CONCELLO DE NEGREIRA
Os Servizos Sociais do Concello de Negreira teñen a finalidade de mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas e colectivos en situacións precarias.
Os usuarios reciben información e asesoramento sobre os dereitos e recursos sociais existentes.
Os Servizos Sociais do Concello de Negreira divídense nas seguintes áreas:
- Traballadora social.
- Educadora familiar.
- Centro de información a Muller.
- Fundación de discapacitados.
- Voluntariado.
- Logopeda.
Servizo de Atención Temperá
Dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 "O FSE inviste no teu futuro", os Concellos de Negreira e de Val do Dubra, comparten unha Unidade de Atención Temperá Integral que ten coma obxectivo promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
Teléfono de contacto: 657763010/981885550
Correo electrónico: uatintegral@gmail.com