veranos_paz_27032019.jpgUn ano máis, o programa “Vacacións en Paz”, promove o encontro entre as familias galegas e saharauis para a acollida de nenas e nenos do país africano, antiga colonia española.

 

Vacacións en Paz nace dende unha iniciativa solidaria para concienciar a poboación española da difícil situación das persoas saharauis nos campos de refuxiados que naceron en 1975 por mor da invasión armada por parte de Marrocos.

 

Os obxectivos primordiais deste movemento son: A concienciación dos galegos e galegas, pero máis importante é a acción humanitaria que se leva a cabo durante a estadía dos nenos acollidos durante os meses de xullo e agosto, xa que logo, evitan as temperaturas extremas da tempada de calor, que poden chegar aos 50ºC e ademais as familias están obrigadas a levalos nenos ás revisións medicas especiais que se habilitan para tales fins.

 

Quen pode ser familia de acollida

 

Calquera persoa ou familia que esté interesada neste proxecto, pode participar despois de pasar una serie de requisitos, como poden ser a asistencia a unhas xornadas de formación ou unha ficha de colaboración, unha doazón mensual económica para accións humanitarias, e a máis importante, o compromiso de acoller temporalmente a menores saharauis.

 

Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

powered by social2s

logo_xunta.pngA Xunta convoca as probas para obter os certificados Celga 1, 2,3 e 4 no ano 2019. Esta convocatoria vai dirixida ás persoas maiores de dezaseis anos ou que cumpran dita cifra no ano natural da proba.

 

As probas dos niveis Celga Terán lugar no mes de xuño de 2019, as datas concretas publicaránse no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de 15 días naturais antes do día fixado.

 

Estas probas hánse realizar en Santiago de Compostela, para todos aqueles habitantes da comunidade e dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Mentres que as persoas que vivan fóra da comunidade terán as probas en Ponferrada para os niveis Celga 2, 3 e 4. As sedes e horarios serán publicados na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xunto ca listaxe das persoas admitidas para as probas.

 

As persoas que queiran presentarse deberán cubrir e mandar o formulario de inscripción, xunto ca documentación requerida e o xustificante de pago de taxas, o precio destas é de 16.19€ cada proba, sendo o día 19 de abril o remate do plazo.

 

Tanto a solicitude como a documentación pódense presentar telemáticamente a través da web da xunta asi como presencialmente na oficina do rexistro.

 

Toda a información detallada e o formulario están na web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190325/AnuncioG0535-200319-0005_gl.html

powered by social2s

deportes_Instalacion_piscina_municipal.jpgAs subvencións, por importe de 306.000 euros, servirán para a contratación de socorristas durante a tempada estival

 

A Deputación da Coruña destina 306.000 euros para financiar a contratación de socorristas nas piscinas municipais e praias fluviais de 43 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes.

 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o importe concedido a cada un dos municipios solicitantes, con achegas económicas que oscilan entre os  3.500 e os 9.800 euros por concello, e que se destinarán á contratación de socorristas durante a tempada estival por un periodo máximo de tres meses. Xunto co programa de limpeza de praias, supón a creación de arredor de 300 empregos na provincia durante o verán. 

 

Os concellos que contarán con servizo de socorrista subvencionado pola Deputación este ano son, entre outros, A Baña, Ames, Brión, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra.

 

O orzamento para Negreira é de 7.000,00€.

 

powered by social2s

quema_agricola.jpgDebido ás altas temperaturas, a Xunta tomou a decisión de prohibir dende hoxe e ata novo aviso, as labores de queima de restos agrícolas e forestais en Galicia.

 

Esta medida repítese ano tras ano na temporada de calor, esta actuación responde ó estudo que Medio Rural observou segundo a evolución meteorolóxica para os próximos días, con temperaturas que se manteran mesmo incrementaránse nalgúns puntos da comunidade.

 

Os permisos, anulados

 

Esta medida da Xunta, tamén afecta aos veciños que tiveran permisos xa concedidos, xa que logo, estas comunicacións e autorizacións carecen de validez dende o momento da prohibición.

 

A conselleria manterá activado o telefóno gratuito 085 para que calquer particular poida chamar no caso de detectar calquer tipo de incidente desta índole.

 

 

 

 

 

powered by social2s

punto_de_atencion_peregrinos.jpgA Deputación da Coruña vén de aprobar, a través do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego, a concesión provisional de subvencións do programa DP0029, dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2019.

 

Ao Concello de Negreira, en agrupación cos da Baña e Val do Dubra, se lle concede unha achega económica de 11.920 euros para facer fronte aos gastos de contratación dun informador/a turístico para a tempada de verán 2019 cando se produce a maior afluencia de peregrinos polo Camiño de Fisterra, sendo Negreira a porta de entrada.

 

Entre as súas tarefas está a coordinación do Punto de Información que o Concello ten na avenida de Santiago, cuxa apertura producirase no mes de maio.

 

 

 

powered by social2s