A provincia emprendedora
A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL) e en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), pon en marcha unha nova oferta de formación gratuíta no marco do programa Provincia Emprendedora.
A iniciativa busca reforzar as capacidades do tecido empresarial da provincia e ofrecer ferramentas prácticas que contribúan á posta en marcha, consolidación e crecemento de novos proxectos e negocios.
A programación está dirixida principalmente a pequenas empresas, persoas autónomas e emprendedoras, e foi deseñada a partir das necesidades e demandas identificadas nas mesas de diagnóstico sectorial desenvolvidas nos últimos meses no marco do programa.
Pode consultar a listaxe de formacións, así como inscribirse nas que sexan do seu interese, na seguinte ligazón: Catálogo de cursos.