Unha parálise cerebral lle dificulta moito a mobilidade e todos os tratamentos derivados someteulle a sesións interminables de médicos e fisioterapeutas, que ata limitaron o seu rendemento. Con todo, a forza de Sara Vieites Ferreiro, unha nena de dez anos natural do concello de Cee, e o seu gusto polo deporte e particularmente polas carreiras populares, fixeron que derrubase múltiples barreiras, sendo todo un exemplo de superación grazas ao deporte.
Este venres 2 de febreiro, o Auditorio do Centro Sociocultural volta a vestir as súas mellores galas por sétimo ano consecutivo na entrega dos premios anuais que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso, levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante.
A partir das 21:00 horas comezará un evento, que ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, inclúe actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de noventa minutos.
Este ano vánse a entregar os seguintes recoñecementos:
Mellor deportista do ano 2017
Mellor deportista promesa do 2017 (feminino e masculino)
Mellor equipo ou club
Recoñecemento a traxectoria deportiva
Recoñecemento como colaborador co deporte
Recoñecementos especiais do xurado
Membros do xurado
A Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. A orde do 29 de decembro de 2017 establece e regula as bases que ten por obxecto establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar.
Devandita convocatoria ten aberto o prazo de solicitude dende o día 1 de febreiro ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos incluídos, nos Servizos Sociais Comunitarios, na Casa do Concello.
Contía da axuda
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.
A contía será a seguinte:
• Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
• Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
• Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Máis información no seguinte enlace:
Orde pola que se establecen as bases para a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos no 2018.
O equipo móbil de expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe), da Policía Nacional, desprazarase ao noso concello nas seguintes datas ao longo do presente ano 2018 para efectuar a renovación e creación de novos documentos, en diferentes fases, sendo o lugar de recepción a Casa da Cultura:
Febreiro: Día 14, primeira fase. Día 16, terceira fase.
Maio: Día 14, primeira fase. Día 16, terceira fase.
Outubro: Día 10, primeira fase: Día 15, terceira fase.
Novembro: Día 26, primeira fase. Día 28, terceira.
Lembramos que a 1ª fase consiste na recepción ó cidadán e maila documentación; a segunda, na impresión física na oficina de Santiago, e a 3ª fase, a de personalización lóxica e entrega do documento e maila crave persoal ao interesado.
O horario de atención ó público é de 09:30 a 13:15 horas, non colléndose máis de 65 persoas, entre os concellos de Negreira e A Baña, sendo necesario que os interesados/as se anoten antes na zona de recepción da Casa do Concello. É absolutamente necesario que o cidadán se persone nas dúas fases.
Este sábado día 3 de febreiro, celebrarase a Concentración solidaria a favor das enfermidades raras, diante da Casa do Concello de Negreira, solicitando que se de cumprimento á disposición final terceira, relativa á actualización da listaxe de enfermidades graves prevista no Real Decreto 1448/2011, coa incorporación de novas enfermidades a dita listaxe, cando se trate de enfermidades graves que requiran o coidado directo, continuo e permanente do menor polos proxenitores, durante o seu ingreso hospitalario, de longa duración, e tratamento continuado da enfermidade.
O Concello de Negreira solicitou a pertinente autorización ante a Subdelegación do Goberno, para celebrar devandita concentración, este sábado, entre as 13:00 e as 13:30 horas, agradecendo de antemán, a participación do maior número posible de persoas.
O venres 2 de febreiro no Telecentro da Casa da Cultura, de 18:00 a 19:00 horas, vai ter lugar esta charla sobre o dano cerebral adquirido, e que vai ser impartida por Olalla Domínguez Díaz, traballadora social da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.
Entre os temas a tratar: Ictus; traumatismos cranoencefálicos e outras causas. Factores de prevención e recuperación. A veciñanza interesada pódese anotar en Servizos Sociais, ou chamando ó número de teléfono: 981 88 53 81.
Página 189 de 260