aculpa.jpg

Os dous cómicos actúan en Negreira co seu novo espectáculo ¨A culpa é do sistema¨, este luns 30 de abril, véspera do festivo, a partir das 21.00 horas dentro do Ciclo de Teatro 2018. Neste espectáculo o público é o principal protagonista. Os asistentes escollen entre varias opcións cada vez que se plantexa una nova situación sobre o escenario. A temática non pode ser outra que a actualidade. Calquera acontecemento relevante pode ser tratado e analizado con ironía, ollo crítico e, sobre todo, humor.

 

As entradas custan 10 euros e están á venda na Delegación de Cultura, o restaurante Casa Barqueiro e a través da web ataquilla.com.

 

 

É un espectáculo no que o público marcará desde as súas cadeiras, os temas a tratar polos cómicos sobre o escenario, provocando improvisadas críticas sobre os últimos acontecementos da actualidade.

 

Cando se xuntan dous cerebros hiperactivos como os de Federico Pérez e Pepo Suevos, pode pasar de todo. O obxectivo concreto destes dous elementos era concebir unha peza que fixese escachar ao público coa risa, pero tamén a eles mesmos. E para iso, non se lles ocorreu nada mellor que facer do público o principal protagonista do espectáculo, como creativo, ademais de como destinatario.

 

Os asistentes á función poderán escoller entre varias opcións cada vez que se plantexe unha nova situación sobre o escenario, e os atrevidos actores terán que adaptar os contidos da obra á demanda do respetable.

clausraesc18.jpg

Este sábado 5 de maio, a partir das 15:30 horas, o Pavillón de Pedra Mámoa acolle a xornada de clausura da tempada 2017-2018 das Escolas Deportivas do Concello de Negreira, nas que participan máis de 300 alumn@s. Con tal motivo, haberá exhibicións das diferentes disciplinas, así como partidos de fútbol sala e baloncesto.

 

Horario:

 

15:30. Partido de fútbol sala - Prebenxamíns 2011

16:00. Exhibición Escola de Patinaxe grupo 2

16:10. Exhibición Escola de Ciclismo

16:30. Exhibición de kárate - Club O Coto

16:50. Entrega de agasallos: Escola de Atletismo, Multideporte e Predeporte.

16:55. Entrega de agasallos Escola de Xadrez

17:00. Exhibición de Patinaxe grupo 1

17:10. Exhibición Escola de Tenis

17:30. Exhibición de Patinaxe grupo 3

17.40. Partido Escola de Baloncesto

18:20. Exhibición deporte alternativo

18:40. Partido de fútbol sala - Biberóns 2012

19:10. Exhibición de kárate - Escola Akai Ryu

19:35. Exhibición Escola de Ximnasia Rítmica

camp_recicla_elec.jpg

A campaña O que se enchufa, recíclase, da Xunta de Galicia, chega este martes e mércores ao noso concello. Trátase dunha campaña de información e sensibilización sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos.

 

A empresa Medeland é a encargada de levar a cabo o proxecto. O mesmo consiste en situar puntos de información con asesores, establecéndose un pequeno stand na vía pública. En Negreira, os lugares escollidos son: polas mañás, diante do edificio de Servizos Múltiples (antigo instituto), na rúa de Castelao. Polas tardes, diante da Casa dá Cultura, na Carreira San Mauro, 11. O horario é de 11 a 14 horas, e de 16 a 19 horas.

 

Esta campaña tamén defúndese en redes sociais, e a través da web: oqueseenchufareciclase.gal

maiores_070518.jpg

Os maiores de Negreira celebraron o pasado sábado o seu vixésimo terceiro encontro, organizado polo Concello de Negreira, no que Victorina Forján Mayo, de 101 anos de idade; e o seu irmán, Jesús Dourino Forján Mayo, a piques de entrar este ano no selecto clube dos centenarios, recibiron o recoñecemento dos máis de seiscentos participantes e ambos foron agasallados nunha sobremesa coas actuacións musicais das cantantes Ruth Cundíns, presentando temas do seu primeiro disco en solitario Miña terra galega, e de Patricia Iglesias.

