A Noite Folk de Negreira naceu no ano 2003. Durante estes anos promocionouse o folclore tradicional e as novas tendencias no mundo da música Folk, co gran handicap do escaso presuposto e os poucos medios que se manexan.
Centos persoas participan cada verán nesta cita musical e cultural, que ano tras ano vai gañando en asistencia e calidade.
Parte do éxito, débese a beleza do lugar onde se fai a Festa; O Refuxio dos Pescadores de Covas, este privilexiado entorno está rodeado dunha fantástica carballeira, que convirte a este máxico paraxe nun marco inmellorable para este tipo de celebracións.
O terceiro sábado de agosto dende o mediodía, pódese disfrutar dos mellores grupos de música tradicional, bailar e cantar coas diversas actuacións, degustar os productos típicos da terra, e troulear ata altas horas da noite.
Con todas as dificultades que ten a de organizar unha festa, nunha vila pequena, con pouca poboación, e con escasas axudas das entidades públicas, é un dos poucos festivais que se celebran na comarca de Santiago, onde os nosos músicos e artistas teñen a posibilidade de amosar a nosa cultura.