A POSTAL DE ANA LEMA É A IMAXE DA FELICITACIÓN DE NADAL

A postal realizada por Ana Lema García, alumna de seis anos de Educación Primaria no CEIP O Coto, foi elixida como imaxe da felicitación institucional de Nadal do Concello de Negreira. Así o decidiu o xurado do Concurso de Postais de Nadal 2025 e lévase un premio dun vale agasallo de 100€ para gastar no comercio local e cuxa entrega tivo lugar durante o Mercado de Nadal.

O concurso recoñece as creacións do alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos do concello.

 

 

arcos

O Concello de Negreira vén de aprobar, mediante decreto da Alcaldía, a ampliación en dúas horas do horario ordinario de peche dos locais de hostalaría, así como da finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, con motivo das celebracións das festas de Nadal, Aninovo 2026 e Reis.

Esta medida, adoptase atendendo ás demandas da veciñanza, aplicarase nas noites do 25 ao 26 de decembro de 2025 (Noiteboa), do 31 de decembro ao 1 de xaneiro de 2026 (Aninovo) e do 5 ao 6 de xaneiro de 2026 (Reis).

A ampliación horaria realízase ao abeiro do disposto na Lei 10/2007, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e da Orde do 23 de outubro de 2020, que regula os horarios de apertura e peche dos establecementos abertos ao público. De acordo coa normativa vixente, os concellos poden autorizar, en períodos festivos sinalados, unha ampliación máxima de ata dúas horas sobre os horarios xerais establecidos para cada categoría de local, garantindo en todo momento o cumprimento das normas en materia de contaminación acústica.

Encontro “As 3 Negreira de Galicia”

O Concello da Estrada é este ano o organizador do encontro de irmandade entre os tres municipios de Galicia que contan con lugares chamados Negreira. O noso concello, Santa Comba e A Estrada.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono convidou aos representantes municipais de Negreira e Santa Comba, ao acto de irmandade “con motivo da exclusividade do seu topónimo”, a celebrarse o sábado, día 20 de decembro, ás 12:00 horas no lugar de Negreira, parroquia de San Miguel de Barcala (A Estrada). En caso de mal tempo pasaríase a celebrar no local social.

Trátase dunha inciativa que xurdiu do escritor e historiador, X. Amancio Liñares Giraut, quen propuxo ao Concello de Negreira levar a cabo un primeiro encontro no mes de setembro de 2024 no que participou o filólogo, Fernando Cabeza Quiles, quen aludiu ao falso xentilicio “nicrariense”, pois lembrou que no ano 1005 un monxe recreou a traslatio dende Dugium, a actual Fisterra, dos restos do apóstolo Santiago, que terían pasado por unha localidade identificada como Portus Nicrariae, pero non Nicraria.

Intenso Nadal Deportivo 2025

Unha ducia de actividades conforman un completo programa deportivo do Nadal 2025/26 en Negreira, ao longo de varias semanas, entre o 14 de decembro e mailo 10 de febreiro de 2026.

Torneos deportivos, excursións, e a ruta de sendeirismo, son algúnhas das actividades previstas para estos meses de inverno.

A primeira das actividades será o torneo de tenis de mesa, o domingo 14 de decembro, tamén destaca o torneo xadrez, que xa é un clásico da programación nestas datas, ou o torneo de tenis de inverno, promovido polo club tenis Negreira nas pistas de Pedra Mámoa.

VII Carreira do Turrón

O último sábado do ano vaise a celebrara a Carreira do Turrón - dunha distancia de 4 quilómetros-, con saída ás 17:00 horas dende o CEIP O Coto, antes a partir das 16:30 h terán lugar as Carreiras de Escolares con distancias de 100 m. e 800 m.

Mini- Campus de Baloncesto

Os días 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro terá lugar o Minicampus de Baloncesto de Nadal no Pavillón de Pedra Mámoa, unha boa ocasión para non perder o contacto co balón ou iniciarse nesta disciplina.

XIV Gala do Deporte

O Concello de Negreira promove a súa «Gala do Deporte», a celebrarse o venres día 6 de febreiro, dende as 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural. Antes, un xurado deberá definir quenes van ser os galardoados correspondentes ó ano 2025, estando composto por un representante de cada un dos sete clubes federados existentes no noso concello, xunto co técnico de Deportes, o director de Radio Negreira, e maila concelleira de Deportes, esta última con voz pero sen voto.