 

maiores_070518_2.jpg

 

Nos actos, que incluiron unha misa oficiada polo sacerdorte Juan José Fernández Touceda, párroco de A Pena, Landeira, Liñaio, Gonte, Xallas, Lueiro, Arzón, Broño e Aro, así como a actuación da Banda Municipal de Negreira, á saída da mesma; participaron membros da Corporación Municipal co alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, á cabeza, xunto ó primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez; María del Mar García Vidal, concelleira de Emprego, Muller, Agricultura e Medio Ambiente; José Daniel Casal Leis, concelleiro de Xuventude e Deportes, ademáis de Juan Rey Maceira, María José Carballo Villar e Marcelino García Pedrares, en representación do grupo municipal do Partido Popular, e María del Carmen Vieites Pardo, en representación do partido de Ciudadanos.

 

O noso agradecemento á Agrupación Local de Protección Civil de Negreira pola súa colaboración neste evento.

portada160518.JPG

Dentro dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2018, o Auditorio do Centro Sociocultural acolleu este martes o acto de entrega dos premios do Certame de Pintura infantil ¨Negreira en cor¨, ademáis da clausura e entrega de diplomas aos participantes na Escola Municipal de Pandeireta.

 

Na categoría de 6 a 12 anos:

 

1º premio - Celia Lista Vieito, coa obra A casa do lago

2º premio - Lucia Rouco Zarco, por A árbore da vida

3º premio - Laura Vieites Ferreiro, coa obra Dama bolboreta

 

Na categoría de 13 a 18 anos:

 

1º premio - Laura Rodríguez Capeáns, pola obra A colleita

2º premio - María Suárez Canoura, por Paisaxe

3º premio - Paola Enjo Lueiro, coa obra Orange

 

Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respeitivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas.

 

Contouse coa actuación do alumnado da Escola Municipal de Pandeireta, coas súas profesoras Sonia Nieto e Paula Liñares, e a entrega dos seus diplomas.

 

Portada.JPG

O Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolleu este xoves 17 de maio, a Fase Final Intercomarcal de Fútbol Sala en categoría Prebenxamín, coa vitoria final do equipo da Escola Municipal de Futsal de Negreira por 4 goles a 2 ante o Outes C.F. Nas semifinais, os anfitrións venceron 9-4 ó equipo do Terras de Iria, mentras que na segunda semifinal foi o Outes quen vencía 5-3 á Escola de Fútbol Base de Corcubión.

 

O terceiro posto correspondeu ó equipo de Corcubión que tras empatar a seis goles co Terras de Iria, o desempate decidiuse na tanda de penaltis (1-2), logo de empatar a ceros na prórroga.

 

No Pavillón de Pedra Mámoa viviuse un gran ambiente entre familias dos catro concellos participantes, cuxo colofón foi a entrega final de trofeos e medallas aos catro equipos por parte do primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

 

Negreira.JPG

 

Corcubión.JPG

 

Padrón.JPG

 

Outes.JPG

 

O noso concello será protagonista este sábado de dous novos eventos deportivos. Por un lado, o XXI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que reúne a unha ducia de equipos campións das súas respeitivas ligas locais, e polo outro, a Fase Intermedia de Fútbol 8 categoría Prebenxamín, cuxo campión clasifícase para a Fase Final Autonómica, a xogarse este sábado no Campo Jesús García Calvo.

 

O Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala comeza ás nove da mañá, tanto no Pavillón de Pedra Mámoa como no de San Vicenzo (A Baña). En Negreira farano os seguintes equipos: Teo; Santiago 2; Arzúa; Negreira; Trazo e Frades, en dous grupos. Na Baña: Tordoia; Ordes; Santiago 1; Vedra; Rianxo e Santa Comba.

