Axudas do Plan Veo para menores de 16 anos

Axudas do Plan Veo para menores de 16 anos

As axudas do Plan Veo están destinadas á adquisición de gafas e lentillas para mellorar a saúde visual de menores de ata 16 anos de idade, sendo convocadas polo Goberno de España. 

OBXECTO 

Implementar axudas directas para sufragar a adquisición de sistemas de axuda visual, especificamente lentes (monturas), lentes graduadas e lentes de contacto, e a solución líquida para lentes de contacto necesaria para o seu mantemento, en poboación menor de idade ata os dezaseis anos incluídos.

CONTÍA DAS AXUDAS 

Terán un importe máximo de 100 €, IVE incluído, por persoa beneficiaria e destinaranse á adquisición dos produtos obxecto da subvención

Esta axuda concederase por unha soa vez durante o período dun ano (365 días) a cada persoa beneficiaria.

PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas físicas que reúnan os requisitos seguintes:

  1. Ter cumpridos dezaseis anos ou menos no momento de solicitar a axuda.
  2. Ter dereito á asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos por parte do Sistema Nacional de Saúde (SNS).
  3. Ter un problema de refracción acreditado por un profesional sanitario susceptible de ser corrixido por un sistema de axuda visual.
  4. Para axudas que se concedan con cargo ao exercicio orzamentario de 2026, 2027 e 2028, transcorrer polo menos un período dun ano (365 días) desde o día en que se adquiriu un produto dos especificados.

Atendendo á natureza da axuda, non se esixirá ás persoas beneficiarias os requisitos do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

GASTOS SUBVENCIONABLES E ENTIDADES ADHERIDAS

Será gasto subvencionable a adquisición dos produtos recolleitos neste apartado, destinados a persoas menores de idade ata os dezaseis anos incluídos, ata unha contía máxima de cen euros (100 €), con IVE incluído, realizada a través das entidades adheridas:

  1. Montura de gafas con lentes graduadas.
  2. Lentes graduadas.
  3. Lentes de contacto graduadas, así como a solución líquida para lentes de contacto necesaria para o seu mantemento, ambas as nunha contía suficiente para o seu uso durante un período dun ano (365 días), determinada logo da valoración da /do profesional de oftalmoloxía ou de óptica-potometría, segundo corresponda, en función das necesidades da persoa beneficiaria.

Cando a adquisición de sistemas de axuda visual superase o límite de 100 €, poderase abonar a diferenza ata o prezo total. A entidade adherida emitirá neste caso a factura con indicación expresa da contía exenta de abono por aplicación do presente real decreto.

O importe obxecto de subvención non será reembolsable.

En ningún caso serán subvencionables os gastos dos servizos ópticos ou optométricos derivados da adquisición dos sistemas de axuda visual, tales como a gradación ou o consello personalizado.

A compra-venda dos artigos deberá formalizarse de forma física no establecemento da entidade adherida, non sendo posible a compravenda a distancia.

O Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas (CGCOO), que se encarga de coordinar a rede de ópticas adheridas ao programa, garantir a verificación documental dos beneficiarios, xestionar os reembolsos ás ópticas e supervisar o cumprimento dos requisitos establecidos.

Unha vez asinado o convenio de Colaboración entre o Ministerio de Sanidade e o Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas para a asistencia sanitaria en materia de saúde visual á poboación menor de 16 anos, estará dispoñible a listaxe de entidades adheridas.

DETENCIÓN E DERIVACIÓN

Contémplanse dúas situacións:

Primeira detección dun problema de visión

  • O problema identifícase en Atención Primaria (nunha revisión, ou porque o advirte a familia ou o colexio).
  • O menor é derivado a un servizo público de oftalmoloxía.
  • Se o especialista receita lentes ou lentes de contacto, a familia pode acudir coa receita a unha óptica adherida ao Plan.

Diagnóstico previo ao comezo do Plan

  • Se o menor xa usaba lentes ou lentes de contacto antes do Plan, poderá acceder á axuda se un óptico-optometrista determina que necesita un novo equipo.

En ambos os casos, se o prezo é de 100 € ou menos, non haberá que pagar nada. Se custa máis, págase a diferenza.

DOCUMENTACIÓN

A persoa beneficiaria ou a persoa responsable da súa tutela deberá cubrir un formulario a través das entidades adheridas (entidades dedicadas á venda e/ou dispensación dos produtos descritos). Deberá acompañarse a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos previstos no art. 5.1 e en concreto:

  1. DNI ou outro documento identificativo do beneficiario.
  2. Documento acreditativo de dereito da persoa beneficiaria á asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos por parte do SNS.
  3. Documento acreditativo da prescrición ou informe da persoa profesional sanitaria, cando proceda, en relación co sistema de axuda visual adquirido.

PRAZO

A adquisición dos sistemas de axuda visual obxecto das axudas deberá ter lugar durante o período comprendido entre o 9 de outubro de 2025 e o 31 de decembro de 2027, ou no seu caso, ata a data de esgotamento das dispoñibilidades orzamentarias, se esta é anterior, todo iso sen prexuízo de que, dada a forma de pago a mes vencido en favor da entidade colaboradora, os gastos subvencionables asociados ao mes de decembro de 2027 deban resarcirse durante o exercicio orzamentario de 2028.