O Concello de Negreira atendendo á situación de alerta sanitaria polo Covid-19, vese na obriga de suspender as Escolas Deportivas Municipais no curso 2019/20 que tiñan como data de remate o día 30 de abril.

 

Asemesmo, tamén se suspenden as actividades deportivas previstas para o mes de maio: A clausura das Escolas Deportivas; a Gala e o Torneo de Ximnasia Rítmica e, o Triatlón Solidario de Negreira, debido ás poucas garantías de poder levar a cabo estas actividades, o cal levounos a tomar a decisión de pospoñelo para o ano 2021 e comenzar a preparar con ilusión estos eventos xa consolidados na programación deportiva anual do noso concello.

 

Agardamos poder comezar a vindeira tempada deportiva 2020/21 no mes de setembro con certa normalidade para poder seguir promocionando o deporte de iniciación, de formación e as actividades de competición.

 

#NegreiraSairáDisto

powered by social2s

O Concello de Negreira mantén operativo dende o inicio da crise sanitaria do Covid-19, un servizo de voluntariado de atención á cidadanía que pon a disposición das persoas maiores, dependentes e as máis vulnerables, a entrega no domicilio de alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade.

 

Para acceder ao servizo de voluntariado de atención cidadá, a veciñanza debe contactar co número de teléfono 664 074 674 (de 9:00 a 14:00 horas), ou no 673 359 936 a partir das 14:00 horas en diante. Este servizo foi posto en marcha o pasado 16 de marzo e, a diario, os voluntarios seguen garantindo ás necesidades da nosa veciñanza.

 

Asemesmo, tamén mantemos en activo o servizo de impresión de tarefas escolares e reparto a domicilio para as familias que carezan de medios para a impresión de fichas e traballos, ou mesmo acceso á rede de Internet. Os traballos deben enviarse ao enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Débese especificar un enderezo postal e un número de teléfono de contacto e levarémoscho á casa.

 

Dende o Concello tamén se ofrece a posibilidade de entregar máscaras a aquelas persoas que teñan que desprazarse por temas sanitarios, ou causas de forza maior e, que non dispoñan deste tipo de material de protección. As persoas que precisen de máscaras deben de chamar ao número de teléfono: 673 359 936.

 

E dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM), ofrécese un servizo de atención psicolóxica a aquelas persoas que se atopen soas no seu domicilio ou que precisen de atención nesta crise sanitaria. Dispoñen do número de teléfono: 662 370 448 e do enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . Este servizo tamén ofrece asesoramento xurídico.

 

Servizo de pernocta

O Concello de Negreira tamén ofrece a transportistas, un servizo de pernocta para quenes desexen asearse e descansar unha noite para continuar co seu traballo diario, durante o estado de alarma polo Covid-19. As persoas interesadas deben contactar co número de teléfono: 673 359 896 en horario de 9:00 a 24:00 horas, en agradecemento ao seu traballo e debido ao peche de áreas de servizo.

 

powered by social2s

app ponerse en forma

 Grupo BeOne e o Concello de Negreira poñen a disposición da veciñanza, unha aplicación en Internet gratuíta para adestrar e manterse en forma desde a casa.

 

BeOne, xestora dos centros deportivos municipais de Brión e Ames, e o Concello de Negreira, chegan a un acordo para poñer ao alcance de todos os veciños unha aplicación para que poidan seguir mantendo a súa actividade física mentres que dure o confinamento. Na aplicación pódese ter acceso a máis de 300 clases virtuais que se poden realizar desde casa e cando se queira.

 

Desde BeOne, explican que “non é o momento de volverse sedentario. A actividade física fainos estar máis sans e fortes e é crucial para aliviar a tensión que poida causar o confinamento”.

 

Por todo isto, BeOne e o Concello de Negreira abriron esta iniciativa a todos os veciños do municipio ofrecendo, de forma libre e gratuíta, a posibilidade de acceso á aplicación de BeOne.

 

Para iso só hai que rexistrarse na páxina web: beone.es/behome para obter as craves de acceso e empezar a gozar dunha vida activa e manterse en forma desde a casa.

 

Ademais, desde a conta de Instagram oficial de BeOne (beone_fitness_sport), impártense a diario clases en directo e en aberto de todo tipo de disciplinas: pilates, baile, tonificación... Ademáis, dispoñen de actividades orientadas ás familias e a persoas maiores.

powered by social2s

O Concello de Negreira mantén aberto ata o vindeiro día 8 de maio, o prazo de entrega de traballos que optan á convocatoria dos XV Certames Cóntame un conto e Pintura infantil.

 

Certame de contos: Consta de unha categoría, de 6 a 18 anos (ambas incluidas), e as obras deberán ter unha extensión máxima de entre seis a oito carillas, con temática libre. A presentación de traballos queda limitada a unha obra por participante.

 

Certame de pintura: Consta de dúas categorías, de 6 a 12 anos e, de 13 a 18 anos. As obras poden facerse en folio, cartulina ou lienzo, preferiblemente en formato folio A3 e con temática libre. A presentación de traballos que queda limitada a unha obra por participante.

 

Unha vez feitos os traballos e debido a situación do estado de alarma polo Covid-19, débese facer unha foto ou escaneo da obra e enviala ao email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

É importante indicar os seguintes datos: Nome e apelidos; idade; dirección e número de teléfono de contacto.

 

Os premios son os seguintes para cada unha das tres categorías que lembramos son dúas en pintura e unha en contos:

 

1º Premio de 200 euros

 

2º Premio de 100 euros

 

3º Premio de 50 euros

 

E lembra, tedes de prazo ata o día 8 de maio para remitir os vosos traballos.

 

powered by social2s

Unha fin de semana máis, queremos acompañarvos para, na medida do posible, facer un pouco máis levadeiro o confinamento nas vosas casas.

 

Esta semana, imos adicala aos nosos maiores. Por iso, pedismovos que cando saiades aos balcóns e xanelas a aplaudir aos maravillosos sanitarios cos que contamos, que seguen a arriscar as súas vidas para salvar as nosas, teñamos moi presentes aos nosos maiores.

 

Falamos dos nosos pais e nais, nosos avós e avóas. Persoas estupendas que tiveron que padecer os duros tempos da posguerra e, moitos dos cales non lles quedou outra alternativa que ter que emigrar a remotos lugares para buscar o sustento da súa familia e tamén, a esperanza dun futuro mellor.

 

Tamén, quen non lembra a nosas nais e avóas tirando do arado, e traballando arreo, de sol a sol, para que nós non perderamos o sorriso. Eles e elas, cheos de sabiduría, e non da que se aprende na escola, senón da que ensina a vida.

 

Hoxe, coa súa merecida pensión, vénse abocados a este sen sentido. Coa pel curtida pola idade e o sacrificio realizado en pos de futuras xeracións, atópanse confinados sen poder disfrutar dos seus, e nalgúns casos na máis absoluta soidade.

 

Merecedes esta pequena homenaxe e moito máis. Sempre estaremos en débeda con vós!!

 

Dende a Policía Local comprometémonos a cando isto remate, a compartir unha tarde con todos vós no Centro Sociocultural, escoitando o que antes denominábamos as vosas ¨batallitas¨ e agora vemos como unha lección de vida.

 

Por último, queremos agradecer a colaboración que estamos a recibir por parte da meirande parte da veciñanza, facilitándonos o noso labor ao quedarvos na casa.

 

#NegreiraQuedaNaCasa

 

#XuntosVenceremos

 

#NegreiraSairáDisto

 

powered by social2s