A Sociedade Folclórica Veiga do Cotón non se deu por vencida coa obrigada suspensión da vinteoito edición do Día da Muiñeira, que debía celebrarse este primeiro sábado do mes de xuño, atraendo ata a nosa vila, a agrupacións folclóricas de toda a provincia da Coruña como vén sendo habitual no final da primavera. Como queira que as restriccións do estado de alarma non permitían a súa celebración física, é polo que dende Veiga do Cotón e mailo Concello de Negreira, decidiuse celebrala de forma virtual este sábado.

 

O evento poderá seguirse dende a páxina de Facebook do Concello de Negreira, este sábado día 6 de xuño, a partir das seis da tarde.

 

A organización agradece a colaboración do grupo anfitrión Veiga do Cotón, así como os grupos: Terra de Ames; Churía de Zas; Rosalía de Castro, de Padrón; o ex compoñentes do grupo Eidos, da Coruña, ou a agrupación Xilbarbeira, de Boiro, entre outros grupos participantes.

powered by social2s

Os cidadáns que desexen acudir a algunha oficina do Catastro deberán obter con antelación, unha cita previa para ser atendidos. Pódense obter a través da Sede Electrónica (ww.sedecatastro.gob.es), o na liña directa do Catastro 902 37 36 35 / 91 387 45 50). A súa obtención é imprescindible para acudir a unha xerencia do Catastro para obter información catastral, presentar documentos ou expedientes, realizar consultas, obter notificacións, ou realizar calquera outro trámite relacionado co Catastro.

 

A implantación de esta medida resulta imprescindible para garantir o cumprimento das medidas e protocolos de seguridade dictadas polas autoridades sanitarias en relación coa Covid-19.

powered by social2s

O Concello vén de incorporar ao seu parque móbil unha retroexcavadora mixta totalmente nova, con martillo picador e unha barredora, entre outros equipamentos para realizar os traballos da Brigada Municipal de Obras.

 

 

A nova retroexcavadora foille entregada este luns 1 de xuño ao Concello mediante a subministración do contrato por un importe de 91.454 euros, a través da súa adxudicación pública no Plan POS + 2019  (Plan de Obras e Servizos), na súa anualidade de 2019.

 

Este novo equipamento vén a suprir a antiga retroexcavadora municipal con moitos anos de servizo as súas costas e pretende reforzar o traballo que desenvolve a diario a Brigada Municipal de Obras na mellora e conservación da rede viaria municipal ou, en traballos específicos para a que sexa requerida.

 

powered by social2s

A Asociación para o Desenvolmento Rural GDR Terras de Compostela, organiza o luns 8 de xuño en Negreira, un taller formativo sobre medidas hixiénico - sanitarias fronte a Covid-19 dirixido ao sector turístico, e que pretende ofrecer os coñecementos para a posterior implantación de protocolos que eliminen ou reduzan ao máximo, o risco de contaxio por parte de hóspedes, clientes e traballadores.

 

Esta formación é de carácter gratuíto e levarase a cabo o luns 8 de xuño, de 16:30 a 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, nº 11), con aforo limitado, polo que é necesario realizar a reserva de praza por orde de inscrición.

 

As inscricións pódense realizar a través do Servizo Local de Emprego (881 035 150 / 881 035 162), ou a través da Asociación Terras de Compostela no seguinte email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

A Asociación Terras de Compostela informa que emitirase un certificado acreditando a asistencia á formación de medidas hixiénico - sanitarias fronte á Covid_19.

powered by social2s

Poden solicitarse ata o día 11 de xuño dentro do Plan de Emprego Local (PEL) e están convocadas pola Deputación da Coruña e dirixidas a autónomos e pequenas e medianas empresas. Na liña PEL-PEMES, a Deputación financia ata o 70% do salario dun traballador/a contratado durante un período de un ano. Na liña PEL-Emprende subvenciona novos investimentos en empresas de menos de cinco anos con ata 17.500 euros.

 

O prazo de solicitudes, que fora suspendido en marzo debido ao estado de alarma, retómase de novo a partir de hoxe luns e estará aberto ata o vindeiro 11 de xuño.

 

A liña PEL-PEMES subvencionará ás pequenas empresas e autónomos con sede nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. A Deputación financiará o 70% do soldo e a Seguridade Social do traballador contratado, ata un máximo de 15.400 euros anuais.

 

Habilítase tamén unha liña PEL-PEMES Mantemento, coa que a Deputación subvenciona o mantemento das contratacións laborais indefinidas da convocatoria anterior do programa durante un ano máis. Deste xeito, as empresas poden optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2019 durante 12 meses máis. Nestes casos, a Deputación financiará o 50% do soldo e Seguridade Social do traballador cun importe máximo de 11.000 euros anuais. Estes contratos son sempre de carácter indefinido.

powered by social2s