Servizo de Atención Temperá

QUE É A UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ? 

Enténdese a Atención Temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e ao seu entorno, que teñen por obxecto dar resposta o antes posíbel ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a ben de facilitar a súa autonomía persoal, así como a inclusión social. Nos servicios de atención temperá ofrécese unha intervención biopsicosocial que favorece a adquisición e/ou recuperación de funcións e de habilidades personais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia familiar e social, e da inclusión social. 

A atención temperá en Galicia é unha competencia compartida pola Consellería de Política Social, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, cos seus equipos de intervención, forman a Rede Galega de Atención Temperá. A devandita Rede conta con máis de corenta unidades e no seu conxunto atenden a máis de un millar de menores na comunidade galega.

 A Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra incorporouse á Rede Galega de Atención Temperá no ano 2021. No caso concreto de Negreira, a UAT está formada por catro especialistas e traballa con máis de 70 menores, o dobre das cifras iniciais, sendo unha das que presenta maior índice de solicitudes dentro da rede galega.

A palabra Temperá…

Podemos decir que a clave está na palabra TEMPERÁ, isto é, canto antes se detecten as posibles dificultades, mellores resultados se poden obter da atención profesional. Así é que as familias deben estar ben informadas sobre o proceso evolutivo normalizado dos seus cativos, para poder detectar calquera dificultade con maior prontitude.

Cales son as problemáticas a abordar?

Grafica

 

O NOSO EQUIPO

O equipo da Unidade de Atención Temperá está formado por un equipo interdisciplinar, formado por unha psicóloga, unha terapeuta cognitiva, unha rehabilitadora física e unha logopeda. A intervención interdisciplinaria fai referencia a un plan personalizado de intervención que engloba a atención, recursos e medios precisos que se dirinxen ao menor, a súa familia e ao seu entorno, ámbito de realización, liñas de actuación que se desenvolven por cada profesional, coordinacións previstas con outras persoas e profesionais que poden intervir co menor.

 

Rehabilitadora física

Na nosa Unidade de Atención Temperá, a rehabilitación física ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento motor e funcional de nenos e nenas que presentan alteracións no movemento, ton muscular, postura ou coordinación. A rehabilitación física é un proceso terapéutico que busca mellorar as capacidades motoras do neno, promovendo a súa autonomía e participación activa nas actividades cotiás, mediante intervencións personalizadas que teñen en conta a idade, o diagnóstico e as necesidades específicas de cada pequeno.

Que traballamos? 

  • Estimulación motora global (volteo, sedestación, gateo, marcha). 
  • Traballo de equilibrio, coordinación e control postural. 
  • Técnicas de estimulación neuromuscular. 
  • Intervencións en chan e uso de materiais lúdicos e adaptados. 
  • Orientación ás familias para continuar o traballo en casa.

 

Terapeuta cognitiva

A terapia cognitiva é unha intervención especializada que traballa procesos como a atención, a memoria, o razoamento, a percepción, a linguaxe e a resolución de problemas, adaptados á etapa do desenvolvemento do neno. Todo se realiza a través do xogo, a exploración e actividades estruturadas, nunha contorna segura e motivadora, co obxectivo último de potenciar a autonomía e a aprendizaxe significativa.

Que traballamos?

  • Xogos estruturados e material manipulativo.
  • Actividades de atención, memoria visual e auditiva.
  • Rutinas que estimulan o pensamento lóxico e a flexibilidade cognitiva.
  • Traballo coordinado coas familias e outros especialistas (psicólogos, logopedas, educadores...)
  • Estratexias para aplicar o aprendido na contorna natural do neno (casa, escola, parque...)

 

Logopeda

A logopedia é unha disciplina que se atopa en continuo desenvolvemento e que engloba unha serie de procesos que abarcan desde a prevención, avaliación, diagnóstico e intervención ou tratamento. Os logopedas traballamos con alteracións da comunicación e da linguaxe, tanto a nivel oral como escrito. Sen esquecernos aspectos tan importantes como fala, voz, audición e funcións orais como poden ser a deglución, respiración, mastigación ou succión.

