casa

 

As bolsas correspóndenlle á rapazada nada nos anos 2018, 2017 e 2016, que cursarán cuarto, quinto e sexto de educación infantil, respectivamente, nos dous colexios do concello: o CEIP O Coto e a Escola Unitaria de Aro.

O obxectivo destas dotacións, valoradas nuns setenta euros por rapaz, é facilitar ás familias con baixos recursos o acceso ao material escolar que necesiten. Estes cheques poderán ser empregados nas librarías de Negreira.

Os beneficiarios son toda a poboación residente e empadroada no concello dende hai polo menos seis meses, con escasos recursos e que non superen os baremos económicos establecidos:

• Para familias con dous convivintes o límite de ingresos é de 550 euros.
• Para as de tres convivintes, é de 700 euros.
• Para as de catro, 850 euros.
• Para as de cinco, 1000 euros.
• E para as de seis ou máis, 1150 euros.
• Ademais, no caso de que as familias teñan aluguer ou hipoteca, as cantidades poderán excederse nun máximo de 200€ mensuais.


Os impresos de solicitude estarán a disposición das persoas que así o queiran no departamento de Servizos Sociais, ao longo do mes de agosto. Para máis información poden chamar ao 881 035 159.

powered by social2s