Igrexa Parroquial da Pena

Na parroquia de A Pena encontramonos coa Iglesia Parroquial de San Mamede de A Pena.

Recinto parroquial formado por un cemiterio, igrexa e casa parroquial.

A igrexa ten pranta en cruz, data de 1854. A súa Espadana foi reformada no s. XXI. Consta dun só corpo de campás e pilastras nos esquinais.

Igrexa Parroquial de Alvite

Ao Oeste do concello, antes de chegar a Campolongo, atopámonos coa parroquia de Alvite. Nela, temos o pracer de ver unha igrexa en bo estado.

Posúe unha fachada sinxela na que resalta a espadana dun só corpo de campás con pilastras nos esquinais e remate de pequena espadana sobre a cornixa entre pináculos de pirámides.

Igrexa de San Xián de Negreira

Datada do século XVIII (1799), posúe unha fachada sinxela na que cabe destacar a torre de dous corpos e remate en lanterna. No seu interior atópase a cruz parroquial de Negreira, a cal é unha xoia barroca manierista.

Igrexa de Santa Olalla ou Baia de Logrosa

A Igrexa de Santa Olalla ou Baia de Logrosa é testemuña de arte desde as culturas prehistóricas e parece ter sido unha área intensamente romanizada. No seu adro acháronse sartegos antropoides.

 

Atópase unha pía bautismal que data dos séculos X-XI que caracterízase tanto polos temas dos seus gravados, uns debuxos con formas de animais, como pola técnica utilizada para a súa realización, a de reserva mediante cicel.

Igrexa Parroquial de San Estevo de Landeira

O seu arco triunfal, na capela maior, deprimido, é o seu único vestixio conservado do primitivo templo do medievo. Son importantes as súas columnas con capiteis vexetais esquemáticos e as súas bases áticas, detalles propios do modo de facer románico. No ano 1928 déronlle máis alto os muros para facer unha bóveda de tixolos, facendo que desaparecesen do exterior as solucións do románico.

Capela de San Brais de Portor

Na parroquia de Portor, na mesma Ponte Maceira, sitúase a Capela de San Brais de Portor datada do XVII. Posúe unha pequena e graciosa espadana sobre o muro Sur da capela. No XX enriqueceuse cunha ábsida semicircular neorrománica.

Igrexa de Liñaio

No Sueste do Concello está a parroquia de Liñaio e nela podemos contemplar unha igrexa con fachada do século XVIII de porta de catro orellas e espadana sobre entaboamento de placas.

No interior, pódese ver prebisterio que conta cunha bóveda de crucería que a cobre, estrelado por terceles rectos, con catro puntas e nervios de sección mistilínea.

 

O seu retablo é totalmente pétreo e contén a imaxe de dous San Martiño (santo titular da parroquia): O Papa e o Bispo acompañados de outras tallas e elementos decorativos en granito policromados con perfeccións realizadas en espírito renacentista. 

Capela do Evanxeo, Lueiro

Ó sur do Concello, atopámonos coa Capela do Evanxeo. No seu interior existe un retablo da Virxe Peregrina realizado en granito policromado neoclásico.

 

Doutra banda, pertencente a arte medieval, atopamos a Cruz procesional de Lueiro, latina e florenzada, inscrita tamén no goticismo en a oirivería compostelá dos anos 1500.

Igrexa de Covas

Entre as parroquias de Negreira e Zas, ó Norte  do concello está a parroquia de Covas. Nela atopámonos cunha igrexa que aparenta ser moi sinxela. No seu exterior non se atopan adornos mentres que no seu interior posúe un retablo rococó no cal se enmarca a Virxe das Neves, acompañada dunha lámpada isabelina de latón.

Esta Virxe ofrece solucións góticas: o neno no colo, pregues acartonados e túnicas, rostros macizos e frontalidade. Podería datarse do século XVI con sabor do XV.

Como se pode contemplar, esta igrexa non ten campanario integrado, o cal atópase a uns metros, illado do templo parroquial, situado nun terreo máis elevado ca igrexa para convocar mellor a veciñanza. Este campanario posúe unha espadana co XVIII.

Igrexa de Bugallido

Na parroquia de Bugallido, contemplamos unha igrexa pequena cun só campanario.

Cabe destacar o baldoquino que se atopa dentro do recinto, ou cal pretendía a unha igrexa máis antiga situada non mesmo predio.

 

A igrexa actual ofrece unha portada decimonónica moi resolta.