 

Os partidos terán unha duración de 40 minutos cronometrados a tempo corrido, divididos en dous tempos de vinte minutos. Os horarios da mañá serán de 9 a 14 horas, e tanto as semifinais como o terceiro posto e a final, xogaranse no Pavillón de Pedra Mámoa, a partir das 16:00 horas, sendo a gran final ás 18:30 horas. De dúas a catro da tarde, haberá un parón para o xantar de confraternización na carpa instalada en Pedra Mámoa.

triatlon180518_1.jpg

O sábado 9 de xuño, a vila de Negreira vestirá as súas mellores galas para acoller a terceira edición do Triatlón Solidario Concello de Negreira, que organiza o Club Cervecería O Cotón coa colaboración do Concello de Negreira e dos Concellos de A Baña e Brión, así como numerosas firmas comerciais e entidades sociais. A recadación do evento irá destinada á investigación e tratamento de enfermidades raras e crónicas pola Obra Social Pediatría, do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago, representada por Elena Sobrino, directora da aula hospitalaria do Clínico.

 

No acto de presentación participaron os alcaldes de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e da Baña, Andrés García Cardeso, e mailo técnico de Deportes de Brión, José Manuel Trigo, acompañados por Manuel Sanmartín e Samuel Fernández, membros da directiva do club Cervecería O Cotón Negreira. Todos puseron de manifesto o carácter solidario do evento e a importancia da colaboración entre administracións para un fin benéfico.

 

triatlon180518_2.jpg

 

O III Triatlón Solidario celebrarase na tarde do sábado 9 de xuño, a partir das 17.30 horas e comezará co sector de natación nas augas do encoro Barrié da Maza, ao seu paso polo lugar de Ponte Ínsua, entre Negreira e Brión, cunha travesía a nado de 750 metros. Seguidamente, o sector de bicicleta para cubrir 20 quilómetros arredor de Negreira e, finalmente, o sector de carreira a pé, de 5.000 metros de distancia polo centro da vila, rematando na meta sita no Pazo do Cotón.  

 

As inscricións pódense formalizar no seguinte enlace:

III Triatlón Solidario Concello de Negreira

Co gallo da festividade de Santa Rita, patroa da Administración local, o Concello de Negreira informa a toda a veciñanza que o martes, día 22 de maio, os servizos municipais da Casa do Concello e maila Casa da Cultura, van permanecer pechados ó público.

ndturismo1819.png

O departamento municipal de Servizos Sociais informa que está  aberto o prazo para a primeira fase do programa de turismo social do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso), dende o 16 de maio até o día 14 de xuño. Infórmase, que todos aqueles veciños que participaron na última edición non teñen que renovar as súas solicitudes, mentres que aqueles que queiran participar por primeira vez, sí teñen que inscribirse en Servizos Sociais, tanto se queren viaxar por libre ou co grupo do concello.

 

Solicitantes

 

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

•       Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.

•       Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.

•       Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.

•       Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

•       Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

 

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

 

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

 

Modalidades:

•       Zona costeira peninsular: estadías de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.

•       Zona costeira insular: estadías de 15,10 e 8 días en zonas de Canarias e Illes Baleares.

•       Turismo de interior, coas seguintes actividades: con estadías de 7 ata 3 días, cos seguintes tipos de viaxes:

o       Circuitos culturais.

o       Turismo de natureza.

o       Viaxes a capitais de provincia.

o       Viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

 

Servizos incluídos

 

Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.

Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo Imserso. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas. Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.

 

Prazo de presentación

 

Dende o día 16 de maio ata o 26 de febreiro de 2019 distribuidos nas seguintes fases:

Primeira: a partir do 16 de maio ao 14 de xuño, recibirán acreditacións para os primeros días de comercialización do programa.

Segunda: a partir do 15 de xuño de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019, para recibir acreditacións posteriormente.

 

cicloteatro2018.jpg

Na última fin de semana de maio, a Escola Municipal de Teatro estrea sendas montaxes do seu grupo da ESO e mailo grupo Debullando teatro. O venres 25 coa obra ¨Selfies a go go¨, e o sábado 26 coa estrea de ¨E ti de quen ves sendo¨, ambas ás nove da noite, e dentro do Ciclo de Teatro que desénvolvese no Auditorio do Centro Sociocultural, baixo a dirección de Sandra Lesta, directora da escola.

 

Para o domingo 10 de xuño quedará a xornada final deste ciclo coas representacións dos grupos de infantil, a partir das 18:00 horas. Trátase das obras: Asemblea de ratos (alumnos de 4 a 7 anos), e O cerebro tolo (alumnos de 7 a 12 anos), aptas para tódolos públicos.