Está dirixido a estudantes que precisan imprimir documentos de tarefas escolares e que non disponen de medios para a impresión nos seus fogares, en colaboración co CEIP O Coto, que poñerase en contacto con tódalas familias para notificarvos a través da aplicación Abalar Móbil ou por correo electrónico.

 

Funcionamento

Debedes enviar o que se precisa a Abalar Móbil, ao enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou ao número de teléfono: 881 886 822, en horario de 9:00 a 14:00 horas (de luns a venres), especificando o voso enderezo e un número de teléfono de contacto, e levarémoscho á casa.

 

Próximamente, colaboraremos co IES Xulián Magariños no reparto de medios para os estudantes que nos indiquen e, tamén, no reparto de tarefas da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, cando sexa solicitado pola dirección.

 

Trátase dun servizo máis de axuda á veciñanza, en colaboración cos centros educativos e maila Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira.

 

 

powered by social2s

Foto localesDende a Policía Local de Negreira queremos ¨agradecer¨ e ¨premiar¨, o comportamento ¨exemplar¨ que están dando os nosos nenos e nenas, verdadeiros héroes ¨anónimos¨, xunto cos nosos sanitarios, en esta terrible pandemia que nos azouta. Son un claro exemplo de responsabilidade e fortaleza, grazas tamén aos seus pais e nais por protexelos; demostrando unha madurez moitas veces impropia da súa idade. Por iso, o futuro con eles e elas, está asegurado e será mellor.

 

Esta fin de semana, ás 8 da tarde, cando saiades aos balcóns e terrazas a aplaudir e homenaxear ao persoal sanitario, botádelle unha ollada aos vosos fillos e fillas e, dedicádelle un sonoro aplauso tamén a eles. Están dándonos unha gran lección de vida. E cando remate esta situación –máis pronto que tarde-, dende a Policía Local comprometémonos a celebrar unha gran festa con toda a rapazada.

 

Este sábado e o domingo, estaremos nas rúas da nosa vila, dándovos unha pequena homenaxe máis que merecida: Os aplausos van ser por vós, por ser uns campións e campioas.

 

Dende a Policía Local de Negreira pedímosvos unha vez máis a colaboración porque só entre todxs, conseguiremos rematar e vencer a esta pandemia do Covid-19 que tanto nos cambiou a vida.

 

Non sexas irresponsable e poñas en perigo a túa vida e a dos demáis.

 

#NegreiraQuedaNaCasa

 

#XuntosVenceremos

 

#NegreiraSairáDisto

powered by social2s

O Centro de Información ás Mulleres (CIM), lanza a campaña baixo o lema: “Seguimos aquí, por ti”, co obxectivo de informar á veciñanza de que os seus servizos seguen activos, máis ca nunca, nesta difícil situación xerada polo COVID-19, ofrecendo á cidadanía a súa atención psicolóxica e xurídica con normalidade a través de vías telefónica e telemática. Lembran que a atención psicolóxica tamén está dirixida neste caso a aquelas persoas que vivan soas ou que precisen apoio psicolóxico para sobrelevar o confinamento.

 

Ao longo do período de confinamento, este servizo municipal empregará a súa páxina de Facebook para dar consellos sobre como adultos e rapazada debemos enfrontar a situación de confinamento na que nos atopamos coidando do noso benestar emocional. Desde o departamento de psicoloxía insisten en accións chave como manter os hábitos fisiolóxicos; realizar o teletraballo nunha habitación separada; conversar cos e coas acompañantes de confinamento (no caso de habelos); informarse da situación a través de fontes fiables e limitar a consulta de novas; no caso de estar acompañados reservar algún tempo para un mesmo; facer exercicio; poñerse pequenos obxectivos diarios; enfocarse no que un pode facer no confinamento; e, sobre todo, lembrar que a situación ten un principio e un fin.

 

En canto aos máis pequenos da casa, desde o CIM recoméndase que as persoas adultas compartan os momentos de estudo que poidan con eles, que escoiten e validen os seus sentimentos (facéndolles ver que é normal sentir medo, angustia, etc.) e enfrentarse aos enfados con tranquilidade e desde o diálogo, evitando o castigo.

 

As persoas que precisen da axuda poderán contactar a través dos números de teléfono: 662 37 04 48 e 981 88 63 20 e do enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

powered by social2s

A unidade móbil de doazón de sangue vaise a desprazar a Negreira, este luns, día 6 de abril, en horario de 9:30 a 14:30, e de 16:00 a 21:00 horas, permanecendo estacionada diante do Centro de Saúde.

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos.

 

O seu traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias.

 

As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

 

Agradecemos a constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a milleiros de doentes.

 

powered by social2s

 

Con motivo da situación de emerxencia de saúde pública provocada polo COVID-19, o artigo 6 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, establece que cada administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente na xestión ordinaria dos seus servizos para adoptar as medidas que estime necesarias no marco das ordes directas da autoridade competente para os efectos do estado de alarma

 

Nese contexto, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, resulta imprescindible ditar instrucións sobre a xestión de residuos domésticos, tanto para o seu manexo domiciliario en fogares con pacientes, como para a súa xestión posterior, así como sobre a xestión dos residuos procedentes de hospitais, ambulancias, centros de saúde, laboratorios, e establecementos similares en contacto con COVID-19

 

Instruccións

 

1. En fogares con positivo ou en corentena por COVID-19, as bolsas de fracción resto xeradas, adecuadamente pechadas seguindo as recomendacións do apartado 1 do anexo, depositaranse exclusivamente no contedor de fracción resto ou en calquera outro sistema de recollida de fracción resto establecido na entidade local.

 

Nos sistemas de recollida húmido-seco, as bolsas depositaranse na fracción que indique a entidade local e dita bolsa recibirá o tratamento indicado no apartado segundo.4.

 

Queda terminantemente prohibido depositar tales bolsas nos contedores de recollida separada (orgánica, envases, papel, vidro ou téxtil) ou o seu abandono na contorna ou na vía pública.

 

2. A xestión dos residuos procedentes de fogares sen positivo ou en corentena por COVID-19, continuará realizándose do modo habitual conforme á normativa ordinaria de xestión de residuos, tendo en conta as recomendacións do apartado 2 do anexo.

 

Pode consultar a Orde SND271/2020, de 19 de marzo, pola que se establecen as instruccións sobre xestión de residuos na crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

https://www.boe.es/eli/es/o/2020/03/19/snd271/con

 

powered by social2s