Renovación das piscinas e mellora dos servizos

O Concello de Negreira executou ao longo deste ano diferentes actuacións nas piscinas municipais para modernizar as instalacións, corrixir deficiencias e mellorar a calidade do servizo. Os traballos forman parte da planificación do equipo de goberno para renovar progresivamente as infraestruturas que, polo paso do tempo, quedaran obsoletas ou presentaban problemas de mantemento.

Na Piscina Climatizada, o Concello e a empresa concesionaria acordaron asumir conxuntamente as melloras. Así, reparáronse filtracións, humidades e fendas no exterior do edificio; actuouse nas tubaxes da zona de caldeiras e instaláronse novos equipos de climatización e un novo baño turco. Tamén se renovou todo o equipamento de fitness e cardio, substituíuse o solo técnico e pintáronse o ximnasio e a sala de actividades. Segundo os servizos técnicos, algunhas deficiencias derivaban da falta de mantemento acumulada e outros equipamentos xa chegaran ao final da súa vida útil.

O Concello e a empresa tamén estudan unha futura ampliación da sala de cardio para gañar espazo e comodidade. Os servizos técnicos municipais xa traballan na súa valoración para poder incorporala á programación de próximos investimentos.

Renovación das piscinas e mellora dos servizos

Na Piscina exterior do Coto, as actuacións realizadas permitiron resolver os problemas recorrentes dos últimos veráns, provocados polo estado obsoleto das instalacións. 

O Concello prepara agora outras pequenas intervencións pendentes para completar a renovación e estuda adaptar o período de apertura á evolución da climatoloxía. A posibilidade de abrir antes permitiría aproveitar mellor este espazo e prolongar o servizo cando as condicións meteorolóxicas o aconsellen.

O alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, destacou que o Concello seguirá planificando melloras nas infraestruturas e nos servizos públicos, atendendo as demandas da veciñanza e as necesidades futuras de Negreira.

Ampliado o prazo para docentes do Obradoiro de Emprego

O prazo para participar no proceso de selección do persoal docente do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026 foi ampliado ata o venres 25 de setembro, ás 14:00 horas.

As persoas interesadas poderán presentar a súa candidatura na Oficina de Emprego Santiago Norte ou a través da Oficina Virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.

As ofertas correspondentes son as seguintes:

Dirección

  • 13261021 – Directores/as técnicos/as de centro educativo.

Docencia das especialidades formativas

  • 23291029 – Formadores/as de formación ocupacional non regrada.
  • 23291010 – Formadores/as de formación non regrada.

Docencia de apoio e titoría

  • 23291038 – Formadores/as-titores/as de empresa.

O Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026 está promovido polo Concello de Negreira, en colaboración cos concellos de Santa Comba, A Baña e Val do Dubra.

A iniciativa ten prevista a súa posta en marcha o 15 de outubro de 2026.

 

Xeración Emprende

Este sábado, 26 de setembro, Negreira acollerá a iniciativa Xeración Emprende, unha actividade dirixida á mocidade que se desenvolverá entre as 10:30 e as 14:30 horas na Praza do Concello.

Durante a xornada, as persoas participantes poderán achegarse a diferentes recursos e oportunidades relacionados co emprendemento, o emprego e o desenvolvemento profesional, a través de propostas dinámicas e participativas.

A actividade forma parte das propostas que buscan achegar novas oportunidades e recursos á mocidade de Negreira, favorecendo a súa participación e o coñecemento das posibilidades existentes no territorio.

Programa Apego, Maimiños e Furabolos

O Concello de Negreira, a través do Servizo de Normalización Lingüística (compartido con A Baña), pon en marcha unha completa programación infantil destinada a familias con crianzas de 0 a 6 anos. Esta iniciativa busca fomentar a socialización en galego, crear vínculos afectivos a través da lingua e ofrecer recursos de utilidade para a crianza.

Que é o Programa Apego?

O programa está dirixido a aquelas familias que desexan que a lingua galega forme parte cotiá da vida dos seus fillos e fillas. As persoas interesadas poden achegarse para formalizar a inscrición, recibir materiais gratuítos e coñecer de primeira man todos os recursos dispoñibles.

Calendario de actividades e contacontos

A programación inclúe diversas actividades lúdicas e culturais que se desenvolverán nos vindeiros meses:

  • Setembro (Mércores 30 ás 17:00 horas): Actividade creativa na Casa da Cultura de Negreira.
  • Outubro (Venres 2 ás 18:00 horas): Contacontos sensorial na Escola Infantil Municipal (PAI).
  • Novembro (Mércores 11 ás 17:00 horas): Contacontos na Casa da Cultura de Negreira.
  • Novembro (Venres 20 ás 18:00 horas): Contacontos «Unha tarde especial con Dori» na Escola Infantil Municipal (PAI).
  • Decembro (Venres 4 ás 18:00 horas): Contacontos «O lapis que non quería ir á escola» na Escola Infantil Municipal (PAI).

Proxecto Maimiños e Furabolos

Consiste nun espazo de reunións periódicas enfocado a crear rede e espazos de socialización en galego para as familias, fomentando a empatía e a reflexión conxunta.

  • Lugar: Escola Infantil Municipal (PAI), en Sanamede.
  • Datas: Venres 23 de outubro, venres 6 de novembro e venres 27 de novembro.
  • Horario: De 17:00 a 19:00 horas.

Máis información e inscricións

  • Casa da Cultura de Negreira: Martes e xoves, de 8:30 a 14:30 horas.
  • Teléfonos de contacto: 981 88 65 01 / 981 88 58 86.
  • Correo electrónico: snlabananegreira@gmail.com.

 

Obradoiro de Emprego Dual «Valora 2026»

O Concello de Negreira, en calidade de promotor e en colaboración cos concellos da Baña, Val do Dubra e Santa Comba, resultou beneficiario dunha subvención de 454.552,00 € para a posta en marcha dun obradoiro dual de emprego. 

Esta axuda foi concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o desenvolvemento do proxecto formativo denominado VALORA 2026

A iniciativa ofrecerá formación a un total de 20 alumnos-traballadores nas seguintes especialidades: 

  • EOCB0208: Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (12 alumnos). 
  • SEAG0209: Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (8 alumnos). 

O programa contará cun cadro docente integrado por 1 director, 2 mestres de especialidade e 1 docente de apoio (titor), cunha duración total de 9 meses. 

O prazo de inscrición finalizará o vindeiro mércores, 23 de setembro, ás 14:00 horas. As solicitudes poderán presentarse na Oficina de Emprego de Santiago Norte ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia. 

A data prevista para o inicio do proxecto é o 15 de outubro de 2026. Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar cos departamentos de emprego dos concellos colaboradores (A Baña, Val do Dubra e Santa Comba) ou co concello promotor (Negreira). 

censo

A Delegación Provincial da Coruña da Oficina do Censo Electoral realizará proximamente o sorteo para designar os candidatos e candidatas a Xurado Popular, en cumprimento da Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado. 

Por este motivo, o Concello de Negreira informa de que a lista do censo electoral vixente atópase a disposición da veciñanza para a súa consulta. 

Información sobre a consulta:

  • Lugar: Secretaría do Concello de Negreira (Rúa do Carme, 3). 
  • Prazo: Do 15 ao 24 de setembro (ambos os dous incluídos). 

Recoméndase á cidadanía acudir ás dependencias municipais durante estes días para verificar a súa inclusión nos datos censais. 

cartel-escolas-culturais-2026-27
O próximo martes 15 de setembro e ata o 29 abrese o prazo para anotarse nas ecolas culturais do Concello de Negreira.
 
As escolas ofertadas son:
 
  • Baile Galego 
  • Teatro
  • Baile Moderno
  • Pintura
  • Pandeireta
  • Sevillanas
  • Flamenco
  • Modulos de informática aplicada aos móviles.
 
Para inscribirse só tes que cubrila ficha,facer o pago e entregalo na oficina de cultura de 8:30 a 14:00h. 
Todolos horarios e información nos documentos anexos.
Pleno ordinario de setembro

O Concello de Negreira informa da convocatoria da sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, que terá lugar o luns 14 de setembro de 2026, ás 21.00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

A sesión desenvolverase conforme á seguinte orde do día:

  • Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos desde o último Pleno ordinario, correspondentes aos números 284/2026 ao 362/2026, ambos inclusive.
  • Ratificación do Decreto de Alcaldía núm. 283/2026, de 2 de xullo de 2026, relativo á aprobación do proxecto “Aglomerado Pedra Mámoa”.
  • Ratificación do Decreto de Alcaldía núm. 304/2026, de 24 de xullo de 2026, e, en consecuencia, da addenda ao Convenio do Obradoiro Dual de Emprego “Valora 2026”.
  • POS+Adicional 2/2026 (2ª fase).
  • Proposta de acordo formulada polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en relación co novo modelo de financiamento autonómico.
  • Rogos e preguntas.

A convocatoria foi realizada mediante Decreto de Alcaldía, de conformidade coa normativa reguladora do réxime local.

Segundo semestre Rede Galega de Teatros e Auditorios
Presentamos o segundo semestre da Rede Galega de Teatros e Auditorios que trae ao Auditorio Afonso Eanes do Cotón 3 funcións. 
 
18 de setembro : As formas do amor as 20:00h
 
24 de outubro : Neura as 21:00h
 
13 de novembro : Esas cousas marabillosas as 21:00h
 
Máis info en redes de Cultura Negreira ou no 676454879. 
 
Todo preparado para o 18º día da bicicleta

O Concello organización unha nova edición do Día da Bicicleta, unha marcha de carácter familiar, sostible e solidaria que terá lugar o sábado 12 de setembro en Negreira, con saída desde a chaira do IES Xulián Magariños ás 10.30 horas para os escolares e as 11:00 horas para os adultos.

A concelleira de Deportes, Mar García, convida a cidadanía a sumarse a esta actividade colectiva ao aire libre, que pasará polo centro da vila, chegará ata Logrosa e voltará ao Campo da Feira.

A edil subliñou a importancia que teñen eventos coma este para propiciar o uso de vehículos alternativos, concienciando especialmente as novas xeracións sobre os beneficios de moverse en bicicleta pola paisaxe urbana, no canto do automóbil.

Ademais, a programación polo Día da Bicicleta non rematará coa marcha, xa que o final da xornada tamén haberá sorteos e agasallos.