PROGRAMA DIRIXIDO A POBOACION INMIGRANTE
O Programa de Mediación Intercultural en Negreira (2025–2027) ten como finalidade mellorar a convivencia e a cohesión social no concello mediante un servizo profesional de mediación que facilita a comunicación, prevén conflitos e reduce barreiras lingüísticas, culturais e administrativas. O proxecto diríxese especialmente a persoas migrantes e ás súas familias, e tamén apoia a coordinación con servizos municipais, centros educativos e recursos comunitarios, favorecendo o acceso efectivo a ámbitos clave como saúde, educación, emprego, vivenda e atención social.
A actuación desenvólvese no marco dunha subvención concedida ao Concello de Negreira, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no Programa FSE+ Galicia 2021–2027, e conta coa participación da Xunta de Galicia.
SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 "O FSE inviste no teu futuro", os Concellos de Negreira e de Val do Dubra, comparten unha Unidade de Atención Temperá Integral que ten coma obxectivo promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
Teléfono de contacto: 657763010/981885550
Correo electrónico: uatintegral@gmail.com
PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA 6-12 ANOS
Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, diagnosticados con TEA, con trastornos emocionais e conductuais: dislexia, altas capacidades, dificultades de aprendizaxe, trastorno por déficit de atención, trastorno xeralizado do desenvolvemento.
1)Actividades de linguaxe (trastornos fonolóxicos, da comunicación, expresivo, da articulación)
2)Actividades cognitivas: de dificultades na coherencia central, na inflexibilidade cognitiva, na planificación.
3)Actividades psicolóxicas: roles de autoridade, autoconcepto, baixa autoestima, dificultades emocionais...
4)Actividades psicomotrices
5)Actividades de reforzo escolar
ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA MAIORES
Pensionistas por xubilación ou incapaciade permanente do sistema de seguridade social .
Pensionistas de viudedade con 55 anos.
Persoas con grao I de dependencia
Persoas maiores de 60 anos
Os profesionais traballan por areas 3 días á semana
* Espazo de ocio(xogos de mesa...)
* Tempo de relaxación
* Actividades de xerontoximnasia
* Fortalecemento cognitivo e executivo
* Actividades transversais: informática, festexos, arteterapia, roteiros
FISIOTERAPIA E PODOLOXIA A DOMICILIO PARA PERSOAS MAIORES
Prestar sesións de fisioterapia e podoloxia no domicilio a persoas maiores con dependencia recoñecida ou diversidade funcional
1 sesión cada quince días no caso de fisioterapia e unha sesión ao mes no caso de podoloxía.
XANTAR NA CASA
Persoas con dificultades de mobilidade para a realización das compras ou con dificultades para alimentarse correctamente.
Servir comidas no domicilio a maiores e persoas enfermas ou con discapacidade con dificultades para realizar comidas ou alimentarse correctamente.
TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
O programa de teleasistencia domiciliaria da Deputación ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, 365 días ao ano, proporcionándolles autonomía, seguridade e tranquilidade ás persoas usuarias. O funcionamento deste sistema permite ter en contacto permanente ás persoas usuarias coa central de atención, pulsando o botón do medallón ou pulseira que deben levar sempre consigo.