coche_prot_civil.jpgO alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, acompañado de responsables da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, asistía hoxe en Pontedeume, ao acto de entrega por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dun vehículo todoterreo tipo pick-up para o grupo de emerxencias, dun total de 10 vehículos e de 7 embarcacións que fóronlle entregadas a distintas agrupacións.

 

Trátase dunha colaboración entre Administracións para dar unha mellor resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

 

No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cangas, Marín, Mugardos, Outes, Pontedeume, Valga e A Veiga, que recibiron unha embarcación pneumática de 5 metros de eslora con remolque. Os dez vehículos todo terreo pick-up entregados foron para os concellos de Corcubión, Coristanco, Mazaricos, Neda, Agrupación de Ordes-Frades, Meira, Ribas de Sil, Mancomunidade de Terras de Celanova, Cerdedo-Cotobade e Negreira.

 

Os voluntarios e voluntarias de Protección Civil desenvolven a diario un labor fundamental para a cidadanía galega. Por iso, a Xunta leva facendo un importante esforzo nos últimos anos para reforzar os seus medios e recursos, e que distribuíuse tendo en conta as necesidades transmitidas polas propias agrupacións, e grazas a el, financiouse a adquisición de pick ups, furgonetas, remolques de emerxencias, equipos de excarceración ou embarcacións pneumáticas, entre outros.

powered by social2s

entroido120218_1.jpgA comparsa de Salceda de Caselas integrada por 86 persoas fíxose cos dous primeiros premios, en comparsas e carrozas, no prestixioso Concurso e desfile de Entroido 2018 do Concello de Negreira, un dos máis importantes da provincia de A Coruña. En segundo lugar, destacou a comparsa O bosque encantado, da agrupación Os Remolóns, de Vilagarcía de Arousa, cuxa temática resultou moi aplaudida polo público que abarrotou as rúas da vila, ao igual que coa comparsa Xigantes venecianos, dos Carnavaleiros de Liñaio, ca obtiveron o terceiro premio en comparsas e o cuarto en carrozas.

 

entroido120218_2.jpg

 

A retranca dos Carnavaleiros de Barcala estivo moi presente no desfile deste ano, onde as súas parodias tiveron como branco ao goberno municipal, e tamén, o humor xenuinamente barcalés chegou da man de Sesión vermú, quenes leváronse o primeiro premio en grupos pola súa montaxe entorno as festas máis enxebres. Antes do concurso, o actor e monologuista Pepo Suevos, encargouse de pronuncialo pregón no que fixo referencia ó moito que lle une a él, ferrolán de nacemento e amesán de adopción, con Negreira.

 

 

Disfraces individuais e parellas

1º premio: Ratatoille e os ratos larpeiros

2º premio: Pavos reais (Ribeira)

3º premio: O carro romano (Negreira)

 

Grupos medianos

1º premio: Sesión vermú

2º premio: Canta Landeira

3º premio: A Santa Compaña

 

Carrozas

1º premio: Talismán vive o arte (Salceda de Caselas)

2º premio: O bosque encantado (Os Remolóns)

3º premio: O xabarín e os millos trouleiros (Portas)

4º premio: Xigantes venecianos (Liñaio)

Accésits: Sesión vermú e Barcala unida.

 

Comparsas

1º premio: Talismán vive o arte

2º premio: O boque encantado

3º premio: Xigantes venecianos

4º premio: O xabarín e os millos trouleiros

Accésits: As colmeas (Paderne) e Cruela do Val (Bertamiráns)

Premio Juan Varela á mellor copla: Barcala unida.

 

Agradecementos

Á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira polo seu traballo nun dos principais eventos do ano, e conxuntamente ás agrupacións de Protección Civil de Ames, Padrón e Santa Comba.

powered by social2s

entroido090218_1.jpgOs desfiles esta mañá do alumnado do CEIP O Coto e mailos nenos e nenas de ata 3 anos da Escola Infantil Municipal polas rúas da vila, marcou o pistoletazo de saída aos festexos do popular Entroido 2018 do Concello de Negreira, seguido esta noite do baile amenizado pola orquestra Os Satélites, ás 23 horas, na Praza do Concello, carpa incluida.entroido090218_2.jpg

 

En canto ao gran desfile de carrozas e comparsas de mañá sábado, están anotados máis dunha vintena de participantes, destacando sete grupos medianos e oito comparsas, das cales a meirande parte compiten tamén no apartado de carrozas.

