O campo municipal Jesús García Calvo, no Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa, acollerá o domingo 14 de xullo pola mañá, a undécima proba da Liga Autonómica de Agility, un deporte en auxe e, no que participan cans e persoas, que consiste en guiar ao can para que percorra un circuito cheo de obstáculos, no menor tempo posible, coa maior precisión e co mínimo número de erros ou faltas.

 

Esta 11ª proba da Liga Autonómica de Agility está organizada polo Club de Agility Mascoguaou, en colaboración co Concello de Negreira, e o apoio de diversas firmas comerciais.

 

O director da proba será o presidente do Club Agility Mascoguaou, Jorge Vázquez Álvarez, quen forma parte do Comité Organizador xunto ao presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Díz, o secretario xeral da Federación Galega de Caza, José Moure Caneda, e mailo presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, José María Álvarez Villar. Actuará como xuíz da proba, Félix Fernández Traseiras.

 

Horario da proba

09.30 horas – Entrega de documentación

10.00 horas – Promoción

12.00 horas – Competición

14.00 horas - Iniciación

 

powered by social2s

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións, as necesidades de subministración na parroquia de San Vicente de Aro, o Grupo Naturgy informa que o mércores día 19 de xuño, de 9.00 a 12.30 horas, vaise a proceder a deixar fora de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante rese intervalo de tempo.

 

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan aos seguintes lugares:

- Aro: número 5, 6, 12 e 9955.

- Camiño Real: Aldea do Camiño Real, número 1 ao 4, 6 ao 16, 18, 8022, 8042, 9000 e 9700.

 

Para calquera aclaración ao respecto, os clientes poden poñerse en contacto co Grupo Naturgy no seu número de teléfono: 900 333 999.

 

powered by social2s

Este venres 14 de xuño entra en vigor o horario de verán na atención ao público nas dependencias municipais da Casa do Concello, na rúa do Carme 3, e que se extenderá ata o día 13 de setembro co seguinte horario: De 08.00 a 14.00 horas.

powered by social2s

Dende o Concello de Negreira querémonos sumar ao Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e mostrar dende aquí o noso total apoio a este colectivo. O Concello de Negreira ven desenrolando nos últimos catro anos diversas iniciativas de apoio e fomento do uso da lingua de signos, como a sinatura dun convenio coa Asociación de Persoas Sordas de Santiago de Compostela, polo cal se conveniaba un servicio de interpretación de lingua de signos e guía intérprete de persoas xordocegas, servizo  que se utilizou en diversos actos ó longo do ano, así como a posta en marcha dun curso de lingua de signos, promovido dende o Servizo Local de Emprego, no cal participaron 30 persoas, entre elas varias traballadoras do Concello de Negreira.

 

Con todo isto, o Concello de Negreira quere expresar o seu firme compromiso ca inclusión real e efectiva deste colectivo na vida cotiá do noso pobo e a súa intención de seguir polo camiño marcado nestes últimos catro anos, no que se fixo un esforzo, totalmente necesario e de xustiza para que este sexa un Concello diverso e integrador.

powered by social2s

A aprobación da acta do pleno ordinario do pasado 13 de maio reuniu onte mércores por última vez á Corporación municipal do mandato 2015-2020 e cuxos membros aproveitaron para despedirse e fotografarse todos xuntos, nunha sesión de puro trámite na que os distintos representantes desexáronse o mellor e congrutalaronse de que fose unha lexislatura de entendemento e diálogo na que por primeira vez o goberno non contou con maioría absoluta.

 

Sesión constitutiva

Os concelleiros e concelleiras electos das pasadas Eleccións Municipais do 26 de maio, foron citados para a sesión constitutiva da nova Corporación municipal, sinalada como marca a Lei para este sábado día 15 de xuño, ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte orde do día:

 

Punto primeiro. - Constitución da nova Corporación.

Punto segundo.- Elección de Alcalde.

powered by social2s