As Escolas Deportivas Municipais volven a coller certa normalidade co inicio das competicións deportivas comarcais, neste caso coa "Liga Exprés" de Futbol Sala, que comeza este venres 11 de febreiro coa disputa da 2ª xornada, debido ao aprazamento da primeira. O pavillón municipal de Pedra Mámoa alberga tres partidos dende as 16:30 horas.

 

Negreira conta este 2022 con cinco equipos dende a categoría Prebenxamín ata a Alevín. E para esta primeira xornada serán "Os Miúdos" de Muros, o rival do equipo Negreira A.

 

Por outra banda, o equipo de baloncesto do Concello de Negreira está a disputar a Liga de Minibasket Zonal Masculina, tralo acordo co Club Baloncesto Brión. Froito deste acordo creáronse dous equipos, un de Minibasket (Sub-12) e outro de Babybasket (Sub-8), que agardan seguir medrando para fortalecer o baloncesto no noso concello.

 

De cara a primavera, tamén agardamos poder levar a cabo outras iniciativas deportivas como a Gala de Ximnasia Rítmica, torneos de xadrez, miniligas de pádel, ou competicións de tenis.

 

#NegreiraÉDeporte

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira aprobou cos sete votos a favor do grupo de goberno (PSdG-PSOE), e maila abstención dos seis concelleiros do Partido Popular; o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2022.


O goberno municipal reserva unha contía de 253.027,49 euros destinada a gasto corrente. Dentro da achega provincial de 2021 se inclúe os seguintes proxectos: Mellora dos accesos ás igrexas de Gonte e Xallas, e un vial en Campos, por 63.754,43 euros, e maila humanización do adro da igrexa de Liñaio, por 82.848 euros, e que fan un total de 146.602 euros de investimentos.

 

Dentro do Plan Complementario 2022 inclúense os seguintes proxectos por un montante de 652.704,02 euros:


• Aglomerado de vía municipal dende a DP-5602 en Vilaserío á DP-5604 en Pesadoira, por 94.612 euros.

• Pavimentación e recollida de pluviais na avenida Xulián Magariños e en Campos, por 130.735 euros.

• Asfaltados de vías municipais en: Porqueira; Maio Grande-Liñaio; Rons-Pedralonga; Fontemirón-Portor; Quintenla-Vilaserío; a Igrexa de Campolongo, e Vilar de Arriba. En total: 156.743 euros.

• Aglomerado de vía municipal dende A Chancela ata A Barquiña (AC-447), por importe de 173.509 euros.

• Reurbanización do camiño do Cancelo a Cobas, por 97.102 euros.


Por último, aprobouse por unanimidade da Corporación, o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ADICIONAL 1/2022 Gasto social extraordinario, por un montante de 88.559 euros para a ampliación e dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social ou vítimas da violencia de xénero. Tamén se destinan fondos a ampliar o servizo de axuda no fogar.

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira celebra sesión que terá lugar, con carácter extraordinario o próximo mércores, día 9 de febreiro de 2022 ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

 

1º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ 2022”

 

2º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2022 Gasto social extraordinario”.

Attachments:
Download this file (Convocatoria Pleno.pdf)Convocatoria Pleno.pdf
powered by social2s

Debido a queixas veciñais constantes sobre o estado de sucidade e abandono que presentan os contedores de cartón e plásticos, lembrámoslle a nosa veciñanza que contamos cun servizo de recollida semanal que se realiza todos os martes.

 

É importante ter en conta os seguintes puntos para o bo funcionamento do servizo e a convivencia entre os nosos veciños/as:


• Intentar, na medida do posible, depositar os residuos dentro dos contedores. Para isto, deben ser dobrados correctamente os cartóns e depositados individualmente os residuos de plástico. Procurar non deixar caixas enteiras, ou bolsas sobre ditos recipientes.

 

• Soamente se están cheos, deixaranse depositados nun lado dos mesmos. Polo ben da convivencia e o respecto, aquelas persoas que teñan un elevado volume de cartóns ou plásticos, deberán depositalos o mesmo día da recollida, ou ben, o día anterior, pero nunca antes nin durante a fin de semana. Recordamos que en días de choiva, ou de eventos e outros actos, fan que a imaxe de todos os residuos depositados incorrectamente sexa nefasta para o noso pobo e a nosa economía.

 

• No caso de ter que tirar outro tipo de voluminosos, temos un servizo mensual de recollida dos mesmos chamando previamente ó número 981 885 250, ou acudindo persoalmente ó Punto Limpo, sito no Polígono (664 042 601), co seguinte horario:

 

Luns a xoves: 10:00 a 14:00 horas
Venres: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Sábados: 10:00 a 14:00

 

powered by social2s

A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación de vivendas nos concellos que se localizan na Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, que poderán optar a unha subvención de ata 25.000 euros por inmoble.

 

Este programa de incentivos beneficia á veciñanza dos 126 concellos que se integran nunha das nove rutas desta área supramunicipal e, está dotado dun orzamento de 725.722 euros.
As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade.

 

O prazo vai a estar aberto ata o día 30 de setembro.

 

Consulta as bases e formularios da solicitude:
https://www.xunta.gal/.../AnuncioC3Q2-231221-0001_gl.html 

powered by social2s