Pobra do Caramiñal, logo de terse celebrado o pasado venres a Fase Intercomarcal no circuito do parque Horta do Muiño, na Serra de Outes.

 

Polo Colexio de O Coto acadaron a súa clasificación: Bilal Kouaou, oitavo na proba de Benxamín masculino e, Daniel Forján Costa, cuarto na proba de Alevín masculino.

 

Pola Escola Municipal de Atletismo clasificáronse en categoría Cadete femenina: Violeta Pérez Barbazán e Alba Pérez Nieto, quinta e sexta, respectivamente.

 

Noraboa a todos eles/as e desexámoslles o mellor para a cita coa Fase Provincial, na que tamén participará o equipo Cadete feminino do CPI San Vicente, de A Baña, integrado por Sara Lougzili, Paula Paredes segunda e terceira, respectivamente, xunto a Zaira Blanco Rial.

 

powered by social2s