Presentación programación entroido 2026

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez cando ao concelleiro de Cultura, José Antonio Villar Caamaño e maila concelleira Teresa Duro Leis  presentaron hoxe a programación festeira.

Conta atrás para unha das grandes citas do ano  como son as Festas do Entroido 2026 do Concello de Negreira, que este ano se encargará de abrir por segundo ano consecutivo a orquestra Olympus.

As festas de Entroido comezarán o venres 13 de febreiro coa actuación da afamada orquestra Olympus, a partir das 22:30 horas na praza do Concello, ademais dun DJ. Trala véspera, o sábado 14 de febreiro chega o seu día grande co Desfile e concurso de carrozas e comparsas.

A concentración será a partir das 16:00 horas no Campo da Feira, e o comezo do desfile está  para as 17:00 horas, a través da Carreira de San Mauro, rúa da Cachurra, avenida das Brañas, rúa Rosalía de Castro, rúa de Castelao e remate, na rúa do Carme, diante da Casa do Concello.

A agrupación musical Tíralle do aire abrirá o desfile e unha vez rematado, comezará a actuación musical da orquesta Suavecito e un DJ, na praza do Concello, lugar para a posterior entrega de mais  de 5.000 euros en premios en torno as 20:00h.

Festa infantil

A terceira parada das festas terá lugar o luns, día 16 de febreiro, a partir das 17:30 horas no pavillón do colexio O Coto, coa Festa infantil de disfraces. Non faltará a animación musical co Dj Animus, os xogos inchables, talleres de maquillaxe e un sorteo de agasallos entre toda a rapazada disfrazada.

As inscricións están abertas na Delegación de Cultura ata o mércores 11 de febreiro.

+información: marcos.perez@concellodenegreira    - telf: 676 454 879

                      Facebook e instagram Cultura Negreira

Fisioterapia e podoloxía a domicilio

O Concello de Negreira, a través do seu Departamento de Servizos Sociais, impulsa o Programa de Fisioterapia e podoloxía, unha iniciativa destinada a mellorar a calidade de vida das persoas maiores do noso municipio.

Este programa vai dirixido a persoas maiores de 60 anos que sexan dependentes ou teñan algún grao de discapacidade ou problemas de mobilidade, ofrecéndose atención gratuíta no propio domicilio para facilitar o acceso aos servizos e garantir o benestar dos beneficiarios.

As persoas interesadas en participar deben presentar a súa solicitude ata o día 30 de xaneiro de 2026, no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Negreira ou contactando a través do número de teléfono: 981 88 53 81

 

Todo en marcha para a celebración da XIV Gala do Deporte

O venres día 6 de febreiro no Auditorio Afonso Eanes do Cotón, terá lugar a décimo cuarta edición da Gala do Deporte ¨Concello de Negreira¨, coa entrega duns premios que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante, outorgados por un xurado integrado por un representante de cada clube, o técnico municipal de Deporte e o director de Radio Negreira.

 

A Gala do Deporte comezará ás 21:00 horas e, ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, tamén haberá actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de 90 minutos.

 

Os Premios son os seguintes:

 

- Mellor deportista do 2025

- Mellor deportista promesa masculino 2025

- Mellor deportista promesa feminino 2025

- Mellor club 2025

- Recoñecemento á traxectoria deportiva

- Recoñecemento colaborador co deporte

- Mención especial do xurado

- Mellor evento deportivo 2025

 

ITV de ciclomotores

Infórmase á veciñanza que o venres, día 20 de febreiro de 2026, a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores estará en Negreira, instalada no Campo da Feira.

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas.

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 981 92 80 80

A través da web: www.sycitv.com - Cita previa.

Conciliación familiar durante o Entroido

O Concello de Negreira segue a impulsar medidas para compatibilizar a vida familiar e a laboral, así como polo benestar dos nenos e nenas do municipio, coa posta en marcha dunha nova edición do programa Concilia Entroido.

