Foto Isi

Humorista, monologuista, actor, reporteiro-entrevistador, presentador, pregoeiro…son algunhas das facetas de José Manuel Rodríguez Puente, coñecido artísticamente por Isi. Este estradense, que é un auténtico showman, protagoniza este venres 11 de outubro, a primeira cita do Ciclo de Monólogos 2019 que continuará nos sucesivos venres do mes de outubro con Manuel Manquiña e Federico Pérez.

 

Isi subirá ao escenario do Auditorio de Negreira este venres, a partir das nove da noite, e as entradas a un prezo de seis euros, poden retirarse na Delegación de Cultura, e o mesmo venres, antes da función na entrada ao Centro Sociocultural.

 

Isi Rodríguez é, un dos humoristas máis queridos e coñecidos de Galicia, grazas ás súas participacións en programas de entretemento da Televisión de Galicia, como SuperMartes, Air Galicia, Land Rober ou Todo queda na casa.

 

Isi, cóntanos a súa vida e historias dun modo cercano, distendido e con toda a súa impresionante capacidade torácica que lle permite falar durante horas sen perder o sentido.

 

Un contahistorias do cotiá capaz de chegar tanto ó público rural como urbano grazas á súa simpatía e cercanía, que lle axudan a converter en éxito calquera festa.

powered by social2s

itv ciclo

Informámos que a Unidade Móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira na seguinte data e ubicación:

 

- O mércores 13 de novembro. De 9:00 a 13:30 horas
- Ubicación: Campo da feira

 

Para solicitar cita previa:
- Por teléfono: 902 30 90 00
- A través da web: www.sycitv.com – Cita previa

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que xa están en marcha as clases da Escola de Adultos, dependente do instituto San Clemente, de Santiago, para o cal permanece aberta a matrícula para a obtención do título da Educación Secundaria de Adultos (ESA).

 

As clases teñen lugar todos os mércores na Casa da Cultura. Os únicos requisitos é ter cumpridos os 18 anos de idade antes de rematar o presente ano 2019, ou menores de 18 anos con contrato de traballo.

 

Lembramos que son moitas as empresas que exisen o título da ESA para a contratación dos seus empregados/as, polo que é unha opción para retomar os estudos e abrir unha nova vía de máis posibilidades.

 

Para maior información e inscricións, no Departamento de Orientación do Concello de Negreira, ou no número de teléfono: 611 083 482.

powered by social2s

DSC 2803

Santa Comba, Negreira, A Baña e Val do Dubra preparan a posta en marcha do seu segundo obradoiro de emprego neste 2019 tralo inicio esta semana o taller Xóvenes 2019 no que participan sete mozos e mozas, menores de 30 anos, de Negreira, nas especialidades de agricultura ecolóxica e animación físico-deportiva, cuxa sede atópase no concello de Val do Dubra, cun período formativo e de traballo de seis meses.

 

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, participou este xoves no acto de apertura do primeiro dos dous obradoiros, en Bembibre, xunto co resto de alcaldes e mailo delegado territorial da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro e o xefe territorial, Isidoro Martínez.

 

Mellora2019 é o segundo Obradoiro de emprego, cuxa sede estará en Santa Comba, sendo o concello promotor, e formará a 20 persoas desempregadas durante nove meses.

 

Os módulos formativos son: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, de nivel 1 e, o de instalación de elementos de carpintería de nivel 2.

 

As persoas beneficiarias son maiores de dezaoito anos demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego, solicitando a participación en Obradoiros de Emprego, que carezan de ocupación e estean dispoñibles para o emprego.

 

Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Negreira.

powered by social2s

A Deputación da Coruña vén de rematar o proxecto de mellora da seguridade para peóns no acceso á vila de Negreira pola estrada provincial dende Urdilde (DP 1302), estreando una senda peonil tras un investimento de 75.400 euros, respostando así, a unha antiga demanda dos veciños da zona para que se mellorase a seguridade peonil pola perigosidade do tránsito a pé neste punto.

 

Os traballos consistiron na construcción dun primeiro tramo dunha senda peonil de formigón, asentada sobre unha capa de zahorra artificial e limitada con bordillo nos primeiros 420 metros da DP 1302, que coincide no seu inicio coa rúa Malecón, para o que houbo de levarse a cabo a demolición dos pavementos e pasos salvacunetas existentes, así como o desbroce da superficie, retirando a maleza e árbores existentes na zona.

 

O segundo tramo, que discorre pola marxe dereita, dipón dun ancho total de 1,20 metros e discorre a unha cota lixeiramente inferior á da estrada e conta con sistema de recollida de pluviais. Finalmente, no terceiro tramo, na zona máis urbana, a beirarrúa discorre pola marxe esquerda no acceso rodado á praza do Cotón. Todas as obras foron adaptadas para garantizar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas. Tamén se instalou unha rede de recollida de augas pluviais.

 

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, visitou os traballos co arquitecto municipal, Alfredo Varela, sinalando que o Concello compretará agora as melloras na zona colocando unha nova iluminación na zona de subida cara A Abeanca. Tamén quiso agradecer a dispoñibilidade dos veciños que accederon a derrubar o seu peche para permitir o paso da beirarrúa e habilitar un carril de acceso e saída das casas.

 

 

powered by social2s