foto portada nova.jpg

 

O Verán Cultural 2021 continua con música e actuacións no patio interior do CEIP O Coto. Este sábado 21 ás dez estará en Negreira unha das agrupacións máis importantes do folk en galego, Luar na Lubre.


Tras trinta e cinco anos de traxectoria e unha vintena de proxectos, o grupo organiza unha nova xira nacional para presentar o seu último lanzamento: “Vieiras e Vieiros, historias de peregrinos”, un viaxe nas historias do Camiño de Santiago co son característico de Luar na Lubre que saíu á luz durante o 2020. Os asistentes poderán gozar dun repertorio moi variado, con temas deste último álbum e as cancións máis soadas do afamado grupo galego.


No escenario tamén os acompañarán os oitenta membros da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos. Ofrecerán unha actuación de canto coral, baile e música tradicional galega.

foto fondo nova.jpg

 

mercado saldos.jpg

 

A Asociación de Empresarios de Negreira (ENE) organiza por segundo ano consecutivo o mercado de saldos para potenciar o comercio local e impulsar a economía do Concello. Catorce establecementos do municipio ofrecen as mellores ofertas:


Lúa Moda, Estipel, Bárbara Torres, Lunares y Pecas, María Recarey, Abraham Fotógrafas, Grupo Chancela, Garsport, Katarina, Presume Bambino, Gran Vía, Breogán Deportes, We Are B e Antonio Baliñas S.L.


Durante esta fin de semana, os achegados poderán beneficiarse de descontos de ata o 70% en todo tipo de seccións, dende roupa de tempada e elementos de decoración ata automóviles.


Despois de cada venda, os usuarios obterán vales para trocalos por lotes de produtos ou actividades lúdicas. A partir de hoxe, a ENE disporá xogos de animación polas rúas, pintadas, globoflexia e inchables na praza do Concello para os nenos e nenas.


Ademais, a semana que vén organizará un sorteo entre todos os tickets de compra xerados nos locais participantes entre os días 11 e 22 de agosto para agasallar a tres deles cun bono de cen euros para gastar en tenda. Os afortunados anunciaranse dende Radio Negreira o próximo venres.

madrugadores2021.jpg

 O Concello de Negreira, abre o prazo de inscrición para o Programa Madrugadores que se desenvolverá nas instalacións do CEIP O Coto.

Está dirixido a familias con menores de 3 anos a 12 anos durante o curso lectivo 2021-2022 e terá prazas limitadas.

 

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde de inscrición e os seguintes criterios recollidos no Regulamento Negreira Concilia (BOP do 7 de maio de 2021):

1º criterio.- Familias con menores empadroados no Concello de Negreira.
2º criterio.- Familias que aporten informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.
3º criterio.- Familias numerosas.
4º criterio.- Familias monoparentais.
5º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
6º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no Concello de Negreira.

 

Documentación a aportar:

- Modelo normalizado da ficha de inscrición.
- DNI dos responsables do menor.
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Declaración de IRPF e no caso de non presentala certificación negativa.
- Acreditación da situación laboral dos proxenitores e dos criterios de adxudicación de prazas. 

 

Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.
2.- Reducción por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.

 

O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

O desenvolvemento do programa Madrugadores realizarase seguindo un estricto protocolo de seguridade adaptado as circunstancias que se están a vivir debido a COVID-19.
As solicitudes poden presentarse nas oficinas do rexistro da Casa do Concello.

Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres de Negreira, solicitando cita previa no número de teléfono 981 886320/662370448, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 24 ao 31 de agosto de 2021. 

fotoportada27.jpg

Este venres, día 27, celebrarase o Festival de Folklore de Negreira no patio interior do CEIP O Coto ás oito da tarde. Actuarán o grupo de Baile Xilbarbeira, de Boiro, a Colha de Santa María de Mijarán, do Vall d’Arán, e a Asociación Folklórica Veiga do Cotón de Negreira. A asistencia ao festival é de balde, máis cómpre rexistrarse nunha ligazón dispoñible nas redes sociais do Concello de Negreira.

Ao día seguinte, sábado 28, actividades urbanas e actuacións musicais no Wakau Urban Fest. A Vella Escola de Noia organiza mostras de graffiti, parkour, skate park e waterslide ás cinco da tarde e obradoiros de DJ, de estampación de camisetas e de breakdance ás seis e media. A partir das dez e media da noite, o patio interior do CEIP O Coto acollerá as actuacións de Monoulious DOP, FØ Records, Siete Veinte e Bassi.