Esta iniciativa desenvolverase entre os días 16 e 18 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas, e terá lugar no Centro Sociocultural. O programa está deseñado para ofrecer un espazo seguro e educativo durante o período non lectivo do Entroido, facilitando así a organización das familias.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 12 ao 20 de xaneiro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos 881 035 154 e 881 035 155, mediante a sede electrónica municipal ou de forma presencial nas oficinas do Concello de Negreira.

Terán prioridade nas inscricións as persoas empadroadas no Concello de Negreira.

 

 

salon-de-plenos.jpg

A Corporación Municipal de Negreira celebra o luns, día 12 de xaneiro de 2026, a partir das 20:00 horas, unha sesión ordinaria do Pleno coa seguinte orde do día:

Primeiro.- Aprobación das actas seguintes:

                       1. Acta da sesión constitutiva de data 17/06/2023.

                       2. Acta da sesión extraordinaria de data 26/06/2023.

                       3. Acta da sesión ordinaria de data 13/05/2024.

                       4.Acta da sesión extraordinaria de data 14/06/2024.

                       5. Acta da sesión ordinaria de data 08/07/2024.

                       6. Acta da sesión ordinaria de data 09/09/2024.

                       7. Acta da sesión extraordinaria e urxente de data 13/09/2024.

                       8. Acta da sesión extraordinaria de urxente de data 24/09/2024.

                       9. Acta da sesión extraordinaria de data 27/09/2024.

                       10. Acta da sesión ordinaria de data 11/11/2024.

                       11. Acta da sesión ordinaria de data 13/01/2025.

Segundo.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº         356/2025 ó nº 440/2025, ambos inclusive.

Terceiro.- Conta xeral da Fundación para a protección de discapacitados psíquicos comarca de Barcala correspondente ó exercicio 2024. Expediente Núm. 2025/T004/000003.

Cuarto.- Recoñecemento extraxudicial de créditos. Expediente Núm. 2025/X999/000070.

Quinto.- Orzamento municipal 2026. Expediente Núm. 2025/T004/000004.

Programación 1° semestre da Rede Galega de teatros e auditorios 2026

Xa temos aquí o primeiro semestre da Rede Galega de Teatros e Auditorios organizada dende Cultura Negreira con 6 funcións que non deixaran indiferente a nadie.

Xa podes reservar as túas entradas en www.woutick.es ou na Delegación de Cultura ao prezo de 5€ entrada xeral ou 3'5€ para carnet xove ou maiores de 60 anos.


SÁBADO 24 DE XANEIRO  - AS 20:00H -  PREZO: 5€ /3'5€

Dirección - Santiago Cortegoso –  105' minutos - Ibuprofeno Teatro

Público - Adultos +14

RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo”dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.  

  • Artur Abad: Percusiones, Coro, Soplete, Otros

  • Cristina Collazo: Trompa, Coro, Abuela, Otras

  • Santiago Cortegoso: Percusiones, Coro, El hijo

  • César Goldi: Percusiones, Coro, Franco, Naranjito, Otros

  • Celia González / Graciela Carlos: Clarinete, Coro, La madre, Otras

  • Davide González: Saxofón, Coro, Felipe González, Otros

  • Fran Lareu: Trompeta, Coro, El padre, Otros

  • Nani Matos: Tuba, Coro, Boyer, Otros

 

VENRES 27 DE FEBREIRO -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

O PROCESO – MALASOMBRA PRODUCCIÓNS

Duración - 75 min – Clasificación – Comedia -  Público - Adultos + 14


En 1880, o bispo de Ourense denuncia a Curros Enríquez por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos, Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado lawfare, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade.

Cándido Pazó escribiu e dirixe esta proposta que conta con Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal sobre o escenario a darlle vida a once personaxes diferentes.

A peza partiu da publicación do Consello da Cultura Galega e o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense O proceso penal a Manuel Curros Enríquez (1880 – 1881), que recolle as actas oficiais do proceso canda a un prólogo e un estudo. O pasado mes de setembro, Celanova acollera tamén a estrea de O Rexurdimento do Divino Sainete da compañía LaGriot'te, que tamén trataba o xuízo a Curros.