Logopeda

Que traballamos?

  • Sesións individuais, adaptadas a cada neno.
  • Alteracións la linguaxe expresiva e comprensiva, dificultades na articulación, na fluidez ou no ritmo.
  • Métodos alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC).
  • Comunicación non verbal: xestos, mirada, atención conxunta, intención comunicativa.
  • Problemas coa mastigación, succión, deglución ou transición a sólidos.
  • Orientacións prácticas para reforzar a linguaxe en casa.
  • Enfoque lúdico: o xogo como ferramenta terapéutica.

 

Psicóloga

A intervención psicolóxica en Atención Temperá ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento emocional, social e conductual do neno desde os primeiros anos de vida, así como acompañar e orientar ás familias durante este proceso. A psicóloga infantil avalía o desenvolvemento emocional e conductual do neno e deseña intervencións personalizadas para: fomentar a seguridade afectiva e a regulación emocional, promover o apego entre o menor e os seus coidadores, apoiar o desenvolvemento das habilidades sociais, e ata acompañar á familia en situacións difíciles como hospitalizacións ou diagnósticos.

Psicóloga

Que traballamos?

  • Avaliación inicial do desenvolvemento emocional e do comportamento.
  • Intervención individualizada, centrada no xogo como ferramenta terapéutica.
  • Acompañamento emocional ás familias.
  • Traballo coordinado co resto do equipo (logopedas, fisioterapeutas, pedagogos...).
  • Orientacións prácticas para casa, escola e outras contornas naturais.

 

OS NOSOS PROXECTOS

Espazo seguro

O proxecto “Unha mirada cara á diversidade funcional” xorde da necesidade de crear espazos na área xeográfica de Negreira e de Val do Dubra, aos que as persoas con diversidade funcional poidan acudir de forma segura, sentíndose incluídos e apoiados no caso de que o precisen. É por ese motivo que o movemento recibe o nome de “espazos seguros”. 

“Espazo Seguro” xorde para dar resposta ás necesidades das persoas con diversidade funcional, potenciando espazos adaptados ás mesmas. Para iso, establécese un punto de encontro, o cal corresponde co edificio do concello de Negreira así como o de Val do Dubra, onde ten lugar a xestión do municipio. Estes teñen un uso terapéutico, é dicir, no caso de que durante unha intervención directa, a persoa se atope perdida ou desorientada, pode acudir ao Concello coa certeza de que se atopará de novo cos responsables da súa sesión. Tamén se conta cos puntos de axuda, que se establecen nos distintos locais e establecementos da zona, os cales recibirán unha micro-formación composta por seis recomendacións que servirán como apoio para poder dar unha atención adaptada ás necesidades das persoas con diversidade funcional. Polo tanto, para poder visibilizar este proxecto, os establecementos participantes poñerán un adhesivo nos seus escaparates, na que se plasma a identificación "Espazo Seguro".

Espazo seguro

 

Mimiños sensoriais

Alén das terapias ordinarias de ámbito físico, conductual, da linguaxe ou cognitiva que as terapeutas proporcionan aos nosos cativos semanalmente, existe unha liña de prevención dedicada a estimular todas as áreas do desenvolvemento, á vez que se detectan posibles dificultades que impidan o bo desempeño do mesmo. Baixo este propósito, no mes de novembro de 2023 realizouse na Escola Infantil de Val do Dubra o proxecto “Mimiños Sensoriais”, un taller no cal se abordou a prevención, enrequecemento e sensibilización dos sistemas sensoriais dos máis pequenos a través da participación en diferentes experiencias e sensacións novas a través de sons, luces e texturas, enfocadas a descubrir o mundo que os rodea. 

