autismo mural.jpgEste domingo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, e o Concello de Negreira súmase ao apoio ás familias de persoas con Transtorno do Espectro do Autismo (TEA). O lema escollido este ano é: Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible.

 

Dende a Escola Infantil Municipal leváronse a cabo diferentes actividades como a elaboración dun mural con pezas dun puzzel, cada unha pintada por unha clase e que logo uníronse, e mesmo estiveron a repartirse pulseiras de cor azul entre os nenos/as e mailas profes, xa que é a cor representativa da causa. Tamén remitíronlle unha carta ás familias para que o domingo 2 de abril poidan locer algo de cor azul e axudar na concienciación. 

 

autismo 2.jpg

 

Animádevos a cambiar a imaxe do fondo de perfil nas vosas redes sociais pola seguinte...

                                      Foto fondo.jpg

 

Tan importante é sensibilizar como informar das manifestacións máis frecuentes deste trastorno na infancia. Detectar o autismo o máis cedo posible implica poder ter un mellor pronóstico. Na franxa de 18 - 24 meses é cando acostuman a aparecer estes síntomas. Se se detecta tan só tres dos síntomas que aparecen neste cartaz nun neno, xa é motivo de alerta.

                                            Cartaz síntomas.jpg

 

A Confederación Autismo España e a Confederación Española de Autismo (FESPAU), en coordinación con Autismo Europa, promoven unha campaña de concienciación para dar a coñecer este trastorno á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas con TEA.

 

As persoas con autismo enfróntanse a moitas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade. As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. O autismo é un gran descoñecido dentro da sociedade e existen moitos falsos mitos sobre este trastorno.

 

Para o movemento asociativo do autismo é moi importante que a sociedade entenda cales son as barreiras ás que se enfrontan as persoas con TEA porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.

 

O autismo é unha alteración do neurodesarrollo de orixe multifactorial, o cal provoca dificultades na comunicación, na interacción social e dificultades coxnitivas. Non é unha enfermidade. Non se cura.... COMPRÉNDESE.

 

Prema no seguinte enlace para ver o vídeo da campaña de concienciación do 2017.

https://www.youtube.com/watch?v=upPysHkZY4k

 

Máis info: www.diamundialautismo.com

#DiaMundialAutismo

powered by social2s

viapublica2.jpgO Concello de Negreira lembra a empresas e particulares da existencia dunha Ordenanza Municipal que prohíbe a utilización do mobiliario público e, en fachadas na vía pública, de colocación de cartelería. Lembra que segundo recolle a ordenanza, as sancións económicas van desde os 750 euros para as faltas leves, e de 750 a 1.500 euros para as faltas graves ou daqueles reincidentes, e de 1.500 a 3.000 euros nos casos moi graves.

 

Ante a aparición hoxe en varias rúas do casco urbán de papeis colocados en farolas e baixantes de edificios, a Policía Local requeriu aos responsábeis da devandita firma para que retirasen dita propaganda, iniciando o correspondente expediente sancionador.

 

Por todo o anterior, desde o Concello de Negreira advírtese que non está permitido a colocación de cartaces e propaganda no mobiliario urbano, sen unha autorización municipal previa, así como en elementos comúns da vía pública coma fachadas e baixantes da auga de edificacións.

powered by social2s

cuberta 1.jpgO Concello de Negreira está a executar os traballos de montaxe da cuberta da pista de pádel número 1, no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, con cargo ao Plan de Acción Social (PAS 2015), cuxo contrato foi formalizado por un monto de 56.265 euros, resultando adxudicataria á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.

 cuberta 2.jpg

 

Con motivo da execución destes traballos, o Concello de Negreira informa que a pista de pádel número 1 estará inoperativa para a práctica deportiva por espazo de dúas semanas ata que rematen devanditas actuacións.

powered by social2s

obradoiro2903172.jpgVinte alumnos/as remataron a súa andaina de seis meses na etapa de formación e traballo, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración con Negreira e A Baña, cuxos alcaldes presidiron o acto de entrega dos diplomas de certificación de profesionalidade nivel 1, entre eles, sete veciños/as do noso concello.

 

Á clausura asistiu Isidoro Martínez, xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, quen puxo en valor este tipo de programas mixtos de formación e emprego. Neste caso, o Obradoiro de Emprego Barcala-Dubra II contou cunha achega de 180.000 euros, con dous módulos: operario auxiliar de acabados ríxidos e urbanización e operario auxiliar de revestimentos continuos en construcción.

 

obradoiro2903171.jpg

 

Os alcaldes de Val do Dubra, Negreira e A Baña, Antonio Negreira, Jorge Tuñas Caamaño e Andrés García Cardeso, respeitivamente, acompañaron aos participantes e mailo profesorado, xunto coa asistencia do concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Ángel Leis Míguez, e maila concelleira de Emprego, Mar García Vidal, e maila súa homóloga da Baña, Alicia Blanco Sande.

 

Cabe lembrar que os tres concellos, xunto ao de Santa Comba, veñen de solicitar un novo proxecto de obradoiro de emprego que para o 2017 pasará a ter unha maior duración, de nove meses, e para dúas modalidades: Operacións auxiliares e revestimentos continuos en construcción e, de auxiliar de axuda a domicilio. Ofertará vinte prazas -dez por módulo- dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.

 

En Negreira, os alumnos-traballadores realizaron o pintado interior da Escola Unitaria de Aro, así como o adecentamento da fachada do edificio do antigo instituto, xunto co formigonado dunha rúa do Parque do Coto e maila parte traseira do Pavillón de Pedra Mámoa.

powered by social2s

FS4.jpgO domingo 2 de abril, o Pavillón de Pedra Mámoa acolle a Fase Final Comarcal da Liga Escolar Barcala-Xallas-Muros, dentro do programa Xogade, de onde sairán os equipos clasificados para a Fase Final Intercomarcal que se celebrará no mes de maio, e cuxa sé será novamente Negreira.

 FS3.jpg

 

A Fase Final Comarcal comezará o domingo ás 9:30 horas e rematará ás 18:00 horas coa entrega de trofeos. Estes son os horarios:

 

                                               SEMIFINAIS

 

BENXAMÍN

09:30 h: Negreira B - Brión A

10:15 h: Mazaricos – Os Miúdos

 

ALEVÍN

11:00 h: Negreira A – Negreira B

11:50 h: Santa Comba B – Brión B

 

                                                 FINAIS

 

13:00 h:  Categoría Infantil

15.30 h:  Categoría Prebenxamín

16:15 h:  Categoría Benxamín

17:00 h:  Categoría Alevín

18:00 h:  Entrega de trofeos

 

Tempos de xogo:

 

Prebenxamíns: 15 minutos por parte

Benxamíns: 15 minutos por parte

Alevíns: 20 minutos por parte

Infantís: 20 minutos por parte

 

En caso de empate ó final do partido resolverase da seguinte maneira:

Semifinais: Lanzaranse 3 penaltis, e en caso de empate ó fallo

Finais: Haberá prórroga de 5 minutos, e se persiste o empate haberá penaltis.

 

Toda a información podes consultala en: http://adasrias.blogspot.com.es/

powered by social2s