O servizo de Orientación Laboral créase no marco da colaboración, dende agosto de 2008 ata a actualidade, entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Negreira.
O obxecto desta colaboración é levar a cabo accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional (IPI) e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria co Concello de Negreira, como instrumento para promover a mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no SPEG.
Son funcións propias da orientadora laboral todas aquelas actuacións de información, orientación profesional, motivación, asesoramento, diagnóstico e determinación do perfil profesional e de competencias, deseño e xestión da traxectoria individual de aprendizaxe, busca de emprego, intermediación laboral e, en resumo, as actuacións de apoio á inserción das persoas beneficiarias.
Podes solicitar cita de orientación laboral na túa oficina de emprego ou a través da Oficina Virtual do SPEG.