foto portada nova.jpg

 

O Verán Cultural 2021 continua con música e actuacións no patio interior do CEIP O Coto. Este sábado 21 ás dez estará en Negreira unha das agrupacións máis importantes do folk en galego, Luar na Lubre.


Tras trinta e cinco anos de traxectoria e unha vintena de proxectos, o grupo organiza unha nova xira nacional para presentar o seu último lanzamento: “Vieiras e Vieiros, historias de peregrinos”, un viaxe nas historias do Camiño de Santiago co son característico de Luar na Lubre que saíu á luz durante o 2020. Os asistentes poderán gozar dun repertorio moi variado, con temas deste último álbum e as cancións máis soadas do afamado grupo galego.


No escenario tamén os acompañarán os oitenta membros da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos. Ofrecerán unha actuación de canto coral, baile e música tradicional galega.

foto fondo nova.jpg

 

powered by social2s

O acto celebrouse esta mañá no Salón de Plenos Municipal, onde estiveron presentes o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, representantes do departamento de Turismo e de Cultura e Deportes e da empresa de xestionar os postos da feira, Hípica Celta.

 

Nel, o alcalde oficializou a celebración da XIV edición da Feira do Románico que terá lugar do 3 ao 5 de setembro. Ademais de diversos obradoiros e postos de artesanía e hostalaría, os asistentes poderán gozar dunha ampla programación de actuacións musicais e actividades a pé de rúa que adiantarán durante as próximas semanas.

 

Para cumprir coa normativa covid, o Concello imporá novas restriccións que axuden a evitar aglomeracións, como prescindir de tabernas e chiringuitos e pechar a feira ás nove da noite para impulsar a restauración local. Tamén reforzarán a presenza das forzas de seguridade municipais e civís para supervisar o cumprimento das medidas establecidas.

 

powered by social2s

 pcs.jpg

O obxectivo principal desta iniciativa, do Servizo de Voluntariado Social do Concello, é convocar á veciñanza do concello a doar ordenadores e outros equipos informáticos portátiles en desuso, para que poidan ser recuperados para o seu emprego durante o curso virtual.


O Concello garante a eliminación dos datos que puidesen conter os equipos cedidos. Para obter máis información ou para realizar doazóns, cómpre acudir á Oficina de Voluntariado do Concello, ou chamar ao teléfono 664 074 674.

powered by social2s

 

González visitou a sede da corporación local e revisou os traballos de limpeza de masa forestal realizados ao longo desta mañá no polígono industrial de Covas, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. 

 

O alcalde, Manuel Ángel Leis, agradeceu a visita do conselleiro e destacou a importante rede de camiños e pasos secundarios cos que conta Negreira, á hora de facilitar a prevención de lumes e o acceso a núcleos, que pola orografía do concello son difíciles de comunicar. Sinalou que o concello conta con tres parroquias dentro das zonas prioritarias, Aro, Lueiro e Xallas, nas que estivo a empresa pública Seaga, e que contan coa posibilidade de incorporar algunha máis.

 

Pola súa parte, o conselleiro, José González, incidiu na cooperación entre institucións e entre os grupos da propia corporación local á hora de traballar na prevención dos lumes. Recalcou que a Xunta ten alugados uns trinta e cinco tractores, dos que se benefician dezasete concellos, un deles Negreira.

 

 

powered by social2s

Portada atencion tempera

O servizo de Atención Temperá dos concellos de Negreira e Val do Dubra celebrou esta mañá, no Auditorio da Casa da Cultura, un pequeno acto coas familias dos rapaces e rapazas usuarias da unidade, que atende a vinte sete nenos e nenas de entre cero e seis anos en Negreira.


As traballadoras do servizo fixeron presentación dun breve vídeo que recompila varias das metodoloxías empregadas para atender á rapazada, ademais de repartir uns pequenos obsequios aos nenos e nenas. Con este acto, a unidade comeza un período de descanso ata o vindeiro mes de setembro, cando retomarán a súa actividade.

 

 Copia de Sin título.jpg

 

O servizo de Atención Temperá, ofrecido grazas ao convenio dos concellos de Negreira e Val do Dubra, realiza un traballo de diagnose e valoración de diversas dificultades ou trastornos de desenvolvemento en rapazas e rapaces de entre 0 e 6 anos. A unidade está integrada por profesionais da pedagoxía, psicoloxía, logopedia e fisioterapia, que traballan co fin de mellorar as capacidades comunicativas, psicomotrices e cognitivas dos nenos e nenas suxeitas ao programa.

 

A actividade do servizo desenvólvese de luns a mércores no edificio do antigo instituto de Negreira, na rúa de Castelao, e os xoves e venres, no Val do Dubra. A unidade permite que a rapazada que necesita desta atención non teña que pasar polas instalacións do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, que os deriva directamente ao seu servizo local de referencia.

powered by social2s