O domingo 29, espectáculo de maxia na praza do Concello co gran David Maestro. O mago, coñecido a nivel nacional polas súas numerosas aparicións en programas de televisión, presentará a X Gala de Maxia para todos os públicos e xogará coas mentes dos achegados facendo un espectáculo de ilusionismo incluido na súa xira máxica de verán.

 

fotofondo27.jpg

foto-portada.jpg

A fin de semana, do 3 ao 5 de setembro, Negreira celebra a súa décimo cuarta Feira do Románico na contorna do Pazo do Cotón. É por isto a partir do xoves día 2 as 13.00 h, a Carreira de San Mauro quedará cortada ao trafico por motivos de organización e haberá desvíos alternativos pola Abeanca, A Chancela e Vilachán de Abaixo. Así mesmo, tamén comezarán os traballos de decoración das rúas e do mercado.

 

As principais zonas da vila as que afecta a feira son a Carreira de San Mauro e Rúa do Carme onde se emprazaran as tendas de artesanía. Na Praza do Concello estarán a zona infantil así como a tirolina. A zona da Capela do Cotón e ao Campo da Feira resérvanse para os espectáculos e demostracións.

 

Será esta unha edición onde o protocolo establecido pola Covid estará moi presente, polo que se fai un chamamento aos visitantes para que sigan as normativas e recomendacións sanitarias como o uso de mascarillas e distancia interpersoal.

 

A celebración comezará o venres as 18:00h con actividades variadas e un gran espectáculo de lume na praza do Cotón denominado “ A Forza da Queimada” programado no campo da feira para ás dez da mandos especialistas Hípica Celta.

 

Para o sábado ás doce do mediodía cando as autoridades locais e a Corporación Municipal inauguren de maneira oficial á Feira do Románico, xusto antes dos espectáculos e acrobacias de Cuca Cantillo que estará na Praza do Cotón á unha. Pola tarde, o Fakir “Flakin” ocupará o mesmo lugar para ofrecer unha sesión de malabares e humor dirixida aos máis pequenos da familia ás sete e media. Unha hora máis tarde, o campo da feira acollerá unha das citas máis importantes do Románico: o gran combate medieval a mans da compañía Hípica Celta. Pola noite, batucada “Olodum do Coio” de Grimorium e mostras de pirotecnia por Asaco Circo na praza do Cotón a partir das dez e cuarto.

 

O domingo a feira abre ás once con máis pasarúas da man de Turdión e Hípica Celta. O ambiente medieval continuará ás doce coa actuación musical “Canta Compaña” na Capela e as acrobacias de Cuca Cantill, que se estenderán ata as sete e media. Para rematar, teatro a pé de rúa con Troula Animación e a mostra “Errantes”.

foto-fondo.png

Principal.JPG

 

Dentro das actuacións impulsadas polo Goberno local para a mellora integral de espazos públicos como rúas, avenidas e prazas, o Concello acaba de incorporar ao seu parque móvil municipal unha máquina varredora profesional ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña de concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021.


Ao noso concello foille concedida pola Xunta de Galicia unha subvención por importe total de 69.701 euros para a adquisición dunha varredora profesional para limpeza.

 

Foto 2


Este novo equipamento vén a reforzar o servizo de limpeza e mantemento, dando un paso máis no plan de mellora de beirarrúas, rúas e zonas verdes do noso municipio.

Diseño sin título (10).png

 

A Corporación Municipal de Negreira celebrará o luns, día 13 de setembro, ás 21:00 horas, unha sesión do Pleno, con carácter ordinario, conforme á seguinte orde do día:

 

1º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 205/2021 ó nº 240/2021, ambos inclusive.

2º.- Conta Xeral do orzamento do exercicio 2020.- Aprobación.

3º.- Comisión de Honras e Distincións do Concello de Negreira.

4º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles.

5º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas.

6º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras.

7º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada e saída de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

8º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

9º.- Concellos Doing Business Galicia.

10º.- Modificación orzamentaria.- Crédito extraordinario.

11º.- Transferencia de crédito entre distintas áreas de gasto.

12º.- 2ª Fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) Adicional 2/2021

13º.- Proposta de acordo que formulan os Grupo Municipais do PSdeG-PSOE e do P.P., integrantes desta Corporación, en relación cos parques eólicos

14º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. para que se executen as actuacións recollidas no anteproxecto denominado “Módulo exterior de atletismo e estudo de costes”.

15º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. coa finalidade de que se coloque un sistema de videovixiancia no parking de camións do polígono industrial.

16º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. para que se proceda á remodelación integral do parque do Coto.

17º.- Rogos e preguntas.