  • Autor y director: Cándido Pazó

  • Elenco: Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier y Xoque Carbajal


 

VENRES 13 DE MARZO  -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

Duración - 65 min – Clasificación – Drama /critica – Público - Adulto


SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.


 

VENRES 27 DE MARZO  -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

Mofa e Befa: Os Dous de Sempre. O Regreso

Duración - 90 min – Clasificación – Comedia – Público - Adultos +13

Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.

Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor.Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademáis, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais componen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturi do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás , e outra, cómeas.

  • Autor Quico Cadaval e Carme Varela (versión libre de Os Dous de Sempre de Castelao e da súa produción de humor gráfico)


 

SÁBADO 18 DE ABRIL  -  AS 19:00H  - PREZO: 5€/3'5€

GRAN GALA DE CIRCO  - PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS S.L

Duración - 80 min – Clasificación – NOVO CIRCO– Público – TODOLOS PÚBLICOS

Mellor Compañia de  Circo de España no ano 2025

 

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo.

Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

Este formato permite unha grande adaptabilidade en canto á duración e ós contidos do espectáculo, segundo o negociado co contratante.


 

VENRES 24 DE MARZO  -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

AMALIA Y EL RIO: HISTORIA DE UNA ESTRAPERLISTA – TEATRO GUIRIGAI  S.L  DE Badaxoz

Duración - 75 min – Clasificación – contemporaneo  – Público – +14

 

Basada en feitos reais.

Amalia, nada en Olivenza, tivo que emigrar a Barcelona a finais dos anos 50; pero a nosa historia comenza antes, nos duros anos da posguerra, facendo estraperlo entre Portugal e Badaxoz, na Raia, cruzando o Guadiana cargada de café, pan,…, o que podía.

Loitando por sacalos seus fillos adiante, defendendo o  seu dereito ao traballo nunha sociedade profundamente machista, cunha coraxe e gañas de vivir admirables.

Este é un espectáculo sobre a memoria democrática de España dende unha perspectiva de xénero.

Un retazo vivo das historias do contrabando, protagonizado por unha muller forte, intelixente, socarrona e astuta que pelexou por manter a súa dignidade e o  seu dereito de traballo nun mundo moi machista.

Pese as penalidades, esta estraperlista extremeña cruza o Guadiana cargada de café, azúcar, tabaco… nos anos da posguerra, cun coraxe e gañas de vivir admirables que transmiten ao público un chute de enerxía e gañas de seguir loitando.

No esceario dous personaxes: Amalia que transita o presente e o pasado revivindo  a súa vida é  o Home de Pedra, que xurde dos recordos da protagonista, e que representa o poder patriarcal, a masculinidade. Crea atmósferas, susurra, canturrea, dialoga con Amalia.

Un espectáculo que  cosechou excelentes críticas.

Negreira acolle o programa Infonadal 2025

O vindeiro 30 de decembro o Concello de Negreira contará cunha das xornadas do programa Infonadal 2025, iniciativa da Xunta de Galicia orientada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de Nadal mediante actividades de lecer educativo dirixidas á infancia.

 

A actividade desenvolverase no marco do programa do campamento do “Nadal Lúdico” e terá lugar no Centro Sociocultural Afonso Eanes de Negreira, contando cun total de 20 nenos e nenas participantes e coa atención dunha técnica especializada.

 

A programación da xornada estrutúrase en dúas sesións adaptadas aos distintos grupos de idade e inclúe obradoiros creativos e manuais, xogos cooperativos, dinámicas de animación, actividades de expresión artística, psicomotricidade e xogos tradicionais. Todas elas están deseñadas para fomentar a participación activa, a convivencia, a creatividade e o uso educativo do tempo libre durante o período non lectivo.

 

Desde o Concello de Negreira destácase a importancia deste tipo de iniciativas, que permiten ofrecer ás familias recursos de calidade durante as vacacións escolares, ao tempo que se promove un lecer saudable e adaptado ás necesidades da infancia, en colaboración coa Xunta de Galicia.