senda220218.jpgO pleno da Deputación da Coruña aprobará este venres 23 de febreiro, un proxecto de 893.378 euros para a construción de 5,1 novos quilómetros de sendas peonís na estrada DP 5603 de Negreira ó Marco do Cornado, por onde transcorre o Camiño de Fisterra-Muxía. As obras van encamiñadas a facer máis cómodo e seguro para os peregrinos un itinerario Xacobeo cada vez máis transitado.

 

O proxecto suporá a construción de catro novos treitos de sendas peonís de dous metros de ancho ao longo da estrada provincial DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado. Concretamente, entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, na recta de Zas; do 7+300 ao 8+820, na saída da parroquia da Pena; do 8+750 ao 10+770, antes de chegar ao núcleo de Vilaserío, e por último, do 11+110 ao 12+900, despois de Vilaserío. Trátase de catro zonas moi perigosas polas que na actualidade non existe paso habilitado para peóns.

 

O pavemento desta senda realizarase en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

 

Esta senda, súmase ás xa executadas pola Deputación da Coruña na prolongación Fisterra-Muxía do Camiño de Santiago ao seu paso polos concellos de  Dumbría, Muxía e Santa Comba, nas marxes das estradas provinciais DP 3404 (dous treitos con 650 metros de lonxitude e un investimento de 261.066,33 euros), e DP 5604 e 5201 (dous treitos dun quilómetro de lonxitude e un investimento de 207.088 euros).

powered by social2s

galadep210219.jpgPresentámosvos o vídeo elaborado para a sétima Gala do Deporte que mostra a evolución do deporte en Negreira, un concello que foi pioneiro na década dos 80 coa construcción de instalacións e a creación de escolas deportivas municipais que foron un fito naqueles tempos.

 

Os nenos e as nenas que eran alumnos daquelas primeiras escolas deportivas, hoxe en día son deportistas que obteñen premios e galardóns en cada respectiva modalidade que practican, e sempre representando a Negreira en campionatos provinciais, autonómicos e nacionais, e que son un exemplo para a nosa mocidade.

 

Negreira é deporte. Negreira é un pobo vivo, novo e saudable, que participa en todo tipo de eventos deportivos.

 

powered by social2s

redecultura160218.jpgOs concellos da provincia da Coruña teñen até o martes 20 de febreiro para facer a súa solicitude dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Nesta nova edición, o circuíto ofrece 1.359 espectáculos nas súas catro liñas, nun programa que está dotado con máis de dous millóns de euros.

 

 “Escena ao vivo!”, a categoría profesional de artes escénicas e musicais, é o programa que máis espectáculos inclúe no catálogo da Rede Cultural dirixida á programación nos concellos. Máis da metade das 1.359 propostas que completan a oferta cultural deste ano pertencen a este apartado que inclúe un total de 825 espectáculos dos que 388 corresponden a teatro e monicreques, 377 á música, e 60 a danza.

 

Un total de 118 son as películas que compoñen a oferta do programa “Visións!” destinado a promoción de cinema e contidos audiovisuais, unha nova aposta que ten, entre outros obxectivos, buscar espazos de distribución para as producións galegas con filmes como Sicixia, Mimosas, ou Costa da Morte.

 

Ás categorías xa existentes súmase nesta nova convocatoria o programa “Lingua á escena” de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega para concellos que inclúe nesta primeira edición trece espectáculos.

 

Finalmente, o apartado non profesional, “Alicerce”, destinado á programación en concellos e entidades de compañías amadoras de música, danza e teatro ofrece un total de 403 espectáculos.

 

O orzamento deste ano dos programas “Escena ao Vivo!”, “Visións” e “Alicerce” ascende a 1.860.000 € aos que compre sumar 200.000 que a Deputación destina ao novo programa “Lingua a escena!”.

 

O pasado ano, a Rede Cultural da Deputación da Coruña levou un total de 1.170 actuacións aos concellos e moveu arredor de tres millóns de euros no sector. A Deputación achega o 75% do orzamento das contratacións artísticas para concellos de menos de 5.000 habitantes, un 60% para os que están entre os 5.000 e os 10.000, dun 50% aos que están entre 10 e 20 000, dun 40% aos que están entre 20 e 50 000 e dun 30% aos de máis de 50 000.

powered by social2s

debate190218.jpgNegreira acolleu a última das xornadas de formación do Club de Debate 2018, unha iniciativa promovida dende a coordenadora de equipos de Normalización Lingüística, na que o Concello de Negreira financia os gastos dos tres equipos participantes do instituto negreirés. Esta xornada de formación desenvolveuse na capital do Val de Barcala para os estudantes dos institutos de Teo, Negreira e Ferrol, quenes participarán na fase de zona no concello de Teo, o vindeiro 9 de abril, cuxo tema a debater será: A mocidade tamén ten actitudes e comportamentos machistas, de onde sairán os dous equipos que pasarán á fase final prevista para o 5 de maio, en Ferrol, co tema: As TIC favorecen o uso do galego.

 

O municipio de Ames acollerá a súa propia fase zonal, debido ao elevado número de rapaces e equipos cos que participa, mentres que Dodro agrúpase con centros de Rianxo, Pontevedra e Marín.

 

No caso do instituto de Negreira, este curso participa con tres equipos, sendo o vixente campión das dúas últimas edicións. O pasado ano impúxose na final celebrada en Santiago, por oito puntos de diferencia sobre o IES Luís Seoane, de Pontevedra, sendo terceiro o instituto santiagués de Pontepedriña.

powered by social2s

grifo.jpgDebido aos traballos de limpeza anual do depósito de auga potable que fornece a Negreira, por parte da concesionaria do Servizo Municipal de Augas, infórmase á veciñanza que dende as 23:00 horas do xoves 15 de febreiro, ata as 06:00 horas do venres 16 de febreiro, producirase un corte de subministro de auga que afectará a toda a rede de Negreira.

 

A rede considerarase en presión a todos os efectos. Pregamos que disculpen as molestias que se poidan ocasionar, e para calquera consulta poden chamar aos seguintes números de teléfono: 626 986 941 e 981 881 569.

powered by social2s