Servizo de Voluntariado Social

CONCELLO DE NEGREIRA
Este servizo ten como obxectivo xeral ofrecer a posibilidade de colaboración as persoas que o soliciten (voluntarios), e ofrecer o axuda aos que o demanden atendendo a unhas pautas de prioridade. Outros dos seus obxectivos son os seguintes:
- Creación de servizos que faciliten recursos para afrontar situacións de carencias de necesidade primordial.
- Crear hábitos de lecer saudable.
- Fomentar a ecoloxía e a necesidade de controlar os recursos naturais.
- Fomento do voluntariado e da participación.
- Fomento da cultura e a introdución de temas de interese xeral.
- Fomento da solidariedade.
- Facilidade de acceso e iniciación ás novas tecnoloxías.
- Fomento da integración.
Sectores aos que vai dirixido o proxecto de voluntariado
- Maiores, discapacitados, mozos/as, mulleres, infancia e familia, inmigrantes, cooperación, minorías étnicas, medio ambiente, enfermos e organizacións de autoaxuda, ...
Programas
ROUPEIRO MUNICIPAL:
Dirixido a familias de escasos recursos económicos, usuarios do servizo de axuda no fogar, peregrinos etc.
PROGRAMA DE RECOLLIDA DE XOGUETES:
Dirixido aos nenos e nenas das familias de escasos recursos económicos prioritariamente, a escola infantil municipal, a Fundación de discapacitados psíquicos...
RECOLLIDA DE MOBILIARIO:
Familias de escasos recursos económicos do concello de Negreira.
RECOLLIDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR:
Familias de escasos recursos económicos.
RECOLLIDA E ENTREGA DE LIBROS (NON DE TEXTO) E MATERIAL AUDIOVISUAL:
Colaboramos con varias entidades como penitenciarías, ONG, Fundación de discapacitados...
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LENTES:
Entréganse a familias de ecasos recursos económicos do Concello, facemos envíos ao Sahara a través dunha ONG colaboradora.
CLASES DE INFORMÁTICA E INTRODUCIÓN A INTERNET PARA ADULTOS:
Búscase o allegamiento das persoas maiores ao mundo das novas tecnoloxías.
TALLERES PARA DISCAPACITADOS PSÍQUICOS:
Taller de habilidades adaptativas para discapacitados enfocado a ensinarlles a empregar o seu tempo libre de feito construtivo mediante a adquisición de habilidades útiles para a súa vida diaria.
HIPOTERAPIA:
Introdución ao mundo do cabalo para discapacitados psíquicos. Nesta actividade facemos varias visitas a granxas escola de cabalos que colaboran co servizo de voluntariado de forma gratuíta.
USO DOS RECURSOS DE COMUNIDADE E INTEGRACIÓN PARA DISCAPACITADOS PSÍQUICOS:
Diferentes visitas a exposicións, servizos e actividades lúdicas, para que o colectivo de discapacitados psíquicos coñezan os recursos existentes na súa contorna.
LABOR TERAPIA:
Axuda a eliminar #o #estrés e a combater a depresión, espertando nosa parte máis creativa e achegando claridade aos pensamentos. Fortalece os lazos sociais, axuda a superar problemas de motricidade...
Este programa inclúe as seguintes actividades:
Taller de corte e confección, Labores de Nadal, Taller de patchwork, Taller de muñequería etc.
RECUPERACIÓN E MANTEMENTO DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL DO CONCELLO:
No que se pretende valorar o legado cultural dos nosos antepasados, protexer, conservar e promover o legado material e inmaterial para as xeracións futuras. Promovendo así a consolidación de valores.
Aprender a emprender novas ideas que poden chegar a autocreación de emprego.
Esta actividade engloba os seguintes talleres:
Taller de bordado, taller de aprendizaxe do encaixe de palillos, taller de punto de cruz, taller de encaixe de pinza, ...
Contacto:
Laura Maria Platas Casais