 

O desfile que arrincará ás 17:00 horas dende o Campo da Feira pola Carreira de San Mauro para percorrer as principais rúas de Negreira, rematando diante da Casa do Concello, onde ás seis da tarde terá lugar a lectura do pregón, a cargo do actor e cómico, Pepo Suevos. 

 

O Concello de Negreira manten a cuantía económica dos diferentes premios en metálico: 1.000; 600; 300; 150 e dous accésits de 100 euros, respeitivamente, tanto na modalidade de carrozas como na de comparsas. En grupos os premios serán de: 250; 150 e 100 euros, e na modalidade de individuais/parellas de 150, 100 e 50 euros, para os tres primeiros clasificados. En canto á modalidade de mellor copla ¨Juan Varela Areoso¨, a cuantía é de 100 euros.

 

Como colofón ao gran desfile de carrozas e comparsas do Entroido 2018 tralo mesmo, haberá na Praza do Concello, un baile amenizado pola orquestra Xacobeo xunto coa entrega de premios.

 

O domingo 11 de febreiro, a partir das 10 horas vaise celebrar a II Festa dos Callos que organiza a SD Negreira, baixo unha carpa instalada na Praza do Concello, e xa pola tarde, o baile de disfraces para maiores no Centro Sociocultural, a partir das sete da tarde e amenizado por un dúo musical.

 

O luns 12 de febreiro é a quenda para o baile e concurso infantil de disfraces, dende ás cinco da tarde no Centro Sociocultural.

powered by social2s

mediorural.jpgA Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural da Coruña, a través do Servizo de Infraestructuras Agrarias, informa a todos os interesados que na Zona de Reestructuración Parcelaria de Broño II, A Pena e Landeira, vanse a iniciar proximamente os traballos para facer as entradas dos novos predios que o precisen.

 

Se necesitan que se faga a rampla de entrada nun determinado lugar do seu predio, deberán marcalo con sinais ben visibles. A empresa Seaga é a adxudicataria destes traballos e poden contactar con ela nos seguintes números de teléfonos: 881 881 301 ou 689 057 363. Deberán informar do número de propietario, número de predio do acordo e deixar un teléfono de contacto.

 

Asemade, establécese a data do 16 de abril para a toma de posesión dos novos predios, o cal lle será comunicado por carta e de forma individual. Os donos de fincas disporán dun prazo de seis meses para a corta da madeira, que deberán solicitar previamente. 

powered by social2s

galadep100218.jpgA sétima Gala do Deporte de Negreira serveu de homenaxe aos nosos deportistas e clubes. O xurado, composto por membros de todos os clubes, recoñeceu o esforzo dos dous anos do Triatlón Solidario de Negreira a favor das enfermidades raras, á vez que a madriña da gala, a nena Sara Vieites Ferreiro, todo un exemplo de esforzo e superación grazas ao deporte, puso en pé a todo un auditorio como mostra do agarimo do público participante na gala no que foi sen dúbida, o momento máis emotivo da velada.

 

Houbo homenaxes tamén a Pablo Carnota Brenlla, polo súa gran vinculación co deporte de Negreira e A Baña, falecido tristemente nun accidente de tráfico o pasado ano, ou o galardón ao mellor colaborador co deporte para a empresa Hermanos Mallón, homenaxeando a un dos seus fundadores, José Mallón Vilas.

 

O premio á traxectoria deportiva foi para Carolina Vázquez, tras máis de trinta anos como adestradora da Asociación O Coto, de kárate. O galardón de mellor club do 2017 levouso a Escola Akai Ryu, que tamñen viu como o premio de mellor deportista promesa masculina foi para David Rico Balea, de oito anos, campión galego en kata benxamín e participante no Campionato de España.

 

O de mellor promesa feminina foi para Alba Cuns, xoven atleta do Atletismo Negreira, campioa galega infantil de salto de lonxitude e subcampioa en velocidade, ademáis de campioa provincial.

 

O premio ao mellor deportista de 2017 recaeu no xoven porteiro da SD Negreira de Terceira División, Rodrigo Iglesias, membro da Selección Galega que está desputando a fase intermedia da Copa das Rexións Uefa de seleccións autonómicas. Este galardón foille entregado polo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

 

O alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, estivo acompañado polo deputado provincial Antonio Leira, así como concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, alternándose premios coas actuacións de alumnas da Escola de Ximnasia Rítmica, do mago Romarís e o colofón do espectáculo aéreo da compañía IO.

powered by social2s