cerebro.jpgO venres 2 de febreiro no Telecentro da Casa da Cultura, de 18:00 a 19:00 horas, vai ter lugar esta charla sobre o dano cerebral adquirido, e que vai ser impartida por Olalla Domínguez Díaz, traballadora social da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.

 

Entre os temas a tratar: Ictus; traumatismos cranoencefálicos e outras causas. Factores de prevención e recuperación. A veciñanza interesada pódese anotar en Servizos Sociais, ou chamando ó número de teléfono: 981 88 53 81.

powered by social2s

fisio250118.jpgDirixido a persoas maiores dependentes ou con discapacidade e con mobilidade reducida, o Concello de Negreira, coa financiación da Deputación da Coruña, pon en marcha un ano máis o seu programa de fisioterapia e podoloxía, con atención de balde no domicilio.

 

A veciñanza interesada debe solicitar os servizos no departamento municipal de Servizos Sociais, tendo de prazo até o día 21 de febreiro de 2018. Pódese obter máis información chamando ó número de teléfono: 981 88 53 81.

powered by social2s

galadeporte2018.jpgO venres 2 de febreiro no Auditorio do Centro Sociocultural, terá lugar a sétima edición consecutiva dunha gala de entrega duns premios que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante.

 

A 7ª Gala do Deporte comezará ás 21:00 horas e, ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, tamén haberá actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de 90 minutos.

 

Os galardoados/as na sexta edición foron os seguintes:

 

Mellor deportista do 2016 - Alba Vázquez Corzón (kárate).

Mellor deportista promesa - Valeria Torreira González (Ximnasia rítmica).

Mellor equipo - Club de Tenis Negreira (Equipo +45).

Recoñecemento a traxectoria - José Manuel García Estévez (adestrador de atletismo).

Recoñecemento colaborador co deporte - Jesús Mancebo Rojo, a título póstumo.

Recoñecemento especial - Jesús Rey Ferreiro (Negreira Veteranos).

powered by social2s

davila.jpgDeseñador gráfico pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, da Coruña, e enxeñoso humorista gráfico, Luis Davila é o responsable da elaboración do cartaz anunciador das grandes festas do Entroido barcalés deste 2018, do 9 ó 17 de febreiro, en que as xentes de Negreira e quenes nos visitan viven de maneira singular unha festa de arraigo popular, do propio pobo.

  

Luis Davila é o autor dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras de humor O Bichero e O Fotomatón, nas páxinas do xornal Faro de Vigo, pero tamén fai cavilar aos seus lectores, porque coma él mesmo dí «debuxar é a miña voz, é o meu altofalante, e o meu xeito de expresarme. Recoñece que O Bichero «ten na idiosincrasia galega o seu éxito», e que vivir en Galicia «é a miña inspiración, aparte da actualidade diaria. Esta actualidade mestúroa coa nosa maneira de ver a vida. O xeito en que os galegos se toman as cousas está reflectido na miña tira».

 

Luis Davila xunto con Carlos Blanco, unen os seus talentos en divertidos espectáculos co público en directo. En novembro de 2016 fixérono coa estrea do ciclo Menú da fala, da Deputación da Coruña, no Auditorio de Negreira.

 

pepo_suevos3.jpg

 

O actor Pepo Suevos, pregoeiro do Entroido

 

Comezou a súa andaina profesional coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da Televisión de Galicia, e tamén nalgúns programas da pequeña pantalla. En outubro de 2017 participou no 5º Ciclo de Monólogos de Negreira.

 

A súa bagaxe na pantalla grande comezou en 2002 con Entre bateas, de Jorge Coira, seguíndolle outros filmes como Ilegal (2003), de Ignacio Vilar; Máis ca irmáns (2005), de Ramón Costafreda; Heroína (2005), de Gerardo Herrero; Chapapote…o no (2006), de Ferrán Llagostera; El partido (2006), de Juan Calvo; Unha muller invisible (2007), de Gerardo Herreo; Padrolongo (2008), de Ignacio Vilar , e A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.

 

En televisión participou en series de éxito como Pratos combinados; Mareas vivas; Rías Baixas; Terra de Miranda; As leis de Celavella; Hospital Central (Telecinco); Padre Casares e Matalobos, así como en programas como Luar ou O show dos Tonechos, entre outros.  

 

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira acordou fixar para o sábado día 3 de febreiro, ás 13:00 e diante da Casa do Concello, a celebración dun acto de apoio á familia da pequena Julia, así como a todas aquelas outras que padecen unha enfermidade rara para que sexan recollidas no Real Decreto 1148/2011,  e teñan acceso aos mesmos dereitos como as compensacións económicas pola reducción da xornada laboral dos pais e nais para atender aos seus fillos/as, dentro sistema da Seguridade Social, posto que a aplicación do Real Decreto está dando lugar a situacións de desprotección para as familias de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, o que conleva unha constante atención e coidado  dos menores.

 

A realidade revela que a aplicación práctica do Real Decreto 1148/2011 está dando lugar a situacións de desprotección en supostos de enfermidades graves e incapacitantes, en menores que precisan unha constante atención e coidado, pero que non poden incluírse na listaxe de 109 enfermidades que recolle o Real Decreto, nin tampouco, nas cláusulas abertas contidas no mesmo.

 

Respecto da concesión das prestacións, o verdadeiramente relevante non é tanto a inclusión do nome exacto da enfermidade na listaxe, senón si esa enfermidade é en verdade grave ou invalidante.

powered by social2s