grifo.jpgDebido aos traballos de limpeza anual do depósito de auga potable que fornece a Negreira, por parte da concesionaria do Servizo Municipal de Augas, infórmase á veciñanza que dende as 23:00 horas do xoves 15 de febreiro, ata as 06:00 horas do venres 16 de febreiro, producirase un corte de subministro de auga que afectará a toda a rede de Negreira.

 

A rede considerarase en presión a todos os efectos. Pregamos que disculpen as molestias que se poidan ocasionar, e para calquera consulta poden chamar aos seguintes números de teléfono: 626 986 941 e 981 881 569.

powered by social2s

desfibri1.jpegO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña, fixeron entrega esta mañá na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita no concello pontevedrés da Estrada, de 157 desfibriladores a bombeiros comarcais, Grupos de Emerxencias e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

 

desfibri2.jpeg

 

A agrupación de Negreira foi unha das que recibiu un desfibrilador, acudindo a súa recepción, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado por dous responsables de Protección Civil de Negreira. 

powered by social2s

rua_prol_vicente_lopez.jpgO Concello de Negreira adxudicou o Modificado 2 do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación Urbanística número 5, na súa 1ª fase, dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), por un importe de 101.000 euros, á empresa Yoni Tuñas, S.L., e consistente nos traballos de urbanización para conectar á avenida de Vilachán e maila rúa Serzedo coa Carreira de San Mauro, a través da rúa Cidade de Vicente López.

powered by social2s

entroido140218.jpgXa están a disposición do público en xeral, unha recopilación das mellores imaxes do que foron as presentes festas do Entroido en Negreira, realizadas por Abraham Fotógrafas e que inclúen dende o desfile de comparsas do sábado de Entroido polas rúas da vila e maila entrega de premios, pasando polo baile e concurso de disfraces para maiores do domingo, e mailo concurso e actividades para os máis novos do luns de Entroido, celebrados no Centro Sociocultural.

 

Galería Fotográfica Entroido 2018

powered by social2s

entroid_inf_2018.jpgO baile e concurso de disfraces infantil do Entroido 2018 do Concello de Negreira reuniu onte á tarde, a máis de setenta participantes no Centro Sociocultural, nunha festa na que non faltaron os obradoiros e a música como preámbulo ao concurso celebrado no Auditorio. O xurado encargouse de valorar os diferentes disfraces para outorgar os premios que foron entregados polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Grupo A (de 1 a 6 anos)

1º premio - Hugo e Iago Pérez Lías, polo disfraz Honor samurai.

2º premio - Claudia e Mariña Suárez Liñares, polo disfraz Bolboretas de flor en flor.

3º premio - Adrián Sánchez Brenlla, polo disfraz Homiño de papel.

 

Grupo B (de 7 a 16 anos)

1º premio - Pablo e Yago Barrioso Valeiro, polo disfraz Os trasnos da carballeira.

2º premio - Catuxa Sampedro Pereira, polo disfraz Lady farrapos.

3º premio - Noelia Ramos Vidal, polo disfraz A boneca de crochet.

 

powered by social2s