PROGRAMA DIRIXIDO A POBOACION INMIGRANTE
O Programa de Mediación Intercultural en Negreira (2025–2027) ten como finalidade mellorar a convivencia e a cohesión social no concello mediante un servizo profesional de mediación que facilita a comunicación, prevén conflitos e reduce barreiras lingüísticas, culturais e administrativas. O proxecto diríxese especialmente a persoas migrantes e ás súas familias, e tamén apoia a coordinación con servizos municipais, centros educativos e recursos comunitarios, favorecendo o acceso efectivo a ámbitos clave como saúde, educación, emprego, vivenda e atención social.
A actuación desenvólvese no marco dunha subvención concedida ao Concello de Negreira, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no Programa FSE+ Galicia 2021–2027, e conta coa participación da Xunta de Galicia.
SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
QUE É O SERVIZO MUNICIPAL TERAPÉUTICO?
O Servizo Terapéutico Municipal de Negreira ofrece unha atención especializada e interdisciplinar, levando a cabo intervencións multidimensionais e de tipo biopsicosociosanitario, na poboación menor dos seis anos en adiante. Este servizo ten por obxecto garantir a vida independente, autonomía das persoas en situación de dependencia e previr a aparición de calquera situación de risco ou vulnerabilidade naqueles menores maiores de seis anos con algunha dificultade da linguaxe, desfase ou alteración curricular, así como persoas con dificultades cognitivas e/ou executivas graves.
A atención a poboación destinataria realizarase no local habilitado ao efecto, así coma nas dependencias do concello. En canto a situación puntuais facilitarase o traballo en medio aberto para garantir a adaptabilidade a zona. O servizo prestarase en horario de maña de 8:00 a 15:00, cinco días por semana. En horario de tarde realizarasen dous días a semana un total de catro horas (un de intervenión directa e outro indirecta).

Cales son as nosas funcións?
- Acollida, valoración evolutiva e intervención interdisciplinaria dos nenos de 6 a 14 anos con trastornos ou situacións vulnerables do desenvolvemento.
- Achega e aplicación integrada de técnicas relacionais, de estimulación, psicomotricidade, logopedia e psicoterapia.
- Apoio emocional, social, informativo e formativo á familia relacionado coa información diagnóstica ou co trastorno do desenvolvemento.
- Información, orientación e apoio relacionado co desenvolvemento persoal e as necesidades cotiáns.
- Orientación sobre outros apoios económicos, sanitarios, educativos e sociais
- Coordinación cos recursos sanitarios, educativos e sociais.
- Análise de contextos e itinerarios con identificación de factores facilitadores e barreiras.
- Sensibilización do contorno comunitario respecto da comprensión do neno con trastornos no desenvolvemento.


QUE É O SERVIZO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO?
O programa de envellecemento activo defínese como o conxunto de intervencións que teñen por finalidade o mantemento das habilidades, coñecementos e conductas que posúen as persoas maiores de 55 anos, mediante técnicas dirixidas ao entrenamento nas actividades da vida diaria (AVD). Os obxectivos principais son acompañar ás persoas nos seus procesos de desenvolvemento persoal, realizar intervencións a nivel preventivo, estimulación cognitiva e de memoria, atención psicopedagóxica, terapia da linguaxe, e actividades de ocio e tempo libre. O horario deste servizo é de martes a venres en horario de 16:00 a 20:00 e a súa poboación destinataria son maiores que viven no núcleo urbano do Concello de Negreira.

Cales son as nosas funcións?
- Garantizar ás persoas da terceira idade unha atención específica que sirva para a prevención do agravamento do grado de dependencia.
- Promover o mantemento ou a mellora da capacidade de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de cómo vivir de acordo ás súas preferencias.
- Promover o mantemento e a mellora das habilidades xa adquiridas.
- Facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria.
- Evitar a aparición de limitacións na actividade, deficiencias ou déficits secundarios.
- Potenciar o desenvolvemento persoal, a adaptación ao entorno e a integración social.
- Xerar un maior nivel de autonomía e calidade de vida.
Cal é a nosa metodoloxía?
A programación habitual neste servizo é a seguinte:
- Actividades cognitivas: a través de xogos de mesa e actividases poténcianse as habilidades vinculadas coa atención, memoria, procesamento e linguaxe.
- Xerontoximnasia: actividades dirixida a mellorar o mantemento da súde física e mental dos maiores. Trabállase o equilibrio, a coordinación e estabilidade, a forza para axudar a realizar as actividades da vida diaria dunha forma efectiva.
- Ocio e creación de vínculos: tempo para o desenvolvemento de xogos e actividades de foco de interés propio.
- Coidado persoal: a terapeuta dedica tempo individualizado con cada un dos maiores.

PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA 6-12 ANOS
Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, diagnosticados con TEA, con trastornos emocionais e conductuais: dislexia, altas capacidades, dificultades de aprendizaxe, trastorno por déficit de atención, trastorno xeralizado do desenvolvemento.
1)Actividades de linguaxe (trastornos fonolóxicos, da comunicación, expresivo, da articulación)
2)Actividades cognitivas: de dificultades na coherencia central, na inflexibilidade cognitiva, na planificación.
3)Actividades psicolóxicas: roles de autoridade, autoconcepto, baixa autoestima, dificultades emocionais...
4)Actividades psicomotrices
5)Actividades de reforzo escolar
ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA MAIORES
Pensionistas por xubilación ou incapaciade permanente do sistema de seguridade social .
Pensionistas de viudedade con 55 anos.
Persoas con grao I de dependencia
Persoas maiores de 60 anos
Os profesionais traballan por areas 3 días á semana
* Espazo de ocio(xogos de mesa...)
* Tempo de relaxación
* Actividades de xerontoximnasia
* Fortalecemento cognitivo e executivo
* Actividades transversais: informática, festexos, arteterapia, roteiros
FISIOTERAPIA E PODOLOXIA A DOMICILIO PARA PERSOAS MAIORES
Prestar sesións de fisioterapia e podoloxia no domicilio a persoas maiores con dependencia recoñecida ou diversidade funcional
1 sesión cada quince días no caso de fisioterapia e unha sesión ao mes no caso de podoloxía.
XANTAR NA CASA
Persoas con dificultades de mobilidade para a realización das compras ou con dificultades para alimentarse correctamente.
Servir comidas no domicilio a maiores e persoas enfermas ou con discapacidade con dificultades para realizar comidas ou alimentarse correctamente.
TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
O programa de teleasistencia domiciliaria da Deputación ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, 365 días ao ano, proporcionándolles autonomía, seguridade e tranquilidade ás persoas usuarias. O funcionamento deste sistema permite ter en contacto permanente ás persoas usuarias coa central de atención, pulsando o botón do medallón ou pulseira que deben levar sempre consigo.