A estimulación sensorial na primeira infancia favorece a curiosidade natural e a necesidade de explorar o entorno, o que axudará a desenvolver outras habilidades como a linguaxe, a memoria, o razonamento espacial, as capacidades neuromotoras ou a autoestima. Na Unidade de Atención Temperá pensan que a forma ideal de traballar a estimulación sensorial é de forma lúdica, a través de xogos, por eso quixeron achegar novas experiencias e sensacións aos integrantes da Escola Infantil dun xeito divertido e colaborativo.

Mimiños sensoriais

 

A doctora lingua visita o cole 

Esta foi unha proposta para a realización de un taller de estimulación de linguaxe oral nos centros educativos da contorna de Negreira. Co visto e prace de todas as partes profesionais que interviñeron, o taller realizouse durante os meses de abril e maio do ano 2023. Tivo dúas correntes diferenciadas, unha baixo a prevención e por tanto de estimulación para a clase/aula xeral; e outra de abordar as dificultades concretas de articulación dos menores susceptíbels de recibir unha intervención especializada en dislalias.

A doctora lingua visita o cole

 

Cribado de audición e visión

O cribado de audición e visión foi un proxecto da Unidade de Atención Temperá de Negreira en colaboración co CEIP de Barouta no cal, durante o mes de febreiro de 2024 se levaron a cabo unha serie de probas diagnósticas audiovisuais. A finalidade das mesmas foi detectar de maneira temperá problemas vinculados coa audición que puideran afectar o desenvolvemento da linguaxe nos cativos da etapa infantil, así como casos de perda visual ou problemas de visual que estiveran interferindo no eido escolar. Naqueles nenos e nenas que o cribado detectou algunha dificultade, de audición ou de visión, estableceuse a orientación terapéutica pertinente coa familia e incluso, nalgúns casos foi precisa a intervención directa do equipo profesional da Unidade de Atención Temperá.

Cribado de audición e visión
Cribado de audición e visión 2
 
Cribado de audición e visión

 

Proxecto “Chegou o Nadal”

O Nadal é unha época emocionante para os nenos e pode ser un momento de compartir e vivencialo dende os seus ollos. Este proxecto elaborouse entre novembro de 2024 e xaneiro de 2025. Tivo dous eixos principais: un específico e un transversal. O eixo específico desenvolveuse en relación a tres aspectos (neno ou nena, familia e comunidade) a través das actividades principais como decorar a Unidade de Atención Temperá, decorar a Casa do Concello así como os espazos de Servizos Sociais, ou a realización dun “amigo invisible”, que consistiu en que cada unha das familias da unidade creou un regalo para outro neno ou nena da unidade. Por outra banda, o eixe transversal ten que ver coa sensibilización con respecto á diversidade funcional, á infancia e ao nadal, durante todo o proxecto. De forma transversal a todo o proxecto, é importante mencionar a sensibilización con respecto á diversidade funcional, creando carteis e frases motivacionais e de concienciación para que a poboación e comunidade poida acercarse á diversidade e comprendela dende diferentes puntos de vista.

Proxecto “Chegou o Nadal”
 
Chegou o Nadal

 

PACTO: Programa de Asesoramento Comunicacional Terapéutico Oral

A través do proxecto PACTO a Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra pretendeu promover a integración dos menores susceptibles do uso do SAAC, a partir de sistemas pictográficos, e tamén concienciar ás familias e á poboación en xeral sobre a importancia que ten a aplicación dos mesmos para garantir a plena inclusión e a igualdade de oportunidades de todos os colectivos.

De nada serve que os menores con diversidade utilicen un destes SAAC para poder comunicarse, se non o poden empregar de forma afectiva na realidade na que se desenvolvan, de aí a importancia de que non só as persoas con diversidade coñezan os sistemas alternativos, senón que tamén os membros da comunidade. Por iso, no segundo semestre de 2024 realizouse unha recopilación de sistemas e recursos vinculados con sistemas que culminou no mes de xaneiro de 2025 cunha formación ás familias que forman parte da unidade sobre o uso de sistemas alternativos de comunicación.