Como vén sendo tradicional, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, agasallaron cunha figura conmemorativa e un ramo de flores, á nova veciña centenaria de Negreira, Peregrina Fuentes Villar, quen naceu o 17 de agosto de 1920 na súa casa da parroquia de San Pedro de Xallas.

 

Peregrina vén de cumprir un século de vida e convértese na quinta veciña que na actualidade alcanza os cen anos, sendo a terceira muller do concello tras Aurea Barca Esparís, veciña da parroquia de Logrosa que conta con 104 anos e cumprirá os 105 en outubro, ao igual que Victorina Forján Mayo, que vive na vila de Negreira, quen en pouco tempo cumprirá os 104 anos, mentres que seu irmán, Jesús Dourino Forján, da parroquia de Landeira, quen está a piques de cumprir os 102 anos. Precisamente esta idade, tamén cumprirá en outubro Federico Quintáns, o zapateiro da Chancela.

 

 

No caso da nova centenaria Peregrina Fuentes Villar, o seu estado de saúde é moi bo. A súa bisobriña, Engracia Vara, e quen coida dela, na casa familiar de Xallas de Abaixo. Afirma que Peregrina é irmán da súa avóa e que sempre tivo una gran vitalidade: “Ela fai una vida normal, dentro da idade que ten. Gústalle tomar o seu vaso de viño á comida e sae a dar paseos pola horta cando o tempo o permite. Sempre traballou na casa e tivo outros dous irmáns, una muller e un home, xa falecidos”, apunta.

 

As circunstancias actuais derivadas da pandemia da covid-19 non deron lugar a una celebración familiar para conmemorar a efeméride, pero os seus achegados están moi ledos de que Peregrina chegáse a cumprir un século de vida con semellante vitalidade e boa saúde.

 

O alcalde Manuel Ángel Leis, convidouna a visitar a Casa do Concello, e fíxolle a promesa de que o ano que vén poidan ir xuntos á celebración da romaría do San Xoán do Carballoso.

 

 

powered by social2s

guadi 2020

O ciclo “As nosas músicas” achega ata Negreira a unha das mellores voces da música galega, a de Guadi Galego, que o sábado 22 de agosto, na Praza das Brañas, estará acompañada polas cantareiras As Maianas. O concerto comezará a partir das 22:00 horas con entrada de balde ata compretar o aforo do recinto.

 

A cantante “indie” é unha das artistas máis relevantes do país, froito dunha carreira musical que a de Cedeira comezou coma solista, pianista e gaiteira dunha banda como Berrogüetto e, que logo continuou con Espido e máis tarde con Nordestin@s ata emprender a súa traxectoria en solitario, a partir do ano 2009.

 

Guadi Galego interpretará temas do seu último traballo “Immersion” (Boa Records, 2019), una homenaxe ás linguas que se falan na península Ibérica como un canto á diversidade e a tolerancia, no que canta en sete idiomas. Este traballo inclúe once versións de temas xa publicados de Guadi e unha canción inédita. O disco conta con varias colaboracións con outros cantantes como Iván Ferreiro ou Andrés Suárez.

 

Acredita grandes premios e entre os últimos destacan o Premio da Crítica de Música Galicia 2015, ou o Premio Martín Codax 2016 en canción de autor ou o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020, concedido polo seu último traballo "Immersion".

 

As Maianas

Este grupo de cantareiras ten o seu xérmolo no Obradoiro de baile e música tradicional do Concello de Ames. No ano 2007 crean a formación actual e catro anos despois editan o seu primeiro traballo: "Como canta".

 

Ao longo da súa traxectoria musical acadan varios premios musicais, coma no concurso de Novos Valores promovido polo Festigal. No ano 2019 sae á luz o seu último traballo: "De Trisca", un CD feito con moito mimo e cariño nas pezas que o compoñen.

powered by social2s

ALEGRIA SOBRE RODAS

Este venres ás oito e media poderemos disfrutar de Alegría sobre rodas, un monólogo de Pedro Brandariz, na Praza das Brañas

 

Pedro Brandariz é uns dous cómicos máis recoñecidos do panorama escénico galego. Leva máis de 20 anos percorrendo a nosa xeografía cos seus espectáculos humorísticos, contando tamén con grandes intervención nos medios televisivos.


Nesta montaxe presentará un monólogo cómico creado especificamente para os tempos que estamos a vivir, no que analiza a crise do coronavirus dende un punto de vista desenfadado e para todos os públicos.

 

Esta proposta gratuíta, que terá lugar o venres 14 ás 20:30 na praza dás brañas, enmárcase dentro dás actividades do Verán Cultural do Concello de Negreira e conta coas medidas de seguridade necesarias para evitar a propagación do coronavirus.

 

powered by social2s

obradoiros empregoO Concello de Negreira, como promotor do Programa de emprego: “Programa de Emprego Mocidade 2020” xunto cos Concellos da Baña, Concello de Santa Comba e Concello de Val do Dubra é beneficiario dunha subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización dun programa de emprego para as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para 16 alumnos/as traballadores/as distribuídos nas seguintes especialidades formativas; Fábricas de Albañilería (EOCB0108) 8 alumnos/as e Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería (AGAO0108) 8 alumnos/as.

 

Este programa de emprego terá unha duración de 12 meses, ea preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles mozos e mozas que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que demanden algún dos seguintes servizos; Escolas Taller (320), Casa de Oficios(330), Taller de Emprego(340), e Outro programas de emprego formación dual (370). A data prevista da sondaxe será o día 1 de Setembro.

 

Aquelas persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo ata o día 31 de agosto de 2020 (incluído) dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

 

- Na oficina, pedindo cita previa no seguinte enlace:https://emprego.xunta.es/citaprevia/

- A través de internet, co sistema Chave 365, con usuario e contrasinal ou certificado dixital.
Quen aínda non estea inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil poderá facelo dirixíndose á citada oficinaa través das seguintes canles:

- Na oficina, pedindo cita previa no seguinte enlace: https://emprego.xunta.es/citaprevia/
- A través dos enlaces http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenilouhttps://garantiajuvenil.sepe.es/login.action

 

As persoas interesadas en participar no “Programa de Emprego Mocidade 2020” como persoal directivo, docente ouadministrativo de apoioterán que figurar na oficina de emprego solicitando esas ocupación ou anotarse nas mesmas ata o día 21 de agosto de 2020 (incluido), no enlace: https://emprego.xunta.es/citaprevia/.

 

Establecese unha nova aprobación das bases o día 12 de agosto de 2020, publicada na web dos concellos participantes, así como no taboeiro de anuncios do Concello de Negreira, e da Oficina de Emprego Santiago Norte.

 

Ligazón as bases do Obradoiro de emprego Mocidade 2020

powered by social2s

romanico

A Feira do Románico 2020, prevista para a primeira fin de semana de setembro, non se vai a celebrar, como se tiña previsto inicialmente.

 

A decisión foi tomada despois do aumento de casos de Covid19 na nosa comunidade nas últimas semanas, para así evitar posibles riscos de contaxio nunha actividade que reúne un gran número de persoas.A pesar de que nun principio se pretendía realizar un evento coas medidas preventivas e sanitarias marcadas pola Consellería de Sanidade, os malos datos amosados pola Xunta, impidenos levar a cabo un evento con plenas garantías.

 

O Concello de Negreira pretendía axudar aos artesáns e asociacións locais que participaban na Feira nun momento de gran dificultade para o sector, pero debe prevalecer a saúde por riba de todo.

 

Con ilusión e gañas xa preparamos a edición 2021 coa firme intención de seguir medrando e ofrecendo unha gran festa de recreación histórica.

powered by social2s