 

Concilia Merendas 2021-2022.png

Dirixido a familias con menores de 3 a 12 anos durante o curso lectivo 2021-2022, levarase a cabo nas instalación do CEIP O Coto, con prazas limitadas.

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde de inscrición e os seguintes criterios recollidos no Regulamento Negreira Concilia (BOP do 7 de maio de 2021):

 

- 1º criterio.- Familias con menores empadroados no Concello de Negreira

- 2º criterio.- Familias que aporten informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares

- 3º criterio.- Familias numerosas

- 4º criterio.- Familias monoparentais

- 5º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero

- 6º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no Concello de Negreira.

 

 

Documentación a aportar

 

- Modelo normalizado da ficha de inscrición.

- DNI dos responsables do menor.

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.

- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.

- Declaración de IRPF e no caso de non presentala certificación negativa.

- Acreditación da situación laboral dos proxenitores e dos criterios de adxudicación de prazas.

 

Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:

- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.

- Reducción por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%

 

O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

As solicitudes poden presentarse nas oficinas do rexistro da Casa do Concello. Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres de Negreira, solicitando cita previa no número de teléfono 981886320 / 662370448, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o do 17 ao 24 de setembro de 2021

 

O desenvolvemento do programa Merendas realizárase seguindo un estricto protocolo de seguridade adaptado as circunstancias que se están a vivir debido a COVID-19.

Datos adxuntos:



Principal.JPG

 A veciñanza de Negreira e comarca poderá asistir, de xeito gratuito, á proxección da primeira etapa do documental “Historias do Último Camiño”, este venres 24 de setembro, ás 20.30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura (acceso pola Carreira de San Mauro). A peza está presentada por Brais Doval e producido por Vizuals Lab, e percorre o Camiño entre Santiago e Fisterra.


Este proxecto, un webdoc interactivo, forma parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e pretende mostrar a veciños e visitantes os lugares de interese da ruta, mais tamén todas aquelas historias que nacen ao seu arredor: iniciativas empresariais dos veciños, curiosidades e anécdotas, historias persoais de xente que “vive no Camiño”…
Na proxección deste venres 24 en Negreira, os asistentes visionarán os 15 primeiros minutos do documental, filmados na ruta entre Santiago e Negreira. Nesta primeira etapa, Brais Doval sae da capital galega para visitar lugares como o Alto do Sarela, a Ponte de Roxos, Trasmonte ou Pontemaceira, e desfruta tamén das historias dos veciños de Augapesada, visita as instalacións de Fisterra Bovine World e mesmo asiste aos ensaios do espectáculo orquestral “Xuntos polo Camiño”. 

 

Foto-2.jpg


“Historias do Último Camiño” é un proxecto documental interactivo que estará dispoñible na rede a partires do 30 de setembro. O usuario poderá escoller entre visionar o documental enteiro, ou acceder a pezas específicas sobre os diferentes lugares polos que pasa e ás entrevistas coa veciñanza, ademáis de ter contidos adicionais (mapas, audios, infografías…). En cada fin de etapa haberá unha xuntanza cos veciños par aproxectar as gravacións, e Fisterra será o lugar onde se celebrará un evento final, presentado por Brais Doval, para mostrar o documental completo. Porque non se trata só dunha ruta, facer o Camiño implica mergullarse nas súas paisaxes, na súa historia, na súa cultura e, sobre todo, na súa xente.

tarxeta.jpg

A mocidade de Negreira menor de 21 anos pode realizar ata 60 viaxes interurbanas gratis ao mes no transporte público de Galicia, sexa cal sexa a orixe e o destino, grazas á Tarxeta Xente Nova que expide a Xunta de Galicia.

 

Só haina que solicitar na oficina de Abanca, se ben no caso de ser menor de 18 anos, a solicitude débea facer un representante legal do menor. Coa tarxeta, haberá que cargarlle cartos nos caixeiros de Abanca. Pode facerse en efectivo, con tarxeta, co móbil ou coa banca electrónica. 

 

As viaxes realizadas pagaranse coa Tarxeta Xente Nova e posteriormente a Xunta reintegrará o importe na mesma tarxeta, para o que haberá que aceptar a recarga nun caixeiro de Abanca. A bonificación das viaxes da primeira quincena dun mes estará dispoñible a partir do día 5 do seguinte mes e as da segunda quincena poderán aceptarse a partir do día 20.

 

As tarxetas están dirixidas a idades entre 4 e 21 anos. Lembramos que ata os 3 anos, o transporte público en Galicia é gratuíto.

 

Para maior información: https://www.bus.gal/es/xente-nova