Relación de premios:

1. Mellor deportista do ano 2025

2. Mellores deportistas promesas do 2025 (masculino e feminino)

3. Mellor equipo ou clube do ano 2025

4. Mellor evento deportivo 2025

5. Recoñecemento ó patrocinador ou colaborador co deporte

6. Recoñecemento á traxectoria deportiva

7. Recoñecemento especial do xurado

Guerra ás toalliñas húmidas

Non é fácil dar unha cifra sobre o volume de toalliñas que acaban obstruíndo a rede de saneamento e, graves avarías nos sistemas de bombeo que, á súa vez, derivan en verteduras de augas fecais sen depurar aos ríos como sucede en Negreira.

Por iso, aínda que os servizos da concesionaria levan a cabo revisións preventivas, aínda así, non logran evitar que entren no sistema toneladas das famosas toalliñas húmidas.

Dende o Concello e Espina e Delfín, piden que non se boten á rede e se separen para súa reciclaxe. Os «retretes» non son o lugar axeitado para botalas.

Estes materiais colapsan o sistema e provocan a rotura das bombas e iso ao final ten un custo para os cidadáns, ademais de provocar verquidos de augas sen depurar. 

 

CARREIRA DO TURRON

O sábado 27 de decembro a partir das 16:30 h terá lugar a carreira do turrón, unha proba non competitiva polas rúas de Negreira.

Nesta sétima edición, xa consolidada no circuito de eventos deportivos na comarca, vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 metros da categoría BIBERÓN ata os 2.000 metros dos ADULTOS, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado.

A inscrición é ???????? e, para participar, só tes que vir caracterizado e disfrutar dunha xornada moi divertida en compaña de familiares e amigos, e estará aberta ata o mércores 24 de decembro, ás 14:00 horas.

Unha vez finalizada a carreira terá lugar as pre-badaladas, coa actuación dun DJ e as campanadas no Pavillón do Ceip o Coto.

Para anotarte podes facelo aquí.

https://goo.su/MwD0JN

NADAL LUDICO

Unha vez rematado o prazo de inscricións para o Programa de Conciliación Familiar "Nadal Lúdico", e tras a reunión do persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Negreira, procédese á publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución faise pública e pode consultarse tanto no Taboleiro de Edictos do Concello como nesta mesma páxina web.

 

Establécese agora un prazo de tres días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación destas listas, para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas. Este prazo tamén servirá para emendar aqueles defectos que puideron motivar a exclusión dalgunha solicitude.

foto 25n

Negreira manifestou o seu firme compromiso contra a violencia machista participando na XII Andaina contra a violencia de xénero este sábado, 22 de novembro.

Arredor de medio cento de persoas déronse cita no Centro Sociocultural para iniciar desde alí, un percorrido circular ata o Refuxio de Cobas. A camiñada contou coa participación do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, a concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Teresa Duro Leis e a tamén concelleira de Educación e deputada provincial de Política Social, Mar García Vidal, ademais de concelleiras/os, entre os que estaban representantes dos grupos políticos, así como asociacións rurais.

A metade do traxecto, en Cobas, tomaron a palabra a deputada provincial de Política Social, Mar García Vidal; a concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Teresa Duro Leis; e a representante da Asociación de Mulleres Rurais de Alvite, Paula Pichel Grille.

Ao longo da ruta, a marcha detívose en varias siluetas negras de mulleres que amosaban mensaxes de condena á violencia de xénero e de esperanza, lembrando que sempre existe unha saída para esta situación que sufren tantas mulleres.

Con esta andaina, o Concello de Negreira quere sensibilizar á cidadanía sobre unha realidade que cada ano afecta a centos de fogares, así como mostrar o apoio ás numerosas vítimas de todas as formas de violencia machista.

A marcha concluiu diante da Casa do Concello. 

FONDO PESAR POLO PASAMENTO DE JOSÉ ANTONIO ROMARÍS

O Concello de Negreira quere expresar o seu máis fondo pesar polo pasamento de José Antonio Romarís Pereira, veciño da parroquia de Liñaio, galeguista e activista, moi vinculado á vida política, agraria, social e cultural da comarca de Barcala.

A súa traxectoria deixou unha fonda pegada en múltiples ámbitos, nos que participou sempre con entrega e compromiso ao servizo da veciñanza.

José Antonio Romarís formou parte da Corporación municipal de Negreira coma concelleiro das primeiras corporacións democráticas trala ditadura de Franco, ademais de impulsor de iniciativas veciñais, culturais e deportivas que contribuíron a fortalecer a identidade da súa parroquia e por extensiva, do noso concello.

O seu labor, converteuno nun referente para moitas xeracións.

O Concello de Negreira traslada o seu máis sentido pésame á familia, amizades e á veciñanza en xeral de Liñaio por esta triste perda. O seu exemplo e compromiso permanecerán para sempre na memoria de toda a comarca.

Descanse en paz.