O Servizo de Voluntariado do Concello de Negreira lanza a súa campaña solidaria de Nadal, para que ningún neno ou nena de Negreira, quede sen o seu agasallo dos Reis Magos, baixo o lema: "Por un Nadal sen diferenzas".

 

A participación é moi sinxela e anónima. No mes de decembro recibirás no teu e-mail unha carta na que unha nena ou neno, pedirá varios agasallos, dos que mercarás só un, dun valor igual ou inferior a 30 euros.

 

As persoas interesadas en colaborar coa campaña do Voluntariado Social poden informarse na oficicina do Voluntariado, na pranta baixa da Casa do Concello, ou ben no número de teléfono: 664 074 674, ou no seguinte enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

powered by social2s

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión dos premios do X Concurso de relatos curtos e carteis gráficos “Loita contra a violencia de xénero”, organizado polo Concello de Negreira a través do Centro de Información á Muller (CIM) co fin de sensibilizar a poboación sobre esta lacra social.

 

O prazo de presentación de traballos é o comprendido do 9 ao 23 de novembro, e no certame poden participar tódalas persoas menores de 18 anos.

 

Para máis información poden consultarse as bases no documento anexo.

 

powered by social2s

Infórmase que a partir do mércores día 11 de novembro vai estar aberto o procedemento de solicitude de axudas PEL-Reactiva para autónomos e microempresas afectadas pola pandemia da Covid-19, co apoio da Deputación da Coruña e mailo Concello de Negreira.

 

Este procedemento ten por obxecto xestionar e controlar as axudas solicitadas polas persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado polo Covid-19 e cuxo prazo remata ás 14:00 horas do mércores día 25 de novembro de 2020.

 

A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello de Negreira, accedendo a través do seguinte enderezo:

 

https://cutt.ly/GgL99Sl

 

powered by social2s

O Concello da Baña como promotor do Obradoiro de emprego dual “MAIS2020”, xunto cos concellos de Negreira, Santa Comba e Val do Dubra, é beneficiario dunha subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade para a realización dun obradoiro de emprego para persoas maiores de 18 anos, para 20 alumnos/as traballadores/as, distribuídos nas seguintes especialidades formativas; Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209) con 12 alumnos/as e, de Pintura decorativa en construción (EOCB0110), con 8 alumnos/as.

 

Este programa de emprego terá unha duración de 9 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego; e teñan solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego(340), Outro programas de emprego formación dual (370) e 699 suspensión específica programas experimentais de emprego.

 

Aquelas persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo ata o día 24 de novembro de 2020 (incluído), dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

 

- Na oficina, pedindo cita previa no seguinte enlace: https://emprego.xunta.es/citaprevia/

 

As persoas interesadas en participar no Obradoiro de Emprego “MAIS2020” como persoal directivo, docente ou administrativo de apoio terán que figurar na oficina de emprego solicitando esas ocupacións ou anotarse nas mesmas ata o día 24 de novembro de 2020 (incluido), no enlace: https://emprego.xunta.es/citaprevia/ .

 

Para máis información sobre este proceso poñánse en contacto coa Oficina de Emprego Santiago Norte.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira inviste 303.194 euros do Plan Único (POS+2019), financiado pola Deputación da Coruña, nun ambicioso proxecto de reurbanización e humanización da praza das Brañas. As obras están en fase de licitación ata o 23 de novembro.

 

As obras incluirán a construción dunha cuberta de chapa de aceiro para o parque infantil da praza, co obxectivo de protexer das inclemencias meteorolóxicas e da acción do sol aos nenos e nenas que xogan neste espazo.

 

 

Dentro das actuacións, tamén se proxecta o axardinamento da área de zonas verdes, coa finalidade de eliminar o terreo de grava existente e dotalo de especies vexetais urbanas coa plantación de árbores coma tilos, tuyas, rododendros e magnolios. Á súa vez, instalaranse tres pérgolas vexetais, céspede, unha fonte recuberta de pedra garnítica e un sistema de rego automático.

 

Tirolina

 

Na área norte da praza, colocarase unha tirolina, con solo especial para amortiguar caídas, e pintaranse xogos tradicionais no chan, coma o tres en raia ou a "rayuela". Nesta área tamén se procederá á prantación de árbores.

 

"As obras suporán unha importante mellora estética e unha aposta pola humanización da praza, que se ubica na zona máis poboada de Negreira", segundo o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, quen destaca que a cuberta do parque infantil, a creación de zonas verdes e a instalación de novo mobiliario urbano contribuirán a facer un entorno idóneo para o tempo de ocio para a veciñanza.

powered by social2s