Xa está aberto o prazo para formalizar as preinscricións nos Campamentos Val de Barcala con data límite do 15 de xullo.

 

Unha vez rematado este prazo realizarase unha reunión informativa e o sorteo de prazas o martes 16 de xullo ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira.

 

O campamento levarase a cabo do 26 de agosto ao 4 de setembro e están dirixidos a nenos nados entre 2009 e 2016, que se irán ata o Albergue Xuvenil Espiñeira en Boiro. O custo de participación é de 60 euros, cun desconto especial para irmáns, quedando en 55 euros cada un.

 

Para obter máis información, os interesados poden contactar co departamento de cultura chamando ao teléfono 676 454 879 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

powered by social2s