mediorural.jpg

A Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural da Coruña, a través do Servizo de Infraestructuras Agrarias, informa a todos os interesados que na Zona de Reestructuración Parcelaria de Broño II, A Pena e Landeira, vanse a iniciar proximamente os traballos para facer as entradas dos novos predios que o precisen.

 

Se necesitan que se faga a rampla de entrada nun determinado lugar do seu predio, deberán marcalo con sinais ben visibles. A empresa Seaga é a adxudicataria destes traballos e poden contactar con ela nos seguintes números de teléfonos: 881 881 301 ou 689 057 363. Deberán informar do número de propietario, número de predio do acordo e deixar un teléfono de contacto.

 

Asemade, establécese a data do 16 de abril para a toma de posesión dos novos predios, o cal lle será comunicado por carta e de forma individual. Os donos de fincas disporán dun prazo de seis meses para a corta da madeira, que deberán solicitar previamente. 

entroido120218_1.jpg

A comparsa de Salceda de Caselas integrada por 86 persoas fíxose cos dous primeiros premios, en comparsas e carrozas, no prestixioso Concurso e desfile de Entroido 2018 do Concello de Negreira, un dos máis importantes da provincia de A Coruña. En segundo lugar, destacou a comparsa O bosque encantado, da agrupación Os Remolóns, de Vilagarcía de Arousa, cuxa temática resultou moi aplaudida polo público que abarrotou as rúas da vila, ao igual que coa comparsa Xigantes venecianos, dos Carnavaleiros de Liñaio, ca obtiveron o terceiro premio en comparsas e o cuarto en carrozas.

 

entroido120218_2.jpg

 

A retranca dos Carnavaleiros de Barcala estivo moi presente no desfile deste ano, onde as súas parodias tiveron como branco ao goberno municipal, e tamén, o humor xenuinamente barcalés chegou da man de Sesión vermú, quenes leváronse o primeiro premio en grupos pola súa montaxe entorno as festas máis enxebres. Antes do concurso, o actor e monologuista Pepo Suevos, encargouse de pronuncialo pregón no que fixo referencia ó moito que lle une a él, ferrolán de nacemento e amesán de adopción, con Negreira.

 

 

Disfraces individuais e parellas

1º premio: Ratatoille e os ratos larpeiros

2º premio: Pavos reais (Ribeira)

3º premio: O carro romano (Negreira)

 

Grupos medianos

1º premio: Sesión vermú

2º premio: Canta Landeira

3º premio: A Santa Compaña

 

Carrozas

1º premio: Talismán vive o arte (Salceda de Caselas)

2º premio: O bosque encantado (Os Remolóns)

3º premio: O xabarín e os millos trouleiros (Portas)

4º premio: Xigantes venecianos (Liñaio)

Accésits: Sesión vermú e Barcala unida.

 

Comparsas

1º premio: Talismán vive o arte

2º premio: O boque encantado

3º premio: Xigantes venecianos

4º premio: O xabarín e os millos trouleiros

Accésits: As colmeas (Paderne) e Cruela do Val (Bertamiráns)

Premio Juan Varela á mellor copla: Barcala unida.

 

Agradecementos

Á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira polo seu traballo nun dos principais eventos do ano, e conxuntamente ás agrupacións de Protección Civil de Ames, Padrón e Santa Comba.

coche_prot_civil.jpg

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, acompañado de responsables da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, asistía hoxe en Pontedeume, ao acto de entrega por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dun vehículo todoterreo tipo pick-up para o grupo de emerxencias, dun total de 10 vehículos e de 7 embarcacións que fóronlle entregadas a distintas agrupacións.

 

Trátase dunha colaboración entre Administracións para dar unha mellor resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

 

No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cangas, Marín, Mugardos, Outes, Pontedeume, Valga e A Veiga, que recibiron unha embarcación pneumática de 5 metros de eslora con remolque. Os dez vehículos todo terreo pick-up entregados foron para os concellos de Corcubión, Coristanco, Mazaricos, Neda, Agrupación de Ordes-Frades, Meira, Ribas de Sil, Mancomunidade de Terras de Celanova, Cerdedo-Cotobade e Negreira.

 

Os voluntarios e voluntarias de Protección Civil desenvolven a diario un labor fundamental para a cidadanía galega. Por iso, a Xunta leva facendo un importante esforzo nos últimos anos para reforzar os seus medios e recursos, e que distribuíuse tendo en conta as necesidades transmitidas polas propias agrupacións, e grazas a el, financiouse a adquisición de pick ups, furgonetas, remolques de emerxencias, equipos de excarceración ou embarcacións pneumáticas, entre outros.

itvmotos130218.jpg

A unidade móbil número 7 de inspección técnica de ciclomotores, motos e quads, estará en Negreira o vindeiro luns día 26 de febreiro, en horario de 9:00 a 13.30 horas, e instalada no Campo dá Feira. Lembrámoslles que para solicitar cita previa deben chamar ao número de teléfono: 902 30 90 00 ou a través da web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias, segundo informa a empresa Supervisión e Control, concesionaria do servizo.

entroid_inf_2018.jpg

O baile e concurso de disfraces infantil do Entroido 2018 do Concello de Negreira reuniu onte á tarde, a máis de setenta participantes no Centro Sociocultural, nunha festa na que non faltaron os obradoiros e a música como preámbulo ao concurso celebrado no Auditorio. O xurado encargouse de valorar os diferentes disfraces para outorgar os premios que foron entregados polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Grupo A (de 1 a 6 anos)

1º premio - Hugo e Iago Pérez Lías, polo disfraz Honor samurai.

2º premio - Claudia e Mariña Suárez Liñares, polo disfraz Bolboretas de flor en flor.

3º premio - Adrián Sánchez Brenlla, polo disfraz Homiño de papel.

 

Grupo B (de 7 a 16 anos)

1º premio - Pablo e Yago Barrioso Valeiro, polo disfraz Os trasnos da carballeira.

2º premio - Catuxa Sampedro Pereira, polo disfraz Lady farrapos.

3º premio - Noelia Ramos Vidal, polo disfraz A boneca de crochet.

 

rua_prol_vicente_lopez.jpg

O Concello de Negreira adxudicou o Modificado 2 do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación Urbanística número 5, na súa 1ª fase, dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), por un importe de 101.000 euros, á empresa Yoni Tuñas, S.L., e consistente nos traballos de urbanización para conectar á avenida de Vilachán e maila rúa Serzedo coa Carreira de San Mauro, a través da rúa Cidade de Vicente López.

entroido140218.jpg

Xa están a disposición do público en xeral, unha recopilación das mellores imaxes do que foron as presentes festas do Entroido en Negreira, realizadas por Abraham Fotógrafas e que inclúen dende o desfile de comparsas do sábado de Entroido polas rúas da vila e maila entrega de premios, pasando polo baile e concurso de disfraces para maiores do domingo, e mailo concurso e actividades para os máis novos do luns de Entroido, celebrados no Centro Sociocultural.

 

Galería Fotográfica Entroido 2018

desfibri1.jpeg

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña, fixeron entrega esta mañá na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita no concello pontevedrés da Estrada, de 157 desfibriladores a bombeiros comarcais, Grupos de Emerxencias e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

 

desfibri2.jpeg

 

A agrupación de Negreira foi unha das que recibiu un desfibrilador, acudindo a súa recepción, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado por dous responsables de Protección Civil de Negreira. 

grifo.jpg

Debido aos traballos de limpeza anual do depósito de auga potable que fornece a Negreira, por parte da concesionaria do Servizo Municipal de Augas, infórmase á veciñanza que dende as 23:00 horas do xoves 15 de febreiro, ata as 06:00 horas do venres 16 de febreiro, producirase un corte de subministro de auga que afectará a toda a rede de Negreira.

 

A rede considerarase en presión a todos os efectos. Pregamos que disculpen as molestias que se poidan ocasionar, e para calquera consulta poden chamar aos seguintes números de teléfono: 626 986 941 e 981 881 569.

redecultura160218.jpg

Os concellos da provincia da Coruña teñen até o martes 20 de febreiro para facer a súa solicitude dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Nesta nova edición, o circuíto ofrece 1.359 espectáculos nas súas catro liñas, nun programa que está dotado con máis de dous millóns de euros.

 

 “Escena ao vivo!”, a categoría profesional de artes escénicas e musicais, é o programa que máis espectáculos inclúe no catálogo da Rede Cultural dirixida á programación nos concellos. Máis da metade das 1.359 propostas que completan a oferta cultural deste ano pertencen a este apartado que inclúe un total de 825 espectáculos dos que 388 corresponden a teatro e monicreques, 377 á música, e 60 a danza.

 

Un total de 118 son as películas que compoñen a oferta do programa “Visións!” destinado a promoción de cinema e contidos audiovisuais, unha nova aposta que ten, entre outros obxectivos, buscar espazos de distribución para as producións galegas con filmes como Sicixia, Mimosas, ou Costa da Morte.

 

Ás categorías xa existentes súmase nesta nova convocatoria o programa “Lingua á escena” de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega para concellos que inclúe nesta primeira edición trece espectáculos.

 

Finalmente, o apartado non profesional, “Alicerce”, destinado á programación en concellos e entidades de compañías amadoras de música, danza e teatro ofrece un total de 403 espectáculos.

 

O orzamento deste ano dos programas “Escena ao Vivo!”, “Visións” e “Alicerce” ascende a 1.860.000 € aos que compre sumar 200.000 que a Deputación destina ao novo programa “Lingua a escena!”.

 

O pasado ano, a Rede Cultural da Deputación da Coruña levou un total de 1.170 actuacións aos concellos e moveu arredor de tres millóns de euros no sector. A Deputación achega o 75% do orzamento das contratacións artísticas para concellos de menos de 5.000 habitantes, un 60% para os que están entre os 5.000 e os 10.000, dun 50% aos que están entre 10 e 20 000, dun 40% aos que están entre 20 e 50 000 e dun 30% aos de máis de 50 000.