cans 0803182

O Concello de Negreira, por mediación da Policía Local, vai realizar controis e inspeccións rutinarias para comprobar que os cans que pasean polo pobo conten co seu microchip correspondente. Os axentes da Policía Local comprobarán tal feito e si as mascotas non contan co microchip, se lles dará aos seus donos un tempo para que subsanen tal feito.

 

O Concello de Negreira lembra que coa entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal, as multas por non identificar aos cans con microchip elévanse dun mínimo de 500 a un máximo de 5.000 euros, sendo obrigatorio que as mascotas dispoñan de  microchip.

foto090318_1.jpg

Na conmemoración do Día da Muller, entregouse nun emotivo acto no Auditorio de Negreira, os segundos Premios 8 de marzo, na homenaxe póstuma á profesora Sofía Rodríguez, quen finou hai xusto un mes á idade de 90 anos, cando dende o Concello e mailo Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), tomouse a decisión de homenaxeala co gallo do 8 de marzo.

 

As súas sobriñas, Carmen e María Antonia Peralta Rodríguez, e mailo seu sobriño-neto, Esteban Pratolongo Guzmán, chegado expresamente desde Arxentina onde reside a súa avóa Purita, irmán de Sofía, foron os encargadas de recoller esta distinción de mans do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Durante este acto, houbo intervencións coa lectura de textos dedicados a Sofía por parte dun grupo de alumnas de 5º e 6º curso do colexio O Coto, xunto coa intervención de José Manuel López Tuñas, ex alumno de Sofía, e amigo persoal, así como as palabras da concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas e mailo alcalde.

 

Un dos momentos máis nostálxicos correspondeu aos agradecementos por parte da familia. A súa sobriña Carmen deu as grazas ao Concello pola homenaxe a súa tía, no día en que Sofía cumpriría 91 anos «y creo que homenaje más bonito no se le pudiese hacer», dándolle as grazas públicamente a unha amiga da súa tía «a Solita que cuando ella murió se encargó de todo porque nosotros no estábamos aquí», pechándose o acto coa actuación do grupo de pandereteiras Limagoia.

 

foto090318_2.jpg

 

Co gallo do 8 de marzo, as sobriñas de Sofía Rodríguez, xunto a José Manuel López Tuñas; a directora do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro e maila concelleira, María Jesús Veiga Hortas,  participaron nunha mesa redonda en Radio Negreira.

 

O Concello de Negreira comunica que, á vista da alerta metereolóxica por adversos de vento na provincia da Coruña, péchanse os campos de fútbol municipais durante as xornadas do sábado 10 e domingo 11 de marzo, co fin de evitar situacións innecesarias de risco para os/as deportistas e mailo público asistente.

esqui2.jpg

Catro nenos/as do Concello de Negreira participaron esta pasada fin de semana na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, na quinta e última quenda da Campaña de Inverno 2018 da Deputación da Coruña. Esta tarde ten lugar o seu regreso despois de desfrutar da neve e os deportes de inverno desde a súa partida na mañá do pasado venres.

 

Os participantes de Negreira viaxaron cando os da Baña, Val do Dubra, Ames, Boqueixón, Rois, Santiago, Teo, Touro, Vedra, Arzúa, Boimorto, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Tordoia e Trazo.

 

O aloxamento levouse a cabo no albergue Bibei, na propia Estación de Manzaneda, en réxime alimenticio de pensión compreta, dende o xantar do venres ata o xantar do luns, polo que todos os gastos están cubertos.

 

esqui1.jpg

conquista1.jpg

A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais.  Na presente campaña, celebraranse un total de 23 vídeo fórum en outros tantos concellos de tódalas comarcas da provincia, que terán como eixo vertebrador, o  documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación. 

 

A proxección do documental,  veráse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.

 

O Concello de Negreira acolle a campaña este venres 16 de marzo ás 11:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contará coa presenza dunhas relatoras de excepción que participarán na charla-coloquio, baixo o nome "Deporte profesional feminino":

 

Paula Mayobre: Atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola Paula Mayobre.

 

Laura Delgado: Comezou no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo. Posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse nocamente campioa de Europa.

 

foto130318.jpg

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación do proxecto para construír sendas peonís na estrada DP 5603, de Negreira a Marco do Cornado, pola que discorre o Camiño de Fisterra e Muxía. A Deputación da Coruña destina 1.012.495 euros a este proxecto, dos cales 893.378 corresponden ao orzamento das obras e outros 119.116 euros á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.

 

Este investimento realízase dentro do Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns en todas as vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo.

 

As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realizaranse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

 

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

caminos140318.jpg

O programa universitario de maiores da Universidade de Santiago (USC), promove en colaboración co Concello de Negreira, o desenvolmento do ciclo Camiños de coñecemento e experiencia, un proxecto de democratización do coñecemento mediante formación universitaria gratuita dirixido a persoas maiores de 50 anos, ao longo de cinco datas do mes de abril.

 

O lugar das clases será o Telecentro de Negreira (edificio Centro Sociocultural), e a matrícula pódese formalizar polas mañás na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ao número de teléfono 981 885 886.

 

Datas

 

13 de abril - Clase teórica de introducción á música, a cargo da profesora Silvana Longueira Matos (Facultade de CC. da Educación da USC). Horario: 17:00 a 18:30.

19 de abril - Clase teórica de Historia da Cultura de Galicia II, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 17:00 a 18:30.

20 de abril - Visita ao Arquivo da Catedral de Santiago, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 11:00 a 12:30.

26 de abril - Clase teórica de Medioambiente. Profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Propupín Castiñeira (Facultade Física da USC). hORARIO: 10:00 a 11:30.

27 de abril - Visita guiada á Estación depuradora de augas residuais (EDAR), de Negreiroa, cos profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeira. Horario; 10:00 a 11:30.

Quedaría por confirmar a data de asistencia ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, no Auditorio de Galicia, en Santiago.

emprego060318.jpg

Este luns 19 de marzo publicaranse nesta web municipal, as bases para a contratación dun traballador/a para cubrir a oferta laboral por seis meses dun Técnico/a de información, publicidade e promoción turística para traballar nos concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra.

 

Para acceder ao contido das bases dirixirse ao apartado de ¨Publicacións oficias¨, da web (concellodenegreira.gal), ou a través do Taboleiro do Concello de Negreira, sendo o prazo para formalizar a inscrición de 5 días naturais dende a publicación do anuncio na web municipal.

elementos2.jpg

A campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, clubes e escolas deportivas, promovida dende o Área de Igualdade da Deputación da Coruña, fixo escala hoxe en Negreira cun vídeo fórum, cuxo eixo vertebrador foi o  documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación. 

 

A proxección do documental,  viuse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, cun coloquio con tódolos asistentes celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contou coa presenza dunhas relatoras de excepción para o alumnado do Ceip O Coto e mailo IES Xulián Magariños como foron Paula Mayobre, atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, e que ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola de Atletismo Paula Mayobre.

 

elementos1.jpg

 

Tamén participou Laura Delgado, que aínda téndose iniciado no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo, posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse novamente campioa de Europa.

gim190318_1.jpg

As xóvenes integrantes en competición da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica do Concello de Negreira acadaron un pleno de éxitos, na súa participación na primeira fase do Campionato Interescolar Galego celebrado este domingo 18 de marzo no pavillón municipal de O Carballiño, en Ourense:

 

Kiara García, terceira clasificada

Sara Verde, primeira clasificada

Xiana García, primeira clasificada

Conxunto Alevín, segundo posto

Conxunto Infantil, primeiro posto

 

Ourense acollerá a segunda fase do Interescolar Galego de Ximnasia Rítmica, o vindeiro 8 de abril, e a terceira será o 13 de maio en Ribadavia, mentres que o sábado 2 de xuño terá lugar a fase final no pavillón municipal de Pedra Mámoa, en Negreira.

 

gim190318_2.jpg