Ponte Maceira

Unindo os concellos de Ames e Negreira atópase esta ponte románica remodelada durante a Idade Media que sobrepasa o río Tambre.

Bela ponte medieval composta por un arco de medio punto central, peitoriles, lombo e arcos laterais.

Os seus paramentos son de sillares de granito moi escurecidos polos liques e fungos con talla regular na zona baixa, reducíndose a súa calidade cara aos tímpanos, onde se traballou con “sillarejo” e “mampuestos”.

A súa calzada é estreita, sen viarias e solado de “lajas” de pedra granítica ao estilo medieval.

No vértice central do taboleiro, sobre o arco dominante da ponte.

Igrexa de Campolongo

Igrexa parroquial de aire medieval, aínda que a súa data está sen definir.

Con planta rectangular e nave principal a dúas augas, conta cunha fachada sinxela na que se atopa a porta de entrada de madeira e enriba una ventá rectangular.

Non ten campanario, pero si ten unha especie de Espadana moi sinxela que sostén unha campá. 

Igrexa Parroquial e Virxe da Paz, en Arzón

A Capela parroquial de San Cristovo de Arzón é de planta rectangular e unha soa nave con cuberta a dúas augas. Espadana simple dotada dunha soa campá e culminado cunha cruz.

No seu interior atópase a Virxe da Paz. Unha talla de alabastro duns 60 Cm de altura de pé, sobre unha peaña octogonal. Leva un manto cruzado sobre o peito e coroa sobre o velo que lle cubre a cabeza. Sostén o neno e porta unha túnica que deriva dous sistemas composteláns so século XII e unha coroa de tradición románica (figuras do Mestre Mateo). O seu rostro persegue unha intención naturalista con matices que subliñan a nova sensibilidade gótica. Ben puidera tratarse dunha talla do século XV ou dun produto dunha arte popular e retardadora (século XVI).

Cruceiro de San Pedro de Xallas

Este cruceiro ten pousadoiro, decoración do pedestal e elegante capitel. Amosa un cruzado de liñas finas, outra figura abrazándose e unha Virxe que está a ser coroada por dous anxos de corpo enteiro, que parecen baixar do ceo.

Cruceiro de Landeira

Cruceiro formado por una plataforma de dous niveis circulares. A súa base cadrada contén unha hendidura.

Fuste simple e capitel ornamentado con adornos florais. Na súa cruz cuadrangular pódense contemplar duas figuras.

Cruceiro de Liñaio

Cruceiro próximo a igrexa e elaborado en pedra de granito. A súa plataforma está formada por catro niveis onde anexa una base cadrada.

O seu fuste é hexagonal e o capitel ten ornamentación flora.. A súa cruz cuadrangular contén dúas figuras. 

Cruceiro de Gonte

Cruceiro situado dentro do recinto parroquial e elaborado en pedra de granito. A súa plataforma está formada por tres niveis onde anexa una base ornamentada. O seu fuste é hexagonal e o capitel ten pouca decoración. A súa cruz cuadrangular contén dúas figuras.