powered by social2s

emprego_06.jpgPor Decretos de Alcaldía nº 78/2017, con data 2 de maio de 2017, aprobáronse as bases para a contratación dunha praza de persoal laboral temporal, concretamente dun Técnico de información, publicidade e promoción turística a través de concurso – oposición con suxeción as seguintes condicións, e para o cal, o prazo de presentación de solicitudes é o de 10 dias naturais contados dende o día seguinte ó da data de publicación na web do Concello de Negreira (ANUNCIO).

 

Podense consultar o contido íntegro das bases nos seguintes arquivos adxuntos.

 

powered by social2s

O Servizo Local de Emprego informa da convocatoria dunha nova bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, dirixido a licenciados ou de grao en Dereito.


Requisitos:

   a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliados/as na Comunidade Autónoma de Galicia.
   b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
   c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
   d) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
   e) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
   f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

Dotación orzamentaria:

A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.

Prazo de solicitude:

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

A información completa da convocatoria podes consultala na seguinte ligazón: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170223/AnuncioC40-130217-0002_gl.pdf

Máis información no Servizo Local de Emprego a través do teléfono 881 035 162.

powered by social2s

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, vén de convocálas probas de Avaliación de competencias clave para o acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2 e nivel 3 para este ano 2017.

 

Estas probas permiten ás personas que non posúen a titulación académica requerida para acceder a cursos que impliquen a obtención de certificados de profesionalidade (ESO, Bacharelato...), poder acceder aos mesmos.

 

O prazo de inscrición está aberto ata o día 24 de marzo, e as referidas probas realizaranse o sábado día 13 de maio de 2017.

 

Para máis información sobre a convocatoria podes consultar o seguinte enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170307/AnuncioG0424-010317-4_gl.pdf

 

Ou ben dirixirte ao Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3.

powered by social2s

URXENTE!. Precísase empregada do fogar en horario de mañá para Aldea nova menor de 40 e con coche propio, preferiblemente sen cargas familiares. As persoas interesadas deben dirixirse ao Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira acompañadas dun Currículo ca maior brevidade posible.

